Foros ›
VI Carreira Popular Concello de Rianxo
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
copasdeyate

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/09/09
0 Carreiras
119 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 01 Nov 2018, 19:42
Asunto: Re: VI Carreira Popular Concello de Rianxo

Fermosa carreira hoxe en Rianxo. Un bo facer da organización mantendo sempre un nivel alto organizativo sen perder detalle, e bonito homenaxe a Saborido. Parabéns.
smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 01 Nov 2018, 21:30
Asunto: Re: VI Carreira Popular Concello de Rianxo

Clasificacións VI Carreira Popular Concello de Rianxo

>> emesports.es/event/vi-...de-rianxo/
smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 02 Nov 2018, 14:18
Asunto: Re: VI Carreira Popular Concello de Rianxo

VI CARREIRA POPULAR CONCELLO DE RIANXO – AGRADECEMENTOS

Rematada a sexta edición da Carreira Popular “Concello de Rianxo” queremos expresar o noso agradecemento e ter unha lembranza para todas as persoas, entidades e empresas que poñen o seu grao de area para que un evento destas características poida saír adiante con éxito.

En primeiro lugar, a cada unha das 870 persoas tomaron a saída coa ilusión por participar nesta carreira e formar parte desta pequena gran festa do deporte rianxeiro. Sen vós non sería posible.

Ao público que enche Rianxo e que empurra co seu alento aos deportistas.

Ás 75 persoas implicadas na organización e que traballan para que todo funcione: voluntari@s, Policía Local de Rianxo, Concello de Rianxo, Obras e Servizos Municipais, traballadoras do Concello (Turismo Rianxo, Cultura Rianxo, Xuventude Rianxo, Intervención, Biblioteca Municipal Rianxo), Protección Civil Rianxo Perfil Oficial, Protección Civil de Outes, Club Atletismo Rianxo, Motoclub Jas A Tope, xuíces da Federación Galega de Atletismo, fotógrafos de Difusion ProSport, traballadores de EME Sports, Piscina Municipal de Rianxo e ó persoal do Rianxo. Concelleria Deporte e Patrimonio Històrico. Servizo de Deportes.

Aos patrocinadores, que contribúen de xeito importante para o sostemento económico da carreira: JSTOP, Obras e Servizos, Tarrío y Suárez S.L., Cenor-Rot, Disteva, Frutas Lozano, Vegalsa Eroski, ACV Gráfica, Construccións Simal, Asteleiros Catoira, Barbanza Golf, Eduardo Varela e Hijos S.L., Pasarela Boutique, Coca-Cola España e Cafetería Toffe.

A Arousa Norte, Circuíto de Carreiras Arousa Norte, Deputación De A Coruña, e Federación Galega Atletismo polo seu apoio a este evento.

Sen mais, invitámosvos a volver o ano que ven, ao tempo que pedimos desculpas polos fallos que se puideron cometer, en especial no referido á publicación de resultados e demora na entrega de trofeos.

Vémonos na VII edición!

Xusto Ordóñez
Concelleiro de Deporte e Patrimonio Histórico.
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Ven, 02 Nov 2018, 23:13
Asunto: Re: VI Carreira Popular Concello de Rianxo

Muy buen ambiente y organización ayer en Rianxo. Me encanta el sitio de salida/meta de la prueba, espectacular la llegada. Enhorabuena a todo el equipo organizador del evento.

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
MIOTE

Maratoniano
Maratoniano
7/04/10
500 Carreiras
293 Mensaxes
PADRON
Respostar citando Envío Mar, 06 Nov 2018, 10:28
Asunto: Re: VI Carreira Popular Concello de Rianxo

Bó día a todos e a todas, alguén tería fotos da entrada en meta dos cadetes? ao parecer houbo unha premiación errónea e non quixeron rectificar no podio. Os rapaces non son asíduos das carreiras populares e un posto 1º ou 2º ten moita repercusión para eles. É moi importante para o rapaz que lle deron o 2º premio, demostrar que foi o 1º . Él é de Rianxo e quixera demostrarlo.
smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 07 Nov 2018, 12:32
Asunto: Re: VI Carreira Popular Concello de Rianxo

En relación as clasificacións da VI Carreira Popular “Concello de Rianxo” e, en concreto, á suposta premiación errónea na categoría cadete, desde o Servizo de Deportes do Concello de Rianxo, queremos facer as seguintes precisións:

1. O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo, coa colaboración do Club Atletismo, é o responsable da organización da VI Carreira Popular “Concello de Rianxo”, celebrada o pasado 1 de novembro.

2. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e tal e como se recolle no artigo 2 do regulamento da mesma “o control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo”. Asemade, segundo o artigo 7 do mesmo regulamento, “agás os participantes nas categorías xoubas e sardiñas, os demais participantes estará controlados a través dun chip que se entregará a cada participante xunto co dorsal.”

3. A responsabilidade, entón, de elaborar as clasificacións e folla de premiacións recae nos xuíces árbitros da proba, que se apoian nos tempos aportados pola empresa cronometradora. Ditas clasificacións fanse con datos obxectivos e medibles.

4. Unha vez publicada a listaxe de premiados na categoría cadete, no que constan os tempos e os dorsais, preséntase unha reclamación aos árbitros por un suposto erro na mesma. A persoa que presenta a reclamación é atendida en primeira instancia por persoal do Servizo de Deportes que a pon en contacto cos xuíces.

5. Os xuíces, tal e como fixeron con todas as reclamacións, revisaron os seus datos que cotexaron cos tempos aportados pola empresa cronometradora, e, no exercicio das súas funcións, deciden desestimar dita reclamación, mantendo a clasificación inicial. As clasificacións e os tempos están publicados en emesports.es, nas páxinas da Federación Galega de Atletismo e do Concello de Rianxo.

6. O Servizo de Deportes acata e remítese á folla de premiación aprobada polos xuíces, continuando coa entrega de premios.

7. Desde o remate da proba non se ten coñecemento de que se presentara ningunha reclamación perante a Federación Galega de Atletismo.

8. Por último, queremos manifestar que desde o Servizo de Deportes do Concello de Rianxo poñemos todo o noso cariño e profesionalidade para que Rianxo teña unha Carreira Popular ben organizada e recoñecida, na que as persoas participantes e o público disfruten e queden satisfeitas con esta festa do deporte. Somos sabedores de que sempre hai erros e cada ano traballamos para mellorar pero debémonos ao regulamento da proba, non tratándose de querer ou non querer rectificar nin de prexudicar ou beneficiar a ninguén de xeito consciente, senón de asumir as funcións e as decisións dos que teñen a potestade para tomalas.

Xusto Ordóñez Figueira
Concelleiro de Deportes e Patrimonio Histórico
Concello de Rianxo
MIOTE

Maratoniano
Maratoniano
7/04/10
500 Carreiras
293 Mensaxes
PADRON
Respostar citando Envío Xov, 08 Nov 2018, 16:47
Asunto: Re: VI Carreira Popular Concello de Rianxo

Moitas grazas pola aclaración





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos