Foros ›
Autor
Mensaxe
Maeloc

Novo foreiro
Novo foreiro
4/03/19
1 Carreiras
1 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 04 Mar 2019, 16:44
Asunto: Trail 3 Rios (Arbo)

I Trail “3Rios” , en Arbo xusto ás beiras do Miño e limite con Portugal. O vindeiro 9 de xuño de 2019.

Esta carreira, con percorrido circular, discorrerá polos tres ríos que regan o noso concello e que dan nome á proba, o Miño e os seus dous afluentes, Cea e Deva. Ademais ascenderemos a un dos cumios máis senlleiros da nosa orografía: San Felipe.

Esta novidosa proba vai permitir achegarse ás beiras do rio máis importante de Galicia nun entorno único, preto das Pesqueiras con mil anos de historia, e polo curso inzado de vexetación autóctona dos seus afluentes Cea e Deva, e os seus muíños centenarios; así mesmo podemos contemplar o val do Miño, os cumios da Peneda (Portugal) e o alto de san Fins a case 600 metros sobre o nivel do mar.

A dificultade é media-alta, habendo tramos con forte pendente de subida, así como tramos técnicos que implican certa experiencia.
 Trail Longo cunha distancia aproximada de 26 km e 1100 m desnivel positivo.
 Trail Curto cunha distancia aproximada de 16 km e 550m desnivel positivo





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos