Foros ›
Sorteo 2 dorsais MM Caminha (09/06): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 19 Mai 2019, 22:51
Asunto: Sorteo 2 dorsais MM Caminha (09/06): PECHADO

V Meia Maratona de Caminha
Domingo 9 de xuño de 2019


Que se sortea?
2 dorsais

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Caminha, domingo 9 de xuño de 2019.
Web da carreira: www.meiamaratonacaminha.pt/
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/...

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o 20/05/2019 ao 23/05/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 23/05/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 20/05/2019 ao 23/05/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Dom, 26 Mai 2019, 23:43; editado 1 vez
Lolinho38

Maratoniano
Maratoniano
24/10/13
147 Carreiras
313 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Lun, 20 Mai 2019, 16:18
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Caminha (09/06): ata 23/05

Quiero participar en el sorteo.
Nunca participé en esta carrera, por lo que poco puedo opinar en cuanto a organización o recorrido, pero lo que sí tengo claro es que en el país vecino cuidan mucho este deporte y al corredor amateur, por lo que deseo conocer la prueba.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 20 Mai 2019, 17:25
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Caminha (09/06): ata 23/05

Eu corrin esta media hai 2 anos, e tiña en mente volver a correla, xa que habitualmente faciase en sabado, pero este ano trasladouse ao Domingo (o luns día 10 é festivo en Portugal), pero conservando o seu horario habitual das 8 da tarde hora española, polo que loxicamente non me planteo asistir este ano, xa que teño cerca de 2 horas de distancia ata Caminha, polo que tras correr, ducha, cear e viaxe de volta non estaría de regreso antes das 2 da mañán do luns día 10.
Queda para outra ocasión,
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 21 Mai 2019, 8:05
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Caminha (09/06): ata 23/05

Boas, quero participar no sorteo.
Non participei nunca nesta media, pero tiña coñecemento dela. Unha mágoa que se traslade ao domingo por xente coma Kurty, que lle é imposible compatibilizar correr con traballar. A min gustariame participar e desfrutar dunha media ao solpor co Miño como testemuña, para despois poder desfrutar dunhas cervejas.
Sorte a todos.
sito

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/06/09
459 Carreiras
563 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 23 Mai 2019, 13:05
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Caminha (09/06): ata 23/05

Quero entrar no sorteo do dorsal para esta media.
Fixena o ano pasado e non está mal, e moi rápida xa que non ten desnivel case ningún, a min quedame cerca e gustariame repetir.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 23 Mai 2019, 22:01
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Caminha (09/06): ata 23/05

Sorteo cerrado. Gracias por participar. Publicaremos los nicks ganadores a lo largo del viernes 24 de mayo. Suerte a todos
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 24 Mai 2019, 12:56
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Caminha (09/06): ata 23/05

Sorteo 2 dorsais MM Caminha (09/06): ata 23/05

Resultado: karris, Lolinho38

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

- Nome:
- Apelido:
- Data de nascimento:
- Sexo:
- DNI:
- Morada:
- Talla de camiseta:
- Nick personalizado para el dorsal:
- Email:
- Telefone:
- Clube:
- Federado:
- Nº de federado:
- País de Origem:

Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal y será repetido el sorteo entre los suplentes

Link al resultado: www.sortea2.com/versor...ata_236510


O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Mai 2019, 20:29
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Caminha (09/06): PECHADO

No habiendo recibido los datos de Lolinho38, pasa a resultar ganador de un dorsal Sito.

Envíanos por favor los datos indicados en el mensaje previo para que podamos gestionar tu inscripción.

Saludos!
sito

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/06/09
459 Carreiras
563 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Mai 2019, 22:09
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais MM Caminha (09/06): PECHADO

Mañan mismo paso os datos
Gracias





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos