Foros ›
XX Media Maratón Vig-Bay 07/04/2019
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
1928 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Ven, 01 Feb 2019, 14:20
Asunto: Re: XX Media Maratón Vig-Bay 07/04/2019

saric escribió:
Boas, unha pregunta un pouco de canto. Tentarei que sexa a miña primeira Vigbay, algunha suxerencia de con quen adestrala?. Graciñas.

up!
pantasma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/12/13
0 Carreiras
254 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Mar 2019, 18:43
Asunto: Re: XX Media Maratón Vig-Bay 07/04/2019

Boas!!!!
Falta menos dun mesmo para a carreira e o fío do maratón comeuse a este.
Eu volto este ano, a última vez que a corrín foi no 2014, e dixen que non volvia.... E aquí estou.... Outra vez inscrito....jajajajajaja.
Espero que mellorara sobre todo a saída, xa que os que saímos de atrás nos topamos con grupos, selfies, videos, xente falando.... Pero eso e máis culpa nosa que da organización.
Bueno, a ver si nos acompaña o tempo e a forma e podemos disfrutar da carreira.
Un saudo
Kurty

Super Veterano
Super Veterano
26/03/05
343 Carreiras
2913 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 09 Mar 2019, 16:20
Asunto: Re: XX Media Maratón Vig-Bay 07/04/2019

Tes razón pantasma, este tema está máis que parado, eu esta media e xunto ca de Viana a que corrín en máis ocasións, 11 veces en total. Espero o día 07 de Abril, desfacer o empate.
A día de hoxe xa hai case que 2300 inscritos, eu agardarei ao 19/20 deste mes para inscrbirme, xa que despois cambia a tarifa.
Respecto ao da saida, non hai nada que facerlle, se somos nos os que nos colocamos mal na saida, eu na edición do 2016, estaba saindo dunha lesión, e coloqueime no lugar que me correspondía por dorsal e via por diante miña xente nas actitudes que comentas e que se intuia que non ian poder correr a ese ritmo, así foi, paseime toda a carreira adiantando corredores, nos primeiros Kms. atascado e despois podendo correr en condicións.
pantasma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/12/13
0 Carreiras
254 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 10 Mar 2019, 20:32
Asunto: Re: XX Media Maratón Vig-Bay 07/04/2019

En carreiras como esta se nota máis, a min me gusta salir un pouco atrás por un tema de cabeza, o ir adiantando xente faime un efecto placebo, jajajajajaja. Pero a verdade e que e moi engorroso, arranca ,para, para un lado, para o outro....
Agora esperemos que nos acompañe o tempo e poidamos desfrutar do día.
Un saúdo
eldruida

Novo foreiro
Novo foreiro
6/11/16
7 Carreiras
13 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 19 Mar 2019, 11:55
Asunto: Re: XX Media Maratón Vig-Bay 07/04/2019

Moi boas, estou plantexándome facer a miña primeira media aquí. A verdade é que non teño entrenado específicamente esta distancia, normalmente corro 10k como moito. Pero como acabei ben o 10k de Porriño e a VigBay pasa por diante de onde vivo pois teño gañas de probar. ¿Cómo o vedes?
Se non é o foro adecuado, agradeceria que me indicásedes onde podo poñer esta mensaxe. Moitas grazas!
Amina

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
1/09/14
0 Carreiras
2230 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 19 Mar 2019, 13:11
Asunto: Re: XX Media Maratón Vig-Bay 07/04/2019

Moi boas Eldruida,

a verdade é que para estrenarte na distancia elexiches unha media durecha, pero todo o que ten de dura, supérao con creces a espectacularidade da carreira, a boísima organización, a alta participación de corredores e o público animando.

Se estás pensando en participar, estaría ben que fixeras algunha tirada máis longa de 10 km. Máis que nada porque se non ese día, a partires do km 10 será eterno para ti.

Non te arrepentirás, pero corres o risco de querer repetir ao ano que ven Guiño
eldruida

Novo foreiro
Novo foreiro
6/11/16
7 Carreiras
13 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 19 Mar 2019, 14:06
Asunto: Re: XX Media Maratón Vig-Bay 07/04/2019

Amina escribió:
Moi boas Eldruida,

a verdade é que para estrenarte na distancia elexiches unha media durecha, pero todo o que ten de dura, supérao con creces a espectacularidade da carreira, a boísima organización, a alta participación de corredores e o público animando.

Se estás pensando en participar, estaría ben que fixeras algunha tirada máis longa de 10 km. Máis que nada porque se non ese día, a partires do km 10 será eterno para ti.

Non te arrepentirás, pero corres o risco de querer repetir ao ano que ven Guiño
Grazas pola resposta! Xa teño feito algunha tirada máis longa e parte do traxecto xa o coñezo xa que entreno por ahí. A dúbida que teño é no ritmo que me poido permitir, o fin de semana pasado acabei os 10K en 43:30 e estaba pensando en facer a media en 1:40, ¿son moi optimista?
Kurty

Super Veterano
Super Veterano
26/03/05
343 Carreiras
2913 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 19 Mar 2019, 20:16
Asunto: Re: XX Media Maratón Vig-Bay 07/04/2019

eldruida escribió:
Moi boas, estou plantexándome facer a miña primeira media aquí. A verdade é que non teño entrenado específicamente esta distancia, normalmente corro 10k como moito. Pero como acabei ben o 10k de Porriño e a VigBay pasa por diante de onde vivo pois teño gañas de probar. ¿Cómo o vedes?
Se non é o foro adecuado, agradeceria que me indicásedes onde podo poñer esta mensaxe. Moitas grazas!

Normalmente a diferencia de ritmo entre un 10 K. e unha media oscila entre 10/15 segundos por Km., máis cerca dos 15" que os 10" é o habitual, a diferencia de ritmos que pos ti saen 23 segundos, poderían ser suficientes, pero todo depende das tiradas longas que fixeches ata onde chegaste en distancia.
Ainda estás a tempo de facer varias tiradas máis longas do habitual e poder rematala en 1h39'59' que queda mellor Moi feliz
E despois cada persoa é unha incognita como pode reaccionar.
Sorte é un saudo.
Kurty

Super Veterano
Super Veterano
26/03/05
343 Carreiras
2913 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 19 Mar 2019, 20:30
Asunto: Re: XX Media Maratón Vig-Bay 07/04/2019

Eu acábome de inscribir, xa que mañán día 20 é o derradeiro día a 20€, e para evitar imprevistos xa o fixen, neste intres 3116 na media e 1238 na maratón.
eldruida

Novo foreiro
Novo foreiro
6/11/16
7 Carreiras
13 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 19 Mar 2019, 20:33
Asunto: Re: XX Media Maratón Vig-Bay 07/04/2019

Kurty escribió:
eldruida escribió:
Moi boas, estou plantexándome facer a miña primeira media aquí. A verdade é que non teño entrenado específicamente esta distancia, normalmente corro 10k como moito. Pero como acabei ben o 10k de Porriño e a VigBay pasa por diante de onde vivo pois teño gañas de probar. ¿Cómo o vedes?
Se non é o foro adecuado, agradeceria que me indicásedes onde podo poñer esta mensaxe. Moitas grazas!

Normalmente a diferencia de ritmo entre un 10 K. e unha media oscila entre 10/15 segundos por Km., máis cerca dos 15" que os 10" é o habitual, a diferencia de ritmos que pos ti saen 23 segundos, poderían ser suficientes, pero todo depende das tiradas longas que fixeches ata onde chegaste en distancia.
Ainda estás a tempo de facer varias tiradas máis longas do habitual e poder rematala en 1h39'59' que queda mellor Moi feliz
E despois cada persoa é unha incognita como pode reaccionar.
Sorte é un saudo.
Grazas pola resposta! A tirada máis longa foi a de correr unha hora a un ritmo de 4:50 (sen forzar moito). Probarei mañán a facer 15K e, vendo as sensacións que teña, valorarei facer a inscrición...
Kurty

Super Veterano
Super Veterano
26/03/05
343 Carreiras
2913 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 19 Mar 2019, 20:43
Asunto: Re: XX Media Maratón Vig-Bay 07/04/2019

Unha hora a 4:50, ven a ser caseque 12'5 Kms.
Eu faría 14'5 esta semana a 5' e para a semana chegaría ata os 16 Kms, pero hai unha cousa ben clara, na 1ª media, o máis importante é rematala con boas sensacións, os obxetivos de marca para as seguintes medias.

Y esta media, é das mellores que se poden correr.
eldruida

Novo foreiro
Novo foreiro
6/11/16
7 Carreiras
13 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 19 Mar 2019, 20:51
Asunto: Re: XX Media Maratón Vig-Bay 07/04/2019

Kurty escribió:
Unha hora a 4:50, ven a ser caseque 12'5 Kms.
Eu faría 14'5 esta semana a 5' e para a semana chegaría ata os 16 Kms, pero hai unha cousa ben clara, na 1ª media, o máis importante é rematala con boas sensacións, os obxetivos de marca para as seguintes medias.

Y esta media, é das mellores que se poden correr.

Dicía o de probar mañán polo precio reducido da inscrición, que é ata o día 20. Mañán comento qué tal me vín. Grazas de novo!
eldruida

Novo foreiro
Novo foreiro
6/11/16
7 Carreiras
13 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 20 Mar 2019, 21:07
Asunto: Re: XX Media Maratón Vig-Bay 07/04/2019

Boas de novo: pois, como xa dixera onte, probeime cunha carreira de 15 km, para ver como me iba o tema. E, despois de facelo, coméntovos un pouco:

* Quentamento 2.5 km, a 5:00-5:10 acabando en Samil. Estiramentos 5 min (é pouco, xa o sei).
* Empecei a proba a un km da liña de saída teórica (o derruido Hotel Samil). Así que fun ata o km 0, din a volta e fun sumando kms dirección Nigrán. En total fixen ata o km 8 do percorrido da VigBay (xa correra 9 km) e ahí din volta para casa.
* Estos foron os parciais: ritmo medio 4,44 min/km, acabando non moi cascado.
1 4:54 4:54
2 4:50 9:43
3 4:45 14:29
4 4:37 19:05
5 4:54 24:00
6 4:52 28:51
7 4:51 33:42
8 4:39 38:21
9 4:39 43:01
10 4:40 47:41
11 4:45 52:25
12 4:29 56:54
13 4:41 1:01:35
14 4:36 1:06:11
15 4:44 1:10:54

Hai que ter en conta que parece que fixen a parte máis dura da proba e que acabei picando para arriba ....

Un dos problemas que teño é que non dou sacado tempo para adestrar (nenos pequenos) e haberá semanas en que só poida adestrar unha vez o dúas con moita sorte.

¿Cómo o vedes?, ¿hai posibilidades de rematar a proba (sabendo que tampouco vou poder adestrar moito)? ¿e rematar nese tempo? Agradezo moito as vosas respostas (e se son antes da medianoite de hoxe, mellor)!!

Un saúdo.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2580 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 20 Mar 2019, 21:49
Asunto: Re: XX Media Maratón Vig-Bay 07/04/2019

Eu digoche que si, pero con cabeza, e de menos a máis, con calma.
Kurty

Super Veterano
Super Veterano
26/03/05
343 Carreiras
2913 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 20 Mar 2019, 22:19
Asunto: Re: XX Media Maratón Vig-Bay 07/04/2019

Eldruida, apúntate, en principio non debes ter problema, se fixeches 15 a 4:44 e non acabaches tocado.
Pero o que te di Sanmikel, non te quentes nos primeiros kms., hai que tentar ir de menos a máis.

Respecto aos adestramentos, é mellor sair menos días e procurar cando saias facer máis Kms., hai que ter en conta que a Vig/Bay córrese en só 18 días.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos