Foros ›
Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas
Foros de debate / Diarios de adestramento
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
JuanBellas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/08/18
8 Carreiras
110 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Lun, 10 Set 2018, 21:55
Asunto: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Diario de Noa....Diario de Noa.....esta é a proba irrefrutable de que, incluso as túas películas favoritas poden atacar por detrás e con alevosía... Moi feliz

Ben....ao allo Guiño

Eu, que sempre ando comentando a necesidade de compartir todo aquilo que vamos descubrindo/facendo nisto de Internet, e que procuro levar á práctica, ben sexa nun blog de recetas de cociña ( www.recetasbellas.com ), ben nun blog de GNU/Linux que agora teño parado pero que espero retomar pronto, ben calqueira das outras facetas que vou experimentando no meu día a día (temas sobre a preparación do café, a fotografía ou as apostas deportivas), xa estaba tardando en poñerme a compartir con todos vos as miñas andanzas diarias de entrenamentos.

Neste punto teño que decir que si algo teño claro é que a min gústame facer as cousas da maneira mais completa posible, o que levado ao tema que nos ocupa fai que procure entrenarme de forma que toque a maior variedade que poida en canto á forma de saír a correr cada día.

Digamos que non persigo un obxetivo concreto, como unha marca determinada, ou acabar a media maratón (este ano será a miña primeira na Adolfo Ros) por debaixo dun tempo determinado.

Son mais da idea de tratar de mellorar como corredor en tódolos aspectos o que, sen dúbida, traerá melloras nos tempos e ritmos que vaia sendo capaz de abarcar.

Aparte de que esa forma de encarar esa pelexa diaria de saír a correr fáiseme mais amena, menos monótona, o cal tamén contribúe a que sexa capaz de manter a ilusión no tempo.

De esa forma trato de facer variedade ao longo da semana, sabedor de que non sempre vou a poder levar este plan a cabo, xa que están outros factores externos que son difíciles de controlar, como o tempo meteorolóxico, o cansancio que un vai acumulando (xa son 52 tacos ao lombo....), ou que hai días que surxen outras ocupaciós que fai imposible saír a correr.

Pero bueno....sempre que poida procurarei manterme na liña que marco desde un principio, sabedor que na constancia está parte do éxito de conseguir avanzar ou non nas nosas marcas e, polo tanto, na nosa propia felicidade.

A idea é realizar un día de series, outro de cambios de ritmo, e outro de costas e velocidade punta en tramos curtos.

Iso serían tres días, nunca seguidos entre sí. Logo está a opción de deixar días de descanso entre eles ou, que é o que quero facer eu, dedicarme a traballar algo de forza na casa con pesas por 1 hora mais ou menos, para logo saír a facer cardio suave por outra hora.

Desa maneira hoxe empecei a facer o primeiro día da semana, na que traballei series.

Normalmente fago 4x400 a ritmo de 3:40-4:00, logo 2x800 a ritmo de 4:00-4:20, e 4x400 a ritmo de novo de 3:40-4:00.

Digo "normalmente", pero é que ata este verán tampouco era eu demasiado constante nestas cousas.

Pero non sei...debin pegar un pau cunha pedra na cabeza que, dunhas semanas para aquí ando plenamente convencido de querer mellorar como corredor en tódolos aspectos...e nesas ando...

Antes de empezar as series aplico un quentamento basado en correr prim eiro uns 2 kms. a ritmo moi suave (5:50 min/km máis ou menos), seguido duns estiramentos dinámicos, como explican aquí: www.youtube.com/watch?v=CHs1LDgdOhA , para continuar cunhos 500 mmetros ao ritmo que teño pensado correr a continuación. Como neste caso eran series a 3:40, pies 500 metros a ese ritmo.

E ben....que tampouco quero eu daros un ladrillo na miña primeira introducción.

Mañá tocará traballar na casa un pouco coas pesas e banco de exercicios, para logo continuar con 1 hora de carreira continua que favorece a nosa capacidade de aguante nas carreiras.

Ben....pois isto é todo por hoxe.

Vémonos mañá, compañeir@s de fatigas! Guiño
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
393 Carreiras
3399 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Lun, 10 Set 2018, 21:57
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Bienvenido a los diarios y gracias por compartir tus andanzas,será un placer leerte
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
1834 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 11 Set 2018, 5:59
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

gracias por compartir

Blog: fediverse.blog/~/Rexis...eCorredora - Porta ao fediverso: https://social.fitopen.org/about
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2413 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 11 Set 2018, 7:25
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

So se pode agradecer que un queira compartir as súas aventuras cos demáis foreiros. Ademáis da gusto non se un único TIC do foro. O diario é unha maneira de xerar un pouco de presión e constancia, nos momentos que non apetece, pero tas como contas, a constancia e as gañas xa van de serie. Con esas gañas, e esa planificacións, os resultados virán sos, e seguramente moito antes do que crees. Pero pasiño a pasiño, isto é un deporte que se mellorar durante moitos anos.
Seguimos léndote. Sorte.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1067 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mar, 11 Set 2018, 8:39
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Benvido os diarios JuanBellas! Aplauso
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
533 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Set 2018, 10:18
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Benvido. Ánimo e sorte cos entrenos.
Saudos.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
2950 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Set 2018, 15:30
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Bienvenido a los diarios.

Cuando dices "A idea é realizar un día de series, outro de cambios de ritmo, e outro de costas e velocidade punta en tramos curtos", suena bien, pero hecho en falta los rodajes largos aunque sean más relajados. En qué distancia te quieres centrar? Porque a mí eso me suena a que quieres darle mucho gas a distancias "cortas", no sé, 5 km quizás?

Lo que cuentas de como haces las series está bien. Yo lo que hago después de calentar (que suelo calentar más distancia que 2 km, pongamos 4-5, también muy de relax), son 3-4 progresiones en rectas de unos 100 m, en vez de lo que haces tú de 500 metros a ritmo de serie. Muy bien lo de los estiramientos dinámicos, (hay gente que no los hace Silbar ). Qué descanso haces entre series? Bueno, yo te comento esto para intentar ayudar desde mi conocimiento y experiencia, pero en el foro hay gente que controla más.

Bueno, pues eso, bienvenido.
JuanBellas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/08/18
8 Carreiras
110 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Mar, 11 Set 2018, 16:43
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Antes de nada, grazas a todos polas vosas palabras.

corredor101 escribió:
Bienvenido a los diarios.

Cuando dices "A idea é realizar un día de series, outro de cambios de ritmo, e outro de costas e velocidade punta en tramos curtos", suena bien, pero hecho en falta los rodajes largos aunque sean más relajados. En qué distancia te quieres centrar? Porque a mí eso me suena a que quieres darle mucho gas a distancias "cortas", no sé, 5 km quizás?

Lo que cuentas de como haces las series está bien. Yo lo que hago después de calentar (que suelo calentar más distancia que 2 km, pongamos 4-5, también muy de relax), son 3-4 progresiones en rectas de unos 100 m, en vez de lo que haces tú de 500 metros a ritmo de serie. Muy bien lo de los estiramientos dinámicos, (hay gente que no los hace Silbar ). Qué descanso haces entre series? Bueno, yo te comento esto para intentar ayudar desde mi conocimiento y experiencia, pero en el foro hay gente que controla más.

Bueno, pues eso, bienvenido.

Realmente as rodaxes longas teño pensado metelas entre eses días de series, cambios de ritmo e costas.

Por exemplo, onte empecei a semana con series, pois hoxe tocará rodaxe longo, mañá cambios de ritmo, pasado novamente tirada longa e o venres costas.

Xa digo que esa é a intención, aínda que son consciente de que haberá veces que non poida cumprir ese programa claro. Todos temos outras ocupaciós na nosa vida.

O de centrarme nunha distancia tampouco o teño claro, é sei que iso rema na miña contra, ppero é que non soio correr unha única distancia.

Dentro de 15 días temos en Narón a carreira de Asotrame, que son 5 km, pero logo ven a de Sada, que son 10....por iso non vexo eu como podría orientarme a unha distancia concreta, xa que me gusta correr nas carreiras que vaian saíndo e que eu poida acudir.

Por non falar da memdio maratón de Decembro....

De ahí que pretenda mellorar un pouco de forma xeral non algo concreto, aínda que sí teño que decir que, desde sempre, desde cativo déuseme ben a velocidade, mais que o fondo, e iso é algo que noto nas carreiras que vou facendo, que sempre teño ese punto de velocidade no último km. que me permite adiantar varios postos.

Falando con outros compañeiros, eles dinme que son ao revés, mais ben de apretar polo camiño e acabar "como poidan".

Supoño que será algo, salvando as distancias lóxicamente, como eses corredores profesionais, que uns teñen millor recta final, e outros mais ritmo intermedio...

O de quentar mais distancioa que os 2 km. tamén o pensei, pero entendía que a ritmo de casi 6 min/km íbame a dar moito tempo, cando desta maneira ando nos 11-12 minutos de trote suave, o cal paréceme suficiente. Pero supoño que ahí cada un facerá da maneira que más lle convenza, claro.

Si che son sincero, o dos 500 m. saleu, mais que nada, porque desde donde estou facendo os estiramentos ata donde empezo as series hai esa distancia, e tras correla a 3:40 min/km, pareceume suficiente. Pero tamén supoño que será algo que poida ir variando no tempo.

O dos estiramentos dinámicos si que me parece algo innegociable. Todo o mundo debería facelos, dunha maneira ou de outra, da que mellor se identifique, pero facelos.

O descanso entre series é de minuto e medio entre series de 400 m., e dous minutos entre as de 800 m. antes e agora 1000 m.

E moi agradecido que che estou que comentes as túas impresiós.

Grazas! Guiño
JuanBellas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/08/18
8 Carreiras
110 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Mar, 11 Set 2018, 16:48
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Outro detalle para non poder cumprir tódalas semanas con ese plan está no meu desexo de acudir a tódalas populares que poida, o cal limita os días a entrenar.

Pero bueno...irase facendo o que se poida Guiño
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
2626 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Set 2018, 18:12
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Benvido Juan a los diarios.
JuanBellas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/08/18
8 Carreiras
110 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Mar, 11 Set 2018, 20:21
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

freakyrunning escribió:
Benvido Juan a los diarios.

Grazas!
JuanBellas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/08/18
8 Carreiras
110 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Mar, 11 Set 2018, 20:51
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Diario de adestramento // Martes 11 de Setembro // Día 2

Hoxe era un día especial xa que estreaba as Adidas Solar Boost que me acababan de chegar por correo, xa que aquí nas tendas era imposible conseguilas.

Xa vos irei contando que tal, pero a primeira impresión foi que cando as quixen poñer, parecía que costaba poñelas, que me iban a quedar moi apretadas, vamos. Nada mais lonxe da realidade. Supoño que será esa nova tela que recubre o empeine, pero acaban amoldándose coma un guante ao teu pé.

En principio todo ben. A súa propia feitura fai que tendas a talonear menos, outra das cousas que quería ir correxindo pouco a pouco, e que procuro ir pisando de medio pé xa no propio quentamento, que é donde soemos talonear mais, ao ir mais lentos.

Pero pisar dunha forma mais avanzada fai que corras mellor, mais e mellor.

Bueno, pois hoxe tocaba un pouco de gym na casa traballando un pouco distintos grupos musculares, empezando por abdominales, tanto superiores, coma inferiores e laterais, para logo empezar con esta taboa que vos deixo aquí, é que, como teño pensado traballar dous días á semana a forza, pois cada día traballo a mitade desa taboa.

Tras unha hora dándolle aos ferros, saín ao paseo marítimo para, primeiramente quentar por espazo duns 20 minutos e logo facer unha tanda longa dunha hora de duración a ritmo suave de 5 min/km.

O de ritmo suave refírese, mais ben ás pulsaciós por minuto, nese caso entorno a 150-153.

Se tedes Strava no móvil, aquí tedes as sesiós:

-Quentamento previo: www.strava.com/activit...1835229875

-Tanda larga: www.strava.com/activit...1835230904

Un detalle que si quería reseñar é referente aos calcetís, si eses olvidados da rutina diaria. Moito falar de tenis....de reloxios GPS....de apps móviles....pero acabo de entender o porqué da composición dos calcetís.

Xa traía a lección aprendida coas camisetas, con aquelas primeiras que usaba de algodón de cando iba ao ximnasio e logo corría saía a correr.
Ao terminar por momentos entrábanme ganas de cortar a camiseta cunhas tixeiras por non poder case nin sacala do pegada que estaba ao corpo polo sudor.

Foi coñecer as camisetas técnicas.....e nunca xamais....

Pois cos calcetís pasa algo similar.

Eu tiña varios pares comprados no Decathlon (Kalenji, ADidas, Nike...) ou en Alcampo (Dunlop....Puma....). Pero claro....levan algodón como maior compoñente, ata un 75%, có que ao rematar de correr, os pes estaban encharcados de sudor e tamén costaba, non tanto como no caso das camisetas, pero costaba sacalos.

Bueno....pois resulta que atopei en Alcampo uns da marca Joma cunha composición de 75% poliester e 25% elastán....e vaia diferenza.

Cando acabas de correr, non vou a decir que os pés están secos como ao comenzo....pero casi. Aparte de que, acostumbrado como estaba as dificultades de sacar os de algodón, fixen a mesma forma, de maneira inconsciente con estes. Consecuencias: saíronme disparados, e non é broma, pola facilidade con que se sacan.

Se todavía non estades usando este tipo de calcetís e seguides cós de algodón....xa estades tardando en cambiar.

Notarédelo moito, pero moito.

Bueno, pois seguímonos lendo compañeir@s de fatigas.

Mañá mais, ppero non mellor, que iso é imposible, como di o Wyoming Guiño
Papa-Léguas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/10/11
0 Carreiras
1872 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Mar, 11 Set 2018, 21:52
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

¡Bravo! La tasa de natalidad de los diarios sigue gozando de una salud envidiable.




Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
40 Carreiras
2495 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 11 Set 2018, 22:16
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Benvido ós diarios, Juan. Sempre está ben que nos contaxien de motivación e actividade.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
2950 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 12 Set 2018, 18:23
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Vale, está bien. Lo de los calcetines técnicos tienes razón. Ayudan también a evitar ampollas. Yo me decidí definitivamente por usar calcetines técnicos el primer invierno que me tomé en serio lo de correr y me compré mallas largas, porque con los calcetines de algodón donde coincidía con las mallas me salían granitos del sudor.

Por otro lado: series, cambios de ritmo, cuestas, rodajes largos, carreras populares...vale, vale, pero acuérdate de descansar de vez en cuando que es muy importante.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos