Foros ›
XVI Carreira Virxe de Guía (Carreira-Ribeira) 17.05.2019
Forum Index / Carreiras Populares en Galicia
Reply to topic

Author
Message
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1355 Posts

Reply with quote Post Thu, 25 Apr 2019, 10:39
Post subject: XVI Carreira Virxe de Guía (Carreira-Ribeira) 17.05.2019

Vamos a pola 16ª...!!! Razz Razz


XVI Carreira Popular Virxe da Guía.
“A carreira de Carreira”
Carreira solidaria a favor de Cáritas Parroquial
Data: Venres, 17 de Maio do 2019.
Hora: A partir das 11:00 h.
Lugar: San Paio de Carreira (Ribeira).
Distancias: de 80 a 10.000 m.
Organiza: Asociación de Veciños de Carreira, Atletismo Virxe da Guía e
Concello de Riveira.
Cronometraxe: www.galitiming.com
Inscrición: Límite 200 adultos/200 escolares.
Web oficial: www.aavvcarreira.wordpress.es



A Asociación de Veciños de Carreira, Atletismo Virxe da Guía e o Concello de Riveira, organizan a décimo sexta edición da súa Carreira Popular Virxe da Guía, o venres, 17 de Maio na parroquia de Carreira (Santa Uxía de Ribeira), de acordo co seguinte:


REGULAMENTO
1. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:

CATEGORIA - ANOS DE NACEMENTO

PITUFO: Atletas nados no 2015 e posteriores.
PREBENXAMIN: Atletas nados nos anos 2012, 2013 e 2014
BENXAMIN: Atletas nados no 2010 e 2011
ALEVIN: Atletas nados no 2008 e 2009
INFANTIL: Atletas nados no 2006 e 2007
CADETE: Atletas nados no 2004 e 2005
XUVENIL: Atletas nados no 2002 e 2003
JUNIOR: Atletas nados no 1999, 2000 e 2001
SENIOR: Atletas nados entre 1985 e 1998
VETERÁNS A: Atletas nados entre 1974 e 1984
VETERÁNS B: Atletas nados entre 1964 e 1973
VETERÁNS C: Atletas nados entre 1954 e 1963
VETERÁNS D: Atletas nados no 1953 ou anteriores.
VETERANAS A: Atletas nadas entre 1974 e 1984.
VETERANAS B: Atletas nadas entre 1964 e 1973
VETERANAS C: Atletas nadas no 1963 ou anteriores.

2. HORARIO E DISTANCIA DAS PROBAS
11:00 h. BENXAMINS …… 600 m.
11:10 h. ALEVINS………………. 1.200 m.
11:25 h. INFANTILES…………… 1.200 m.
11:40 h. CADETES……………… 1.800 m.
12:00 h. ABSOLUTA (De Xuvenís a Veteráns ) 10 km.
13:15 h. PREBENXAMINS…………… 120 m.
13:25 h. PITUFOS…………………….. 80 m.

3. INSCRICIONS : A partires do luns, 15/ Abril /2019 e hasta o mércores, 15/Maio/2018, ás 14.00 horas.

› PROBAS ESCOLARES (pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevín, infantil e cadete)

Poderán realizalas a través da web inscripciones.galitimi...hp?id=9086
, recheando no cuestionario os datos solicitados.

O tope de inscritos será de 200 atletas escolares.

A inscrición será GRATUITA para estas probas escolares, aínda que se agradecerá a aportación de alimentos non perecedoiros, produtos de aseo ou roupa para nenos/as de entre 3 e 7 anos, que serán entregados directamente ós membros de Cáritas que estarán presentes no evento.


› CATEGORIAS DE ADULTO (xuvenís, junior, senior e veteráns).

As inscricións realizaranse a través da web: inscripciones.galitimi...hp?id=9086
O prezo da inscrición será de 6 €.

O tope de inscritos será de 200 atletas adultos.

Agradecerase a aportación de alimentos non perecedoiros, produtos de aseo ou roupa para nenos/as de entre 3 e 7 anos, que serán entregados directamente ós membros de Cáritas que estarán presentes no evento.

Admitiranse inscricións ata o mércores, 15 de maio ás 14 horas, ou ó acadar a cifra tope de inscritos de 200 escolares e 200 adultos. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS (NIN DE ESCOLARES NIN DE ADULTOS) FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.

Os dorsais recolleranse no lugar da saída que estará situada no Campo da Festa (a 80 metros da Capela da Guía), a partir das 9.30 horas e ata 15 minutos antes do comezo de cada unha das probas.


4. PREMIOS
- Trofeo para os 3 primeiros/as clasificados das categorías que compiten na carreira absoluta.

- Trofeo para os tres primeiros clasificados/as nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

- Medallas para tódolos participantes nas categorías de prebenxamíns e pitufos.

Os gañadores dos distintos trofeos deberán estar presentes no acto de premiación. En caso de que un premiado non estivera presente, perderá o dereito a reclamalo con posterioridade.

5. AVITUALLAMENTOS :
Auga no km. 5, e líquidos e sólidos na meta.
6. OUTROS SERVIZOS:
Gardarroupa e gardachaves: No momento de retirar o dorsal poderán recollerse bolsas co número de dorsal pegado no que deixar a roupa ou as chaves, que serán custodiadas ata o remate da proba.

7. DUCHAS E APARCAMENTO:
Haberá servicio de duchas no Campo de Futbol A Guía, a 100 metros da liña de meta; e no Polideportivo de A Fieiteira, a 1 km da liña de meta.
Destinarase unha zona de aparcamento gratuito a 150 metros da liña de saída.

8. HOMENAXE:
Este ano a corredora homenaxeada será ALICIA FOLGAR TORRES, quizáis a mellor mediofondista que dou a atletismo ribeirense, varias veces campeona galega de 800 e 1.500 metros .
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1355 Posts

Reply with quote Post Thu, 02 May 2019, 16:59
Post subject: Re: XVI Carreira Virxe de Guía (Carreira-Ribeira) 17.05.2019

Unha das principales novidades da edición deste ano é que se varía o sentido da carreira, evitando deste xeito ese "muro" do último kilómetro, xa que agora entrarase en meta vindo desde a aldea do Vilar (a que da nome a unha das praias máis fermosas da costa galega!!)
Gabycao

Foreiro infantil
Foreiro infantil
6/11/18
3 Carreiras
52 Posts

Reply with quote Post Thu, 02 May 2019, 17:46
Post subject: Re: XVI Carreira Virxe de Guía (Carreira-Ribeira) 17.05.201

Buenas..como es el recorrido??
Si hay cuestas..cuantas y en que kilómetros
Gracias
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1355 Posts

Reply with quote Post Fri, 03 May 2019, 7:56
Post subject: Re: XVI Carreira Virxe de Guía (Carreira-Ribeira) 17.05.201

Ola Gabycao:
Coméntoche un pouco como vai o recorrido:
1º Km. Os 400 m, temos unha corta baixada que remata nun giro a esquerdas donde empezan outros 400 metros que tiran cara arriba. A partir de aquí temos hasta o km 6,5 un recorrido en baixada e terreno llano.
Km 6,5: Empeza a costa máis dura do recorrido. Son 400 metros, cunha pendiente media dun 6,25%. Despois ven unha zona en suave baixada que axuda a recuperar folgos.
Km 8: Unha costa cortiña de 50 m. na entrada á aldea do Vilar.
Km 8,5: Unha nova costa tamén duns 50 m., en torno ó 2% de desnivel.
Desde ahí a meta, estrada en baixada, e logo toda plana (picando suavemente a subida), hasta a liña de meta.
Os datos que dan os GPS indican que temos un total de 75 metros de desnivel positivo...vamos, un desnivel habitual nas probas galegas de 10 km!! Smile Smile
Gabycao

Foreiro infantil
Foreiro infantil
6/11/18
3 Carreiras
52 Posts

Reply with quote Post Fri, 03 May 2019, 7:58
Post subject: Re: XVI Carreira Virxe de Guía (Carreira-Ribeira) 17.05.2019

Muchas gracias..muy bien detallado
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1355 Posts

Reply with quote Post Fri, 03 May 2019, 11:10
Post subject: Re: XVI Carreira Virxe de Guía (Carreira-Ribeira) 17.05.2019

Como ben sendo habitual nesta proba, o público poderá ver ós atletas hasta en catro ocasións con sólo recorrer uns metros: a primeira, obviamente, na liña de saída. Si recorremos 150 metros na dirección da carreira, poderemos volver a velos cando se atopan no km 1. Despois de sacarlle as fotos de rigor neste punto, podemos desplazarnos hacia a nosa dereita uns 250 metros e poderemos velos no km 6,5 (xusto no punto en que afrontan a rampa máis dura da carreira). Solo nos queda desandar os 400 metros que anduvemos, e volvemos á liña de meta, onde poderemos recibir cos brazos abertos ós nosos campións e ás nosas campioas!!!
trevinca

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/08
0 Carreiras
212 Posts
barbanza
Reply with quote Post Mon, 13 May 2019, 9:18
Post subject: Re: XVI Carreira Virxe de Guía (Carreira-Ribeira) 17.05.2019

Ultimos dous dias para anotarse a esta bonita carreira
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1355 Posts

Reply with quote Post Mon, 13 May 2019, 15:03
Post subject: Re: XVI Carreira Virxe de Guía (Carreira-Ribeira) 17.05.201

Coma sempre, seguimos buscando agasallos que resulten prácticos para os corredores (e sempre, claro, dentro do "esmirriado" presuposto que temos Angel ), e así salirnos da tópica camiseta. Así que despois das camisetas, buff, gorra técnica, etc de outras edicións, este ano toca....

Un cinto portadorsales, que conta cunha bolsiña elástica na que poder gardar un móvil, as chaves, uns geles e similares (móvil, chaves e un par de geles, caberían perfectamente).

Esperamos que vos guste o agasallo deste ano!!!!
sugom

Novo foreiro
Novo foreiro
22/06/14
4 Carreiras
27 Posts

Reply with quote Post Tue, 14 May 2019, 17:49
Post subject: Re: XVI Carreira Virxe de Guía (Carreira-Ribeira) 17.05.2019

Lo hacéis fenomenal. Es una carrera que me gusta ir cada año.
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1355 Posts

Reply with quote Post Wed, 15 May 2019, 7:32
Post subject: Re: XVI Carreira Virxe de Guía (Carreira-Ribeira) 17.05.2019

sugom escribió:
Lo hacéis fenomenal. Es una carrera que me gusta ir cada año.

Moitas gracias, Sugom. Esperamos que sigas disfrutando co cambio de sentido do recorrido, para non sufrir tanto ó evitar ese derradeiro kilómetro que se facía tan durecho!!!





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum