Foros ›
Sorteo 2 dorsais Volta Ria de Betanzos (05/05): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 31 Mar 2019, 22:57
Asunto: Sorteo 2 dorsais Volta Ria de Betanzos (05/05): PECHADO

Volta a Ria de Betanzos
Domingo 05 de mayo de 2019


Que se sortea?
2 dorsais: 1 feminino e 1 masculino
É imprescindible indicar a qué dorsal se opta (feminino ou masculino)

A petición do organizador, os dorsais non poden ser para ninguén que xa fose agraciado por un dorsal sorteado por As Vellas non Paramos. Os seguintes foreiros quedan excluidos do sorteo:
Donova e Aldara: gañadores dun dorsal para o 6º Trail Terras do Mandeo
Suka e Maikel: gañadores dun dorsal para a San Silvestre Betanceira


Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento

REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Betanzos, Domingo 05 de mayo de 2019.
Web da carreira: carreirasgalegas.com/c...eb252ee6ad
Enlace ao calendario: www.correrengalicia.or...e=20190505
Enlace ao fío do foro:
www.correrengalicia.or...mp;t=21393

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o 01/04/2019 ao 04/04/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 04/04/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 01/04/2019 ao 04/04/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Sáb, 06 Abr 2019, 11:49; editado 1 vez
patowc

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
3/10/12
0 Carreiras
206 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 12:48
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Volta Ria de Betanzos (05/05): ata o 04/04

Quero participar no sorteo. Dorsal masculino.

Fun fai un ano e gardo moi bos recordos. Carreira durilla polas costas, pero moi entretida e o paso pola ponte é espectacular. Curiosamente, a pesar de non ser un proba propicia, fixen a miña mellor marca alí. Imprescindible.

E bueno, os callos, que non me entraron, pola calor, pero tentarei facerlles oco desta vez.
vandres

Novo foreiro
Novo foreiro
4/04/16
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 17:10
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Volta Ria de Betanzos (05/05): ata o 04/04

Me gustaría participar en el sorteo (dorsal masculino) para poder experimentar en primera persona la dureza del recorrido.
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 18:31
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Volta Ria de Betanzos (05/05): ata o 04/04

Quiero participar en el sorteo del dorsal masculino.
Se trata de una carrera durilla, pero con un recorrido muy bonito. El año pasado fue mi primera participación y me gustó bastante. Estuvo bien organizada. Si me toca participaré y sino lo mas seguro que también.
AMADOR

Foreiro infantil
Foreiro infantil
15/11/09
0 Carreiras
136 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 18:45
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Volta Ria de Betanzos (05/05): ata o 04/04

Quero participar en el sorteo. Dorsal masculino. Carrera durilla polas costas
ROLAFE

Maratoniano
Maratoniano
30/07/18
25 Carreiras
21 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 22:03
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Volta Ria de Betanzos (05/05): ata o 04/04

Hola!!! Me gustaria participar no sorteo de dorsal masculino. Proba durillla pero muy bonita. Eu xa participei o ano pasado e quedei encantado. Este ano pretendo mellorar esa marca e volver disfrutar da mesma.
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1926 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 22:09
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Volta Ria de Betanzos (05/05): ata o 04

Gustaríame participar no sorteo dun doral (MASCULINO).
Fun a última prova, antes de que suspenderá durante unha temporada. Recordo unha prova dura, ainda que cunha organización moi boa; espero que sigan na mesma tónica. Os últimos kms. en baixada hacia Betanzos, compensaban todalas subidas que había que facer previamente. Agardo poder voltar a facela.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
carlosdpache

Foreiro infantil
Foreiro infantil
18/12/12
8 Carreiras
92 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Mar, 02 Abr 2019, 0:11
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Volta Ria de Betanzos (05/05): ata o 04/04

Quiero participar en el sorteo (dorsal masculino).
Participé el año pasado, carrera muy bonita y dura. Cruzar el puente del Pedido corriendo es fantástico, me encantó.
Un saludo, y suerte a todos.
Nes

Foreiro Senior
Foreiro Senior
2/07/12
415 Carreiras
592 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Mar, 02 Abr 2019, 7:10
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Volta Ria de Betanzos (05/05): ata o 04/04

Quiero participar en el sorteo del dorsal masculino.
El año pasado participé en esta preciosa carrera y sufrí como un animal, llegue "arrastrado" después de más de dos horas, la carrera es durísima (o a mi se me hizo durisima, jejeje...), pero tambien es cierto que es muy bonita con un recorrido muy chulo, cruzando el Puente Pedrido y pasando por los alrededores del Pazo de Mariñan.
Totalmente recomendable y a ver si este año.........no sufro tanto.
Muchas gracias.
Mendeselassie

Maratoniano
Maratoniano
7/03/10
285 Carreiras
307 Mensaxes
Bertamirans
Respostar citando Envío Mar, 02 Abr 2019, 8:29
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Volta Ria de Betanzos (05/05): ata o 04

Quero participar no sorteo do dorsal masculino...
Fixen esta carreira na última edición antes de que deixara de celebrarse e teño moi bo recordo a pesar da dureza; Por aquel entón fora a miña segunda media, agora levo máis de 60, e o que me resultara máis anecdotico da proba fora o médico da mesma, apoiado nun Porsche e tanteando "a ollo" como ian os corredores, non sei si seguirá sendo o mesmo... Ríndose

Cuando bajas drop, ya no hay stop...
Jinx

Foreiro infantil
Foreiro infantil
6/09/10
0 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 02 Abr 2019, 10:17
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Volta Ria de Betanzos (05/05): ata o 04/04

Quiero participar en el sorteo del dorsal masculino.

Participé el año pasado y disfrute mucho con el recorrido, por lo que este año repetiré.

Gracias.
Baralloco

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/14
3 Carreiras
366 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 02 Abr 2019, 17:06
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Volta Ria de Betanzos (05/05): ata o 04/04

Estoy interesado en participar en el sorteo del dorsal masculino. No fui de la partida el año pasado por lo que no puedo opinar de la dureza del recorrido, si bien es cierto que conozco más o menos la zona para saber que para hacer MMP no es. En cualquier caso, me gustan mucho las medias que no consisten en dar varias vueltas a un circuito.

Y para reponerse, una buena ración de tortilla betanceira que aprovecharía para zampar.
jotaeme

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/06
0 Carreiras
1056 Mensaxes
OURENSE / A CORUÑA
Respostar citando Envío Mér, 03 Abr 2019, 17:48
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Volta Ria de Betanzos (05/05): ata o 04/04

boas tardes.

Desexo participar no sorteo de un dorsal masculino prá A Volta á Ría de Betanzos..
Despois de correr o ano pasado de novo nesta fermosa carreira... desexo continuar participando nela pola cantidade de vellas glorias que nos atopamos nela.. jajaja.. e polo encanto da vila de Betanzos.
Un saúdo
jose.losada

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/06/13
0 Carreiras
67 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 04 Abr 2019, 5:53
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Volta Ria de Betanzos (05/05): ata o 04/04

Bo día,

Eu tamén quero participar no sorteo dun dorsal masculino para a Volta á Ría de Betanzos.
Ainda non tiven ocasión de participar nesta proba, e este ano, se nada o impide, ahí estarei.
Atraeme moito porque está cerca da casa, pola distancia e seguro que nos xuntamos todo o equipo por alí.

Gracias.
sito

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/06/09
459 Carreiras
563 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 04 Abr 2019, 12:46
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Volta Ria de Betanzos (05/05): ata o 04/04

Quero participar no sorteo do dorsal masculino.
A carreira fun hay xa anos e gustariame volver, creo recordar q era algo durilla pero bonita.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos