Foros ›
Author
Message
belga

Foreiro infantil
Foreiro infantil
2/10/11
11 Carreiras
60 Posts

Reply with quote Post Mon, 20 May 2019, 20:14
Post subject: Asesoramento sobre tobillera

Moi boas
Resulta que teños os tobillos moi laxos. Xa levo moitos esguinces e torceduras, polo q ao mínimo terreo irregular váiseme o tobillo.
A ver se me podedes asesorar sobre un tobillera que me aguante os tobillos e o mesmo tempo me permita correr sen moita incomodidade.
Mirei por internet unhas compex (trizone) que me teñen boa pinta pero ...
Gracias de antemán pola axuda.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2062 Posts
Galiza
Reply with quote Post Tue, 21 May 2019, 5:13
Post subject: Re: Asesoramento sobre tobillera

ola Belga,

non teño experiencia con ese tipo de protección, pero calquer tipo de protección, axuda, prótese, vendaxe, etc. debería ser sempre temporal, como medida extraordinaria para paliar unha circunstancia aguda. Canto máis os vendes máis débiles van a ser. Pensa nunha escaiola e cómo quenda a musculatura e ligamentos con só unhas semanas sen utilizar.

Si me permites, e respetando o que penses que é mellor para ti, pensando a longo plazo, eu intentaría facer exercicios de propiocepción e que fortalecesen os sistemas que o noso corpo ten para adaptarse ao terreo irregular. Simplemente cousas como permanecer uns segundos erguido sobre unha pernas (mellor cos ollos pechados e descalza), pequenos saltos (moi pequenos) sobre a posición, etc. axudaránche a sentir cómo pisas. Esto pódese facer na casa/ximnasio/parque ...

Coida a CorrerEnGalicia -- Blog -- Chámame "ghose"
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1726 Posts
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Reply with quote Post Tue, 21 May 2019, 7:22
Post subject: Re: Asesoramento sobre tobillera

Totalmente de acordó có que dí XOSEM. O uso indiscriminado da tobillera acabará co tempo empeorando a capacidade de adaptación do pé para contrarrestar posibles movimentos bruscos, polo que seu uso só debería ser para ocasións puntuaís. Mellor buscar terreos adaptados para correr.

Polo demáis, as Compex son unha moi boa opción.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum