Foros ›
¿Qué lle dis a alguén que se inicia nesto de Correr?
Forum Index / Lesiones, salud y alimentación
Reply to topic

Author
Message
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2114 Posts
Galiza
Reply with quote Post Wed, 24 Jul 2019, 13:47
Post subject: ¿Qué lle dis a alguén que se inicia nesto de Correr?

Ola, todas as corredoras demos un primeiro paso. ¿Qué te dirías a ti mesma cando comezabas a correr?


Estos días (Xullo) cruzo con moita xente nova correndo, maiormente descoñecida e que están de vacacións e alégrome de que den o paso máis importante: saír da casa. Un aplauso Aplauso

Neutral Pero non sei eu se o están pasando ben. Si escribo esto é porque teño medo de que se fagan dano porque viron nunha web non sei qué sobre o saudable que é correr, que está de moda, que túa amiga animouse a facelo, ...

Que esto de correr ten un compoñente aditivo é sabido, pero non sei se esas persoas non o estarán tomando demasiado en serio vendo a cara de esforzo que levan. Entendo que pretenden facelo con idea de continuar facéndoo despois de estas semanas, como un hábito saudable de vida. Se non é así, pois nada, a darlle duro que lojo pasan as vacacións.

Se pretendes incorporar a costumbre dúas ou tres veces por semana (máis que suficiente) creo que hai que intentar desfrutar e pasalo ben. Ir conxestionado, sudando a chorro, e arrastrando os pes non me parece o xeito máis recomendable de comezar esta actividade con ánimo de darlle continuidade.

Se alguén de esa xente pasa por aquí para informarse diríalle que

- Levanta a vista, mira lonxe, pensa en obxetivos a dous anos vista.
- antes de correr anda, e se podes fas varias veces dous minutiños trotando moi suave seguidos de cinco andando (por dicir algo).
- non pretendas adelgazar correndo, adelgázase comendo. Se "sabes" que che sobran 15kg primeiro vai mellorando a alimentación, anda 40-50 minutos a diario, comeza a correr só uns minutos, pero non pretendas que o teu corpo que non está forte para soportar o teu peso correndo aguante un esforzo masoquista. Sería unha receita segura para lesionarse.
- ten paciencia e corre lento, corre aínda máis lento do que ti cres que é ir lento, pero faino con constancia e regularidade.
- non sigas, nin tan siquera mires, un "Plan de Adestramento" nunha web. Anda e corre con constancia de tal xeito que ao rematar teñas a sensación de "vaia! non foi para tanto, podería voltar a facelo". Mañán voltas a facelo, e se acabas igual, tamén ao día seguinte. Se acabas escarallado, a este nivel noso, o máis probable é que adestrases mal.
- aprende a sentir cómo responde o teu corpo, NON TE COMPARES CON OUTRAS PERSOAS. Esto é moi importante tamén para ler estos consellos meus ou os que sigan, ou o que les nas webs e tamén nesas "redes sociais" onde todo o mundo é feliz e rápido e delgado e nin sudan.
- está permitido equivocarse, pero ten sentido común.

A todo esto, cada un co seu corpo que faga o que lle pete e que lle aproveite.

Se alguén quere aportar a súa experiencia ou consellos pois estaría ben coñecela para que esas novas persoas que nos visitan poidan ter unha visión desde a experiencia. Haberá xente que opine de xeito diferente a min e está ben que esas novas persoas teñan diferentes puntos de vista que os confundan, a ver si así se escoitan a si mesmas.

Coida a CorrerEnGalicia -- Blog -- Chámame "ghose"





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum