Foros ›
Sorteo 2 dorsais I Carreira 10K Teis (24/02/19): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
665 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 21 Xan 2019, 10:37
Asunto: Sorteo 2 dorsais I Carreira 10K Teis (24/02/19): PECHADO

I Carrera Popular 10K de Teis
Domingo 24 de febreiro de 2019


Que se sortea?
2 dorsais

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Teis, domingo 24 de febreiro de 2019.
Web da carreira: https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/10k-de-teis
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/...
Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org/...

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 21 de xaneiro ao xoves 24 xaneiro de 2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 24 de xaneiro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 21 de xaneiro ata as 23:59 do 24 de xaneiro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Ven, 25 Xan 2019, 21:29; editado 1 vez
urgon

Novo foreiro
Novo foreiro
11/04/08
96 Carreiras
30 Mensaxes
Burela
Respostar citando Envío Lun, 21 Xan 2019, 16:46
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais I Carreira 10K Teis (24/02/19): ata 24/01

Hola!

Quiero participar en el sorteo Sorriso

La primera edición de esta carrera y que sea cerca de casa, son motivos más que suficientes para que me pique la curiosidad por correrla, asi que allí estaremos, toque o no toque el concurso Moi feliz

Un saludo!
davidtorron

Novo foreiro
Novo foreiro
22/11/15
55 Carreiras
30 Mensaxes
VIGO
Respostar citando Envío Lun, 21 Xan 2019, 16:57
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais I Carreira 10K Teis (24/02/19): ata 24/01

Buenas tardes

Quiero participar en el sorteo.

Toca apoyar la carrera de mi barrio, primera iniciativa cerquita de casa no puedo dejar pasar la oportunidad de correrla.
Nos vemos en la salida aunque no toque el sorteo

Saludos
gertiz

Foreiro Senior
Foreiro Senior
15/08/11
0 Carreiras
475 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 22 Xan 2019, 9:26
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais I Carreira 10K Teis (24/02/19): ata 24/01

Boas!!
Quero participar no sorteo.
Teño lido que é unha carreira directa pero sendo na casa non se pode faltar.
Apertas e sorte!!!
JoeRace

Maratoniano
Maratoniano
11/09/06
1111 Carreiras
389 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 22 Xan 2019, 16:00
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais I Carreira 10K Teis (24/02/19): ata 24/01

Quero participar no sorteo.

Primeira edicion, cerca de casa, hai que correla si ou si. A miña idea e metela dentro dunha tirada media ese domingo de cara a preparación da VigBay42, e comprobar coma imos coa preparación. A por ela!!
Lolinho38

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
24/10/13
147 Carreiras
256 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Mar, 22 Xan 2019, 20:37
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais I Carreira 10K Teis (24/02/19): ata 24/01

Quiero participar en el sorteo.
Primera edición, y cerca de casa, por lo que me veo en la obligación de participar.
Trécola

Maratoniano
Maratoniano
25/10/09
0 Carreiras
642 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 23 Xan 2019, 15:05
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais I Carreira 10K Teis (24/02/19): ata 24/01

Boas!! Desexo participar no sorteo!!
Vivo en Vigo e correr na casa será un placer, formará parte da preparación da Vig-Bay 42!!
Saudos

Nunca correrei só...
xaviarnoia

Novo foreiro
Novo foreiro
17/05/13
12 Carreiras
27 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 23 Xan 2019, 22:20
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais I Carreira 10K Teis (24/02/19): ata 24/01

Quero participar no sorteo.
Sendo a primeira edición non temos referencias, pero vendo o circuíto, esta claro q rápida non será.
Eu o igual q algúns compañeiros estaria encantado de incorporada dentro da preparación da vigbay.
8nando8

Novo foreiro
Novo foreiro
23/09/18
0 Carreiras
10 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 24 Xan 2019, 9:10
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais I Carreira 10K Teis (24/02/19): ata 24/

Quiero participar en el sorteo.
Increible y duro recorrido por los barrios de la guia y teis. Aun siendo la primera edicion creo que es una carrera preciosa para marcarla en el calendario y espero que se asiente con el paso de los años. Ademas es una buena carrera para pillar el puntito de forma.
Suerte a tod@s.
NataliaSO

Novo foreiro
Novo foreiro
23/09/18
0 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 24 Xan 2019, 10:09
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais I Carreira 10K Teis (24/02/19): ata 24/01

Quiero participar en el sorteo de un dorsal de la I Carrera Popular 10K de Teis.
Me encantaría asistir a esta primera edición de esta segura gran carrera Sorriso
Creo que puede ser una buena carrera por su recorrido (para mi muy familiar), por la zona en la que se realiza y por su distancia.
Seguro que todos los asistentes nos iremos muy contentos después de recorrer esos 10km y querremos volver los posteriores años!! Para comprobarlo por mi misma solo falta que me toque este dorsal jeje
pajaroeu

Novo foreiro
Novo foreiro
6/04/14
15 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 24 Xan 2019, 11:52
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais I Carreira 10K Teis (24/02/19): ata 24/01

Quero participar no sorteo.
Paso moitas fin de semanas nese barrio e non vou fallar un día que hai carreira!
Quique78

Novo foreiro
Novo foreiro
13/08/17
60 Carreiras
35 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Xov, 24 Xan 2019, 22:13
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais I Carreira 10K Teis (24/02/19): ata 24/01

Quiero participar en el sorteo.
Vivo en Redondela por lo que me queda cerca de casa.
El recorrido parece estar bien pero el repecho después de Vulcano hará mella.
Como va por zonas como ETEA y la parte de abajo de la Guiaque no las conozco, hago turismo también.
Suerte a todos y gracias.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
665 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 24 Xan 2019, 23:00
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais I Carreira 10K Teis (24/02/19): ata 24/01

Sorteo cerrado. Gracias por participar. En las próximas horas publicaremos los nicks de los ganadores. Recordad que dispondréis de 48 horas para enviar los datos que solicitamos. En caso de no recibirlos dentro del plazo indicado, se perderá el derecho al dorsal y éste será sorteado de nuevo entre el resto de participantes.

Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
665 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 25 Xan 2019, 8:31
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais I Carreira 10K Teis (24/02/19): ata 24/01

Ganadores: Trécola, pajaroeu

Enhorabuena a los ganadores de Sorteo 2 dorsais I Carreira 10K Teis (24/02/19)

Necesitamos que enviéis un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

Datos de inscripción
E-mail
Apellidos
Nombre
Fecha de nacimiento (dd/mm/aaaa)
Nacionalidad
DNI
Sexo
Talla camiseta (indicar XS, S, M, L o XL)
Ciudad
Equipo/Club
Federado (sí/no)
Número de federado (en caso de estarlo):
Teléfono


Recordad que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos vuestros datos, perderéis el derecho al dorsal

Link al resultado: www.randorium.com/es/NRSVgJMp


Trécola

Maratoniano
Maratoniano
25/10/09
0 Carreiras
642 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 25 Xan 2019, 18:48
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais I Carreira 10K Teis (24/02/19): ata 24/01

Boas!! Contento por tocarme no sorteo o dorsal Moi feliz e ademais daros as gracias polo fantástico traballo que facedes.
Correo enviado.
Saudos Moi feliz

Nunca correrei só...





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos