Foros ›
Maratón de Vitoria/Gasteiz, 11 de mayo de 2008
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
VicMan

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
21/11/06
0 Carreiras
300 Mensaxes
Colorado Springs
Respostar citando Envío Dom, 11 Mai 2008, 23:05
Asunto: Re: Maratón de Vitoria/Gasteiz, 11 de mayo de 2008

Buf, ¿que montaste en Vitoria, Afiador? Que animal...
Afiador

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/09/06
0 Carreiras
512 Mensaxes
Terra da chispa
Respostar citando Envío Lun, 12 Mai 2008, 14:21
Asunto: Re: Maratón de Vitoria/Gasteiz, 11 de mayo de 2008

Vexo que a viaxe de retorno fixose larga para todos , xa que non temos crónicas por aquí así que vos conto a miña.......antes que nada os meus parabens para Vicman pola carreira que fixeche en Ferreirua , haber si con resultados coma este empeza a sairche ben o que entrenas.........
Despois dunha viaxe sen contratempos , salvo que desde Tasmiras non poidemos apagar os limpas do coche deica chegar o aparcamento (cuberto) do centro comercial onde se recollían os dorsais , procurei estar todo tempo posible sentado , o cal non foi moito xa que a inquedanza da maraton a min polo menos non me deixa parar moito senon penso demais.......
Xa o domingo enorme alegría o ver que o día non se parecia en nada o anterior con nubes altas e sentir que non había moita humidade no aire , ambiente de carreira que non se parece a Madrid pero con todo mais comodo e sinxelo para preocuparse solo de correr....saida puntual sen problemas e a correr por Vitoria con bo ambiente xa que aínda que non había moita xente si que animaban TODOS e con entusiasmo. O percorrido e completamente chairo e solo se complica o sair polas aforas da cidade con un pouco vento en contra e con rectas , algunha delas con mais de dous kms. que fan traballar a cabeciña mais que as pernas........pouco a pouco volvemos cara o centro e cada vez mais xente e menos kms......van animando para chegar o mais enteiro posible.
Destacaría desta maratón o bo trato e o nivel dos servicios o corredor e a única magoa foi non poder disfrutar un pouco a cidade coa familia xa que o clima encerrounos nun centro comercial e por iso que haberá que volver..............Non vin a Yosi nin o resto de forreiros así que haber esas crónicas......
euge

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/05/06
0 Carreiras
201 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 13 Mai 2008, 6:33
Asunto: Re: Maratón de Vitoria/Gasteiz, 11 de mayo de 2008

Yosi, un compañero del pueblo que corrió también me habla de las rectas "interminables" y que procuró hacerlas en grupo para no "comerse el tarro". ¿Como foi o xeonllo?. Tu tiempo debió ser muy bueno por lo que dice VicMan, y porque tu no comentas nada. ¿cuanto hiciste? Mas que nada por saber que tipo de gente andais por el foro.
euge

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/05/06
0 Carreiras
201 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 13 Mai 2008, 6:58
Asunto: Re: Maratón de Vitoria/Gasteiz, 11 de mayo de 2008

Quise decir AFIADOR.
YOSI es el corredor de montaña. ¿que tal te fue?
Afiador

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/09/06
0 Carreiras
512 Mensaxes
Terra da chispa
Respostar citando Envío Mar, 13 Mai 2008, 16:47
Asunto: Re: Maratón de Vitoria/Gasteiz, 11 de mayo de 2008

Os xeonllos e todo en xeral moi ben , solo me deron a lata unhas boas vinchocas (ampollas) pero sempre me pasa na maratón Muro e bueno ,claro a falta de forzas nos derradeiros 4kms. o tempo que buscaba era 2:35 e fixen 2:35:13......desde logo quedei contento.
Seguimos esperando as crónicas de Yosi e Arenesco haber nos contan da maratón.
Sobre o tipo de xente que escribe no foro decirche que estamos de todolos niveis que pode haber no atletismo e ise pode ser un dos motivos polos que vai tan ben.
euge

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/05/06
0 Carreiras
201 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 13 Mai 2008, 20:51
Asunto: Re: Maratón de Vitoria/Gasteiz, 11 de mayo de 2008

¡Vaya tiempazo! Eso ya son pabras mayores.
!ENHORABUENA¡
E coida as vinchocas.
Saludos.
jecarqui

Foreiro Senior
Foreiro Senior
12/10/05
0 Carreiras
721 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 13 Mai 2008, 22:22
Asunto: Re: Maratón de Vitoria/Gasteiz, 11 de mayo de 2008

Fantastico y enhorabuena por ese tiempazo amigo Afiador. Recuperate bien y a disfrutar de esa marca.

Saludos a tod@s.
Arenesco

Foreiro infantil
Foreiro infantil
25/04/07
0 Carreiras
119 Mensaxes
San Juan de La Arena (Asturias)
Respostar citando Envío Xov, 15 Mai 2008, 6:44
Asunto: Re: Maratón de Vitoria/Gasteiz, 11 de mayo de 2008

Buenos días ...
Aquí estamos después de un maratón acabado en el km.35 y me explico..Ya el sabado me notaba como con mucha tensión ... y llegó la mañana del domingo ... y me siento sin tensión ... pero sin buenas sensaciones en la linea de salida ... Dan la salida puntualmente y voy marcando los km. entre 5,20 y 5,30 ... tranquilamente, pero sin sensaciones, no tenía el día, tenía un día de esos que sales a entrenar y estás apático y dejas el entrenamiento para otro día, pues eso, así que fui pali .. pali hasta pasar la media maratón en 1.52, como tenía previsto, pero ya os digo, sin encontrar el puntín optimo; desde ese punto kilométrico hasta el 26 que estaba mi señora para animar ... pues fui tirando tranquilamente ... pero .. no iba ... y cuando no vas ... no vas ... seguí hasta el km. 30 ... donde paré a beber agua abundante ... pero que nada ... así que en el km35 decidía parar y volver para la meta caminando tranquilamente ...
Pues esto ha sido la crónica de una aventura incompleta, hemos pasado un buen fin de semana, conocido un poco la guapa Vitoria, y que se va a hacer ... otro año volveré a intentar mejorar lo andado .. jejejej

Entonces me he tomado esto como una tirada larga ... y como tenía previsto acompañar a mi compañero de entreno y fatigas ... a la maratón de Aguilar de Campoo ... el 25 de este mes ... pues .. que me he apuntado también para correrla ... jejejeej ... así que ya os contaré ... como me va por la tierra de las galletas ....

Un saludo a todos ... y a seguir disfrutando de este sano deporte ...

FEMA ... arriba .... venga a preparar algo para el otoño ... ((( te quiero ver en el Pousadoiro....)))

Saludos desde Asturias.

Al bajamar ... todo aparece
yosi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
20/10/06
0 Carreiras
908 Mensaxes
Valdeorras/Lugo
Respostar citando Envío Xov, 15 Mai 2008, 17:35
Asunto: Re: Maratón de Vitoria/Gasteiz, 11 de mayo de 2008

bueno, pois xa so falta a miña crónica... Silbar

perdoade polo retraso, pero é que estiven de (merecidas) vacacións ata onte e me foi imposible conectarme... pero aquí estamos. Angel

ante todo darlle ánimos a arenesco por ese abandono, e felicitar a afiador por ese tempazo que lle serviu para quedar entre os 10 primeiros... case nada. A miña admiración dende aquí para quen é capaz de correr 42 kms a ritmo ao que eu fago as series de 1000. :=D> :=D>

eu tamén quedei moi contento coa miña actuación, por cumplir coas miñas expectativas para o que había preparado, pero sobre todo polas boas sensacións que me deixou, que aínda a día de hoxe estou saboreando...

o día comezou nublado pero sen chuvia (caera toda o día anterior), e con moi boa temperatura para correr, con 12-13º toda a carreira... aínda que a min me ven mellor un chisquiño máis de calor.
moi bo ambiente na saída, quecendo e estirando pola Praza da Virxen Blanca. Encantoume o baile dun aurresku previo ó pistoletazo, como homenaxe aos corredores.

primeiros kms moi tranquilos, controlando ritmo e tratando de frenar o ímpetu inicial... perdo a estela de Martín Fiz enseguida, pero gozo do privilexio de correr xunto a Abel Antón (que participaba na carreira paralela de 10´4 kms) ata que se para a estirar no km.6 por calambres. Abraiado Abraiado Abraiado

non hai moita xente polas rúas a esa hora, pero tampouco se necesitan moitos ánimos de momento... trato de disfrutar dos kms iniciais e da sensación de lixeireza. Frecha Frecha Frecha
paso os 10 kms en 38'42" e a media en 1h23', máis rápido do que eu pretendía, pero insultantemente fresco... sigo moi tranquilo e disfrutando, avituallando ben cando toca pero sen tocar as esponxas con auga, pois non levo excesivo calor... un airiño fino do norte xa se encarga de refrescar (e tamén de molestar...). Avergoñado

a partir do 26 comeza o feo do recorrido, con longas rectas e avenidas nun polígono, con máis vento e con menos xente aínda nas beirarrúas... limítome nesta fase a forzar o xusto, correndo en soidade, e controlando que o tempo non se me vaia moito dos 4'/kms, cousa que consigo por ir moi concentrado e enchufado, mirando so para o chan que me toca pisar, animándome moitísimo a min mesmo a cada km que pasa.
No avituallamento do km 30 fágome cun plátano que me custa moitísimo tragar, pero que despois me viría de perlas... Satisfecho Satisfecho

no paso polo km 35 prodúcese o que para min foi o momento clave nesta maratón... miro o reloxo e véñome arriba ao ver que marca 2h20'... fago cálculos e doume conta que o meu obxetivo de baixar de 2h55' está feito, salvo cataclismo ou cousa rara similar... Molón
o caso é que se para outros este km supón o inicio do "muro" , para min foi todo o contrario, pois a partir de ahí inundaronme infinidade de sensacións positivas, de ánimo e mesmo de emoción... encima cada vez máis xente animando. Razz Razz Razz

no km.40 supérame a primeira muller, a bo ritmo (sacaríame 1 min en meta)... pero eu xa vou ao meu, pensando en disfrutar no final e mesmo "amarrando" ritmo, facendo os últimos kms a 4'30"/km pra evitar posibles calambres...

a entrada en meta foi apoteósica para min, moi emocionado e sen poder resistir a tentación de esprintar nos últimos 200ms para baixar de 2h52'... finalmente 2h52'01", moi contento e satisfeito, mellorando en 3min e medio o meu mellor tempo (Mapoma do ano pasado).

estiramentos suaves para recuperar, fotos con Martín Fiz e Abel Antón, masaxe e avituallamento final a base de froita e pasteles, para cerrar a participación na que para min foi, ata o día de hoxe, a mellor maratón das que levo corrido...
un 10 para a organización, pola atención ao corredor, polo trato dos voluntarios, polos avituallamentos, pola sinalización dos kms (ainda que ésta última mellorable nalgúns puntos)...
e un 10 para Vitoria, polo limpa que está, polo bonita que é a nivel de casco antigo e tamén polas innumerables zonas verdes... pero sobre todo polo que anima o persoal... é certo que non había moita xente no principio nin na zona industrial, pero nos kms finais a xente vólcase co atleta... todo o mundo ten unha palabra de ánimo, un "aúpa" ou un aplauso... mesmo os policías que estaban parando o tráfico se volvían para apoiarte...

por iso lle quero recomendar esta maratón a todo o mundo, tanto se están pensando en mellorar marca como se so queren disfrutar dunha mañá correndo nunha cidade na que se respira deporte (baloncesto e maratón especialmente) polos 4 costados...

saúdos e ata a próxima Razz Razz Razz

(gracias por aturares o tostón)

sexo, zume de melocoton & rock'n roll
fema

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/08/05
0 Carreiras
1483 Mensaxes
Santiago do Burgo, Culleredo
Respostar citando Envío Xov, 15 Mai 2008, 17:47
Asunto: Re: Maratón de Vitoria/Gasteiz, 11 de mayo de 2008

Estaba esperando al acta de Yosi, para daros la enhorabuena, pero a Yosi se lo tengo que dar por partida doble, por el carrerón y por la manera de contarlo, porque me queda claro, es como si yo la hubiera corrido pero a otros ritmos claro está. Ya me imaginaba que te había ido bien porque me permití buscarte en la clasificación y vi que el tiempo era un tiempazo, así que sigues siendo lo máximo (bueno aunque hubieras tardado 4 horas también lo seguirías siendo, pero como ahora entrenas por otras tierras, tenía mis dudas Ríndose ).
Pero hablando de máximos, menudo crack, Afiador lo tuyo son palabras mayores y seguro que si hubiera sido más urbano lo hubieras hecho aún mejor, ¿y después decías que era un burro? Por decir que íbamos a tener a alguien entre los mejores. Recupera y a por el campeonato gallego de montaña. Pero ahí, juegas en casa.

Arenesco, siento que no hayas finalizado, pero me alegro que el fin de semana fuera intenso. Por lo menos disfrutaste de la ciudad y de tu estancia. Eso fue principalmente lo que me hizo que me echara para atrás. La paliza de viaje y que no pudiéramos disfrutar del viaje, que es una de las excusas para correr maratones. Y felicitarte por saber dejarlo porque no siempre estamos preparados para ello. Y por supuesto que si la salud, lo permite en el Pousadoiro (Castropol) estaremos.

Carrera Monte Pousadoiro, normalmente primer domingo de agosto. Por el monte de Castropol. Una de las mejores carreras a las que puede asisitir uno. Todo por tierra, salvo un kilómetro final que no es tierra sino hierba.

¡BRAVÍSIMO!

HALA UNIÓN, siempre estarás en mi corazón. Unión sólo hubo una. corunacomarca.blogspot.com.es/
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
470 Carreiras
3675 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 15 Mai 2008, 19:16
Asunto: Re: Maratón de Vitoria/Gasteiz, 11 de mayo de 2008

Yosi moi boa crónica e magnífico resultado. Vaia representación que tivemos en Vitorai contigo e Afiador, para sacarse o sombrero.
E darlle ánimos a Arenesco, ainda que parece que está ben animado, se xa ten en mente participar no maratón de Aguilar de Campoo.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
470 Carreiras
3675 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 15 Mai 2008, 19:18
Asunto: Re: Maratón de Vitoria/Gasteiz, 11 de mayo de 2008

Esquecíame de poñelo, como teño familia en Ribadeo (Vou de vez en cuando) entre Fema e Arenesco , estanme metendo o gusanillo de ir a carreira do Monte Pousadoiro.
aficionado

Montañés
Montañés
6/11/07
0 Carreiras
501 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 16 Mai 2008, 7:25
Asunto: Re: Maratón de Vitoria/Gasteiz, 11 de mayo de 2008

Yosi excelente crónica, y tanto Afiador como tu unos tiempos excelentes. En concreto lo de Afiador impresiona. Por ello y por haber superado una muy exigente prueba como ese maraton mis mas cordiales felicitaciones.

Arenesco, ánimo y por lo que escribes que ya piensas sacarte la espina en un maratón próximo, esa retirada suena a victoria.

Lo dicho Felicidades a los tres y disfrutad del exito conseguido.

Saludos
Afiador

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/09/06
0 Carreiras
512 Mensaxes
Terra da chispa
Respostar citando Envío Ven, 16 Mai 2008, 14:21
Asunto: Re: Maratón de Vitoria/Gasteiz, 11 de mayo de 2008

Xa me gustaria a min ter a capacidade de contarvos a carreira como Yosi pero tal e como dixo no seu día un maestro do colexio os meus examens eran os mais faciles de correxir porque parecian telegramas......
Solo me cabe reseñar o comentario sobre os ánimos dos policias locais, para comparar como se vive o deporte no Pais Vasco , gustaríame contarvos a diferencia de como cumpren estes o seu cometido......fai un par de meses no duatlón-cros de Pontevedra na derradeira transición xa no tramo de carreira a pe , casi tiro o chan co policia que estaba na entrada da pasarela que cruza a ria porque este debía de estar buscando unha sombra e camiñaba de costas a carreira...........pois por se fora pouco que chocara con él pola súa culpa , aínda se queixou todo indignado...... sen embargo o domingo en Vitoria tiñades que ver os locais como paraban o tráfico nos cruces cando pasábamos correndo e se voltaban aplaudindo e animando pero como si fosemos cada corredor que pasaba o seu irmán..........
Graciñas a todos polos parabéns a verdade e que sentan ben......
yosi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
20/10/06
0 Carreiras
908 Mensaxes
Valdeorras/Lugo
Respostar citando Envío Sáb, 17 Mai 2008, 0:39
Asunto: Re: Maratón de Vitoria/Gasteiz, 11 de mayo de 2008

Afiador escribió:
Xa me gustaria a min ter a capacidade de contarvos a carreira como Yosi pero tal e como dixo no seu día un maestro do colexio os meus examens eran os mais faciles de correxir porque parecian telegramas......

non te preocupes, afiador... ti sigue coa capacidade de correr maratóns a ese ritmo, que de contalo xa me encargo eu, se fai falla... Guiño

pareceume que me superaba unha camiseta do ADAS xusto despois da saída, pero non me atrevín a decirche nada nese momento... Muro

espero poder saudarte para a próxima... Razz

sexo, zume de melocoton & rock'n roll





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos