Foros ›
Sorteo 2 dorsais 10K Vigo-Samil (19/05): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 21 Abr 2019, 21:59
Asunto: Sorteo 2 dorsais 10K Vigo-Samil (19/05): PECHADO

10K Vigo-Samil
Domingo 19 de maio de 2019


Que se sortea?
2 dorsais

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Vigo, domingo 19 de maio de 2019.
Web da carreira: laptime.es/eventos/10k...amil-2019/
www.facebook.com/10kpraiadesamil/
Enlace ao calendario: www.correrengalicia.or...e=20190519

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o 22/04/2019 ao 25/04/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 25/04/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 22/04/2019 ao 25/04/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Lun, 29 Abr 2019, 19:34; editado 1 vez
rac14

Novo foreiro
Novo foreiro
27/03/14
0 Carreiras
30 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2019, 6:36
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais 10K Vigo-Samil (19/05): ata o 25/04

Bo día.

Gustaríame participar no sorteo, máis non sei se cumplo os requisitos ( o meu nick do circuito non se corresponde co de correr en galicia)

Hai tres anos que non participo nesta carreira, e teño ganas de repetir. Se non vai vento, percorrido moi rápido.


Un saúdo.

PD: nick de Circuito Baixalimia
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2019, 6:48
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais 10K Vigo-Samil (19/05): ata o 25/04

Bo día Rac14,

Sentíndoo moito non podes participar ata que non teñas unificados os nicks. Podes solicítalo no fío que che deixo a continuación, aunque non te podemos asegurar que o Admin o faga antes do xoves desta semana:

www.correrengalicia.or...086#580086

Saúdos!
BaoEs

Mods
Mods
29/11/07
700 Carreiras
1637 Mensaxes
O Barco de Valdeorras (OURENSE)
Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2019, 7:34
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais 10K Vigo-Samil (19/05): ata o 25/04

Hola: Me gustaría participar en el sorteo de un dorsal para esta carrera

Precisamente esta prueba nunca la corrí, pero tengo muy buenos recuerdos de la VIG BAY, que seguramente transcurra por esos lugares tan pintorescos....

Nos vemos en la Vigo - Samil
ZURRIGORRI

Novo foreiro
Novo foreiro
22/12/10
0 Carreiras
27 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2019, 9:35
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais 10K Vigo-Samil (19/05): ata o 25/04

Buenos días
Pues ya que dais la oportunidad de entrar en un sorteo, y que nunca participé en ningún sorteo de dorsal, pues me animo en esta ocasión.
Es una carrera que hace 3 ediciones que no corro y este año estaría bien correrla.
Mis experiencias en esta carrera se resúmen en que a priori parece un circuito muy rápido, pero es muy engañosa, ya que son rectas largas de ida y vuelta, con una ligera subida tendida a la altura de donde estaba el Hotel Samil y si hace viento ya ni te cuento, pero el entorno es ideal.
Bueno, pues a var si hay suerte,, y muchas gracias por la oportunidad
Un saludo,
JoeRace

Maratoniano
Maratoniano
11/09/06
1111 Carreiras
419 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2019, 10:30
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais 10K Vigo-Samil (19/05): ata o 25/04

Quiero participar en el sorteo.

No sé cuantas veces la he corrido pero creo que todas las ediciones (o todas menos una, tal vez). Me encanta el recorrido que estrenaron el año pasado, para mi mucho más ameno y divertido que en ediciones anteriores. De la organización sólo puedo decir maravillas, ya no sólo por el trato personal sino por el mimo y cariño con el que nos tratan a todos los corredores/as, así que toca repetir sí o sí. Allí estaremos!!!
Sorriso
Lolinho38

Maratoniano
Maratoniano
24/10/13
147 Carreiras
313 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2019, 11:53
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais 10K Vigo-Samil (19/05): ata o 25/04

Quiero participar en el sorteo.
Gran carrera, que transcurre por un lugar de belleza incalculable y con un recorrido muy propicio para hacer buenas marcas....
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 23 Abr 2019, 7:08
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais 10K Vigo-Samil (19/05): ata o 25/04

Quero participar no sorteo.
Non é unha carreira que me entusiasme, sen embargo, está perfectamente organizada. Mellor dito, moi ben organizada.
Me gustan un par de detalles desta organización: periodo de incripción moi barato, despois periodo normal, é tamén te podes inscribir os úlitmos dous días a un prezo máis elevado, e sen camiseta. Non é habitual, pero fai que os os olvidadizos ou os de última hora poidan apuntarse.
O circuíto novo (do do 2018), é menos monótono que o anterior, e transcorre por todo Samil e o Vao, onde habitualmente entreno. (preferíao a antigo homologado).
Este ano non vou a por marca, irei a desfrutar cos meus compañieiros e amigos.
roberto

Maratoniano
Maratoniano
12/12/07
200 Carreiras
292 Mensaxes
xinzo de limia
Respostar citando Envío Mar, 23 Abr 2019, 20:56
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais 10K Vigo-Samil (19/05): ata o 25/04

Quiero participar en este sorteo.
Nunca participé en esta carrera pero me han hablado bien de ella así que este año toca.
Saludos
orion764

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/11/13
18 Carreiras
826 Mensaxes
Santiago Compostela
Respostar citando Envío Mér, 24 Abr 2019, 16:56
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais 10K Vigo-Samil (19/05): ata o 25/04

Hola
Quiero participar en el sorteo para un dorsal para esta carrera
Nunca he participado en ella y este año tengo pensado ir. Me han dicho que es un circuito rápido y supongo que coincide con parte de la salida de la VigBay que si ya conozco.
Y si además sale un buen domingo se aprovecha para un chapuzón en Samil
Saludos
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 25 Abr 2019, 8:59
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais 10K Vigo-Samil (19/05): ata o 25/04

Boas, quero participar neste sorteo.
Nunca fun a esta carreira, pero semella unha boa carreira polos comentarios dos compañeiros e pola oportunidade de correr polo litoral das praias de Vigo.
Sorte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 25 Abr 2019, 22:04
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais 10K Vigo-Samil (19/05): ata o 25/04

Sorteo finalizado, muchas gracias por participar. Publicaremos los nicks ganadores a lo largo del viernes 26 de abril. Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 26 Abr 2019, 12:28
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais 10K Vigo-Samil (19/05): ata o 25/04

Sorteo 2 dorsais 10K Vigo-Samil (19/05)

Resultado: Lolinho38, JoeRace

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

Nombre:
Apellidos:
NIF/NIE/Pasaporte:
Sexo:
F. nacimiento:
País donde reside:
Localización (dirección completa):
Email:
Teléfono móvil:
Federado (sí/no):
Número de licencia:
Club:
TALLA DE CAMISETA (indicar XS, S, M, L, XL o XXL):

Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal y será repetido el sorteo entre los suplentes

Link al resultado: www.sortea2.com/versor...mil_235060


JoeRace

Maratoniano
Maratoniano
11/09/06
1111 Carreiras
419 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 26 Abr 2019, 13:16
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais 10K Vigo-Samil (19/05): ata o 25/04

Muchísimas Gracias!!!

Mail enviado


Lolinho38

Maratoniano
Maratoniano
24/10/13
147 Carreiras
313 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Sáb, 27 Abr 2019, 12:36
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais 10K Vigo-Samil (19/05): ata o 25/04

Datos enviados.
Muchas gracias





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos