Dom, 06 Out 2019, 19:09
Asunto: Re: XXXVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA - BRIÓN
Nunca a correra, e teño que recoñecer que me gustou o circuito. Baixada longa e de vertigo para logo meterse a dereita por un camiño de terra, subidiña corta e máis baixada hacia a esquerda; logo o resto do percorrido e subindo, ainda que con pouco desnivel (excepto un par de costiñas cortas), para recuperar todo o baixado. Teño que recoñecer, que pese a ser a duas voltas, se me fixo moi entretido.
Aparcamento habilitado a beiriña, ambiente festivo, moitos foreiros ceñecidos da zona, o certo é que estes anos me estiven perdendo unha boa carreira pertiño da casa, por ir sempre o Coruña10. Grazas a Correr en Galicia e a organización por ese dorsal que me tocou no sorteo, que me fixo descubrir esta prova.
Quedaronme gañas de voltar a esta carreira para o ano.
Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com