Foros ›
Sorteo 1 dorsal Trail Río da Fraga (20/01/19): PECHADO
Forum Index / O Circuíto 2018-19
Reply to topic

Author
Message
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
967 Posts

Reply with quote Post Sun, 23 Dec 2018, 23:08
Post subject: Sorteo 1 dorsal Trail Río da Fraga (20/01/19): PECHADO

#1 GMTA 2019: Trail Río da Fraga (Moaña)
Domingo 20 de xaneiro de 2019


Que se sortea?
1 dorsal

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Moaña, domingo 20 de xaneiro de 2019.
Web da carreira: https://laptime.es/eventos/trail-mini-trail-y-canitrail-rio-da-fraga/
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=6279&date=20190120
Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=Forums&file=viewtopic&t=21034

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o domingo 23 de decembro de 2018 ao xoves 3 xaneiro de 2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 3 xaneiro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 23 de decembro ata as 23:59 do 3 de xaneiro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Last edited by O_Circuito on Fri, 04 Jan 2019, 11:56; edited 1 time in total
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
481 Posts

Reply with quote Post Mon, 24 Dec 2018, 10:09
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Río da Fraga (20/01/19): ata 03/01

Deseo participar en el sorteo.
En el Río da Fraga conocí hace dos años a la que, junto con Martins, es ya compañera habitual de trails, quienes han hecho posible con muchas ganas que Chuvoners naciese y vaya creciendo. Le tengo un cariño especial a esta prueba por ello.
Este mismo otoño conocí también a algun@ de los organizadores del GMTA, buenas personas con una ilusión infinita y un amor por todo lo que rodea a la montaña que dará como resultado una edición diferente a otros años, seguro mejor.
Sería mi tercera participación pero la afrontaría con la misma o mayor ilusión que la primera. Ese precioso recorrido nunca se olvida...
Lecop

Montañés
Montañés
12/02/11
10 Carreiras
684 Posts

Reply with quote Post Mon, 24 Dec 2018, 11:36
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Río da Fraga (20/01/19): ata 03/01

Deseo participar en el sorteo.

Fue mi primera aparición en una prueba de Trail, nunca lo pasé tan mal y a la vez tan bien. Organización del Gmta, nunca deja indiferente a nadie

Luego la hice al menos 3 veces más, y sigo enganchado!
Kapioviedo

Novo foreiro
Novo foreiro
10/04/16
31 Carreiras
9 Posts

Reply with quote Post Wed, 26 Dec 2018, 9:16
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Río da Fraga (20/01/19): ata 03/01

Deseo participar en el sorteo

El trail de fraga siempre fue el comienzo de una temporada y nada mejor que chapotear en el km 1 y subir a las antenas alrededor del río y por sus puentes . Trail precioso donde los haya
srocha

Novo foreiro
Novo foreiro
7/05/15
0 Carreiras
15 Posts

Reply with quote Post Wed, 26 Dec 2018, 13:51
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Río da Fraga (20/01/19): ata 03/01

Gustaríame participar no sorteo. Levo tempo escoitando falar moi ben desta carreira pero a distancia botábame para atrás. Este ano, coa distancia curta, gustaríame animarme a facela. Poder falar eu tamén da carreira pero esta vez por tela feito. Din que ten un trazado moi bonito e moita auga, quero correla!!
Sorte a todos!
xaviarnoia

Novo foreiro
Novo foreiro
17/05/13
12 Carreiras
37 Posts

Reply with quote Post Thu, 27 Dec 2018, 17:38
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Río da Fraga (20/01/19): ata 03/01

Quero participar no sorteo.
Despois de tres edicions consecutivas, perdinme a do ano pasado, carreira na q dende o km1 xa vas cos pés mollados e se o tempo o permite cunhas vistas espectaculares.
ablanco

Novo foreiro
Novo foreiro
23/07/18
0 Carreiras
43 Posts

Reply with quote Post Fri, 28 Dec 2018, 0:45
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Río da Fraga (20/01/19): ata 03/01

Quiero participar en el sorteo
Nunca he participado en la prueba pero tengo entendido que independientemente del tiempo que haga ese día te mojas si o si, lo que siempre le da alegría a las pruebas. En el fondo sabemos que es lo que nos gusta
actv

Montañés
Montañés
16/10/11
84 Carreiras
44 Posts
Vigo
Reply with quote Post Fri, 28 Dec 2018, 13:17
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Río da Fraga (20/01/19): ata 03/01

Quiero participar en este trail que me trae grandes recuerdos.
8nando8

Novo foreiro
Novo foreiro
23/09/18
0 Carreiras
14 Posts

Reply with quote Post Sun, 30 Dec 2018, 21:55
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Río da Fraga (20/01/19): ata 03/01

Quiero participar en el sorteo.
Aunque soy de pocos trails, he oido que es uno de los recorridos mas increibles, en los que se puede disfrutar de la maravillosa ria de vigo. Me gustaria poder dejar mi huella en los montes de moaña jejeje
NataliaSO

Novo foreiro
Novo foreiro
23/09/18
0 Carreiras
13 Posts

Reply with quote Post Sun, 30 Dec 2018, 22:00
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Río da Fraga (20/01/19): ata 03/01

Quiero participar en este sorteo!!
Me encanta correr por los montes y por eso amo los trails como este!! Estoy deseando volver a correr uno, ya que hace varios meses que no participo en alguno. Por eso quiero ganar este dorsal!!
xabierdeparada

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/11/15
666 Carreiras
161 Posts
Ourense
Reply with quote Post Tue, 01 Jan 2019, 14:48
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Río da Fraga (20/01/19): ata 03/01

Participo ¡! A ver se temos sorte e nos toca moita lama no percorrido
PABLOCHAO

Novo foreiro
Novo foreiro
6/05/16
3 Carreiras
19 Posts
MURAS
Reply with quote Post Wed, 02 Jan 2019, 9:00
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Río da Fraga (20/01/19): ata 03/01

Quero participar neste sorteo,... sí, claro que quero!!!

Despois de 2 anos intentandoo, e nos que non puido ser porque non coincidiron nada ben as cousas, que saber se é certo que hai que cruzar o río 7 veces. Igual será a única vez que me bañe esa semana,... jaja

Un saúdo.
FINO

Novo foreiro
Novo foreiro
30/06/12
0 Carreiras
7 Posts

Reply with quote Post Wed, 02 Jan 2019, 17:08
Post subject: Quiero participar en el sorteo

Estoy volviendo a correr , y a pesar de ser del gmta por lo visto no es de las mas duras de trail
Quique78

Novo foreiro
Novo foreiro
13/08/17
60 Carreiras
36 Posts
Pontevedra
Reply with quote Post Thu, 03 Jan 2019, 13:33
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Río da Fraga (20/01/19): ata 03/0

Boas
Quero participar no sorteo del dorsal para el Trail do Río Fraga
As razons son a proximidade a miña casa e que un Trail que ten fama de duro e coa dificultad de estar mollado dende o km 2 e cruzas o río 4 oí 5 veces.
Da organizacion també escoitei faltar mío ben
Polo que a la O MONTE!!!!!!
Siete a todos e gracias.
tiojuan

Foreiro Senior
Foreiro Senior
3/10/11
0 Carreiras
747 Posts
Cambados
Reply with quote Post Thu, 03 Jan 2019, 23:04
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Río da Fraga (20/01/19): ata 03/01

quero participar no sorteo.
Hola una vez mais, qué cariño lle teño a este Trail, recordó de todo en pasadas edicions , dende non ser capaz de frear case
no final,entre o cansancio y a lama que había acumulada no estreito camiño jajaja esquivaba as arbores coas mans pois non me quedaban forzas para zigzaguear entre eles. Acordo buscar a zapatilla de un compañeiro no medio dunha lameira...puff . Meter unha perna , nun burato , cruzando o río e pensar que me quedaba alí ,que fría. Acordome… acordome
reir a escachar,sufrir y pásalo ben,tanto que quero volver.
Y como no, acordome dos abrazos de Moutinho cando chegabamos a meta.
Grazas , ainda que sei que me falta forma física, ahí vou !!!





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum