Sáb, 22 Dec 2018, 14:19
Asunto: Re: Inter Running (O Porriño) Deixa de celebrarse
Primeiro de todo, dicir que ainda que só participei unha vez nesta carreira, a min gustoume. Boa organización, moita participación, rápida (ainda que creo que non tanto como a xente cre) e circuito apañado (ainda que sigo pensando que un pouco revirado,... hainos mais rápidos,... polo menos para min).
E despois, lamentar que a proba corra perigo de desaparecer. E digo esto, porque parece que vai tomar o Concello o relevo.
Lamento tamen que entre o concello e os organizadores non sexan capaces de precisar con claridade cal é o problema concreto que os levou a esta situación, xa que uns afirman que teñen diferencias insalvables co concello, e os outros afirman que é a primeira noticia que teñen. Non creo que sexa tan difícil aclaralo,... si se quere (que igual non lle interesa a ningún,... non o sei).
Polo demais, 15.000 € de aportación pública, mais patrocinadores, mais colaboradores, mais inscripcións de toda a xente que participa,... pois tamén creo que merecen unha explicación un pouco mais detallada,... ¿non?
Pola miña parte, só desexar que sexan capaces de actuar todos con sentido común e arranxar esta situación, e que esta proba se siga organizando co nivel de organización que veu demostrando ata agora. Non hai que esquecerse que é un "clásico" das carreiras populares, e sería unha mágo perdela ou estropeala.
Un saúdo e felices festas.