Dom, 21 Abr 2019, 19:34
Asunto: Re: Clásica Gandeira Santa Comba (21/04/2019)
Pois celebrada esta carreira, vou comentar un pouco sobre a mesma.
Proba ben organizada, co gran despliegue que fai emesports, ata pantalla xigante, para restransmitir en vivo o transcurrir da mesma.
Saida demorada uns 7 minutos, cando as 11:20 xa nos estaban chamando para situar na liña de saida, e hoxe fixo moito calor e estabamos baixo o sol de pleno.
Saida moi fluida xa que eramos sobre 200, eu da parte media hacia atrás, 2 primeiros Kms. moi rápidos, xa que son chans e despois basicamente en baixada. Saenme a 4'30 de media, e a xente adiantándome por todos lados, eu sei que non estou para estos ritmos e xa o pagarei maís tarde.
Despois ven unha constante de subidas e baixadas, alternando asfalto e pistas de terra moi corribles, no Km. 3 despois dunha subida, paso pola explotación gandeira, as vacas como é lóxico nen caso nos fixeron.
4'42" este km. e o seguinte en 4'39,
Km. 5 en 4'37 e toca regular, xa que non vou tan cómodo e no avituallamento aproveito para recuperar e sae en 4'48" e do 6 ao 7 unha longa subida, que ainda que non é moi empìnada, faixe notar xa que o sol empeza a facer mella 4'54".
Pero a partir de aquí xa empeza o peor do percorrido, xa que debemos ter unha subida que debe durar ben 1'500 e remata case que no 9, sendo a sua parte final moi dura, indose eses 2 kms. a 5'04 e 5'27" eu subindo bastante fundido, os Kgs. de máis e a falta de adestramentos son a miña penitencia neses 2 kms.
Pero como xa parecía polo perfil que colgaron, a distancia non se aproxima aos 10 Kms. e quedanse polo meu GPS en 9'200, e os dos compañeiros dou similar.
Agora vai a miña crítica para a organización, eu tras rematar estiven uns 3/4 minutos andando pola sombra para recuperar, e cando fun a buscar o avituallmento, non lles quedaba auga (eu acabei pola metade máis ou menos), e despois de esperar máis de 5 minutos sen que viñera, vin unha botella tirada pola metade e collinna, xa que estaba seco, e deberon tardar cerca de 15' en repoñela. Esto é un fallo moi gordo, pero faixe máis grave ainda, cando me comentan, que no avituallamento do Km. 5 os 30/35 últimos non tiveron auga tampouco, comentando que no grupo que ia eu que eramos 6, só collemos auga 2 no punto intermedio, polo que a falta de previsión foi enorme, nun día de tanto calor.
Que quede claro, que este derradeiro comentario, non desacredite a gran labor da organización, xa que foi estupenda, salvo neste detalle.
E se hai máis edicións espero ser da partida, ainda que o final é moi duro, ten un percorrido moi entretido, alternando asfalto e terra.