Foros ›
VII correXsalceda 2019 - 10k e 5k
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
EDMSALCEDA

Novo foreiro
Novo foreiro
13/03/13
2 Carreiras
29 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 23 Abr 2019, 11:14
Asunto: VII correXsalceda 2019 - 10k e 5k

Bos días a todos/as, xa queda menos para a VII edición da correXsalceda 2019 que como xa sabedes sigue coas 2 modalidades de 10k e 5k.

O percorrido deste ano sufriu unha pequena variación na saída para enlazar o segundo tramo da senda da Laguela a altura do K2 aprox., o resto do percorrido é o mesmo que o ano pasado.

Os horarios de saída das carreiras son os seguintes;
10k e 5k as 10:30 h.
2,5k as 12:15 h.
Pitufos B (100 metros) as 12:40 h.
Pitufos A (150 metros) as 12:50 h.
Categoría C (500 metros) as 13:00 h.
Categoría B (1.000 metros) as 13:15 h.

Podedes atopar toda a información da carreira no seguinte enlace;
www.deportesalceda.gal...alceda2019

Inscricións en;
championchipnorte.com/...rexsalceda

So nos queda darvos as grazas a todos/as os participantes e desexarvos toda a sorte do mundo. Vémonos o domingo día 5 de Maio en Salceda de Caselas.
LuisMan

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/05/07
0 Carreiras
75 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Mar, 23 Abr 2019, 13:51
Asunto: Re: VII correXsalceda 2019 - 10k e 5k

He visto el vídeo en youtube del recorrido de este año y si ya era bonito ;con esta breve modificación, ha quedado espectacular. Que haya suerte y que tengáis una buena concurrencia de participantes. El ilustre Luis Sa ya está inscrito, una buena noticia.
Tartarugo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/07/07
150 Carreiras
1147 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 03 Mai 2019, 19:02
Asunto: Re: VII correXsalceda 2019 - 10k e 5k

¿ Algunha recomendación de sitio para aparcar ? Gracias

Se eu puiden, ti tamén...
chancletas

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/02/10
0 Carreiras
179 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 05 Mai 2019, 16:41
Asunto: Re: VII correXsalceda 2019 - 10k e 5k

Graciñas os organizadores por esta carreira e percorrido. De 10!

ata o ano seguinte, sempre un placer correr en Salceda.
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
100 Carreiras
1020 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 05 Mai 2019, 18:31
Asunto: Re: VII correXsalceda 2019 - 10k e 5k

Me uno al agradecimiento. Todo correcto. Ha sido un placer (a pesar del sufrimiento por no estar en las mejores condiciones para ello) correr por Salceda.
Erun

Novo foreiro
Novo foreiro
11/02/19
0 Carreiras
1 Mensaxes
Salceda de Caselas
Respostar citando Envío Dom, 05 Mai 2019, 20:08
Asunto: Re: VII correXsalceda 2019 - 10k e 5k

Carreira moi chula, á que lle senta todavía mellor a nova senda aberta no río Landres.
Noraboa por todo, EDM de Salceda. A organización foi impecable, unha vez máis.
Tartarugo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/07/07
150 Carreiras
1147 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 06 Mai 2019, 8:08
Asunto: Re: VII correXsalceda 2019 - 10k e 5k

Primeira participación na CorrexSalceda e xa queda apuntada no meu calendario como unha das fixas sempre que as circunstancias o permitan. Felicitacións á organización, todo perfecto, tráfico ben cortado, cruces sinalizados e un percorrido fermosísimo e variado, espectaculares ás sendas varias ás beiras dos ríos ( apuntadas para futuros adestramentos e camiñadas pola zona) e ,para que non se emocione moito o persoal, un par de subidas con chicha. En resumo, unha carreira de notable alto na que incluso acompañou o tempo atmosférico ( aínda que persoalmente o sol non é o meu mellor aliado ) . Aplauso Aplauso

Se eu puiden, ti tamén...
Susete

Novo foreiro
Novo foreiro
18/06/12
4 Carreiras
24 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 08 Mai 2019, 11:45
Asunto: Re: VII correXsalceda 2019 - 10k e 5k

Fermosa carreira. Unha das fixas no meu calendario. Coma sempre a organización de 10 e o percorrido, que este ano incorporou o tramo dunha nova senda, tamén de 10. Por poñerlle algún pero, a data de celebración no Día da Nai, fai que moitos non poidamos disfrutar dunha xornada completa de atletismo, xa que os compromisos dese día obrigáronme a unha pronta retirada, a pesar do fermoso día que acompañou.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos