Foros ›
IX Milla Porriñesa Festas do Cristo - O Porriño (28/09/18)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Club_Atletismo_Porriño

Organización
Organización
16/09/10
0 Carreiras
174 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 09 Set 2018, 22:45
Asunto: IX Milla Porriñesa Festas do Cristo - O Porriño (28/09/18)

Este ano faremos a IX edición da Milla Porriñesa, e molaríanos moitísimo que vos achegásedes.

De inicio, como tódolos anos, faremos unha milla no centro urbano da vila, o venres 28 de setembro de 2018. O horario de comenzo das probas será ás 18:00 h..

Faremos unha carreira urbana de 100, 400 e 800 metros para os cativos e 1.609 metros (1 milla) para as categorías maiores de 15 anos, que terá unha proba popular e outra élite.
As categorías inferiores non precisan de inscrición, tan só teñen que estar na liña de saída á hora do comezo da proba.

A inscrición é de balde.

Tedes toda a info aquí

Veña, anotade a data e non faltedes....
Vémonos por alí.

Un saúdo.
Club Atletismo Porriño
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Set 2018, 6:37
Asunto: Re: IX Milla Porriñesa Festas do Cristo - O Porriño (28/09/18)

Inscrito! Carreira máis que recomendable. Creo que hoxe finaliza o prazo para os maiores de 15 anos!
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Xov, 27 Set 2018, 7:53
Asunto: Re: IX Milla Porriñesa Festas do Cristo - O Porriño (28/09

Por si alguien no se animaba pensando que una milla es muy rápida y suele haber mucho nivel competitivo y tal, ya me he apuntado yo para rebajarlo. Nos vemos mañana (por donde el chimpín de cierre).

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
Club_Atletismo_Porriño

Organización
Organización
16/09/10
0 Carreiras
174 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 27 Set 2018, 10:16
Asunto: Re: IX Milla Porriñesa Festas do Cristo - O Porriño (28/09

DoctorSlump escribió:
Por si alguien no se animaba pensando que una milla es muy rápida y suele haber mucho nivel competitivo y tal, ya me he apuntado yo para rebajarlo. Nos vemos mañana (por donde el chimpín de cierre).

Jajaja. Hai para tódolos públicos, por iso facemos unha carreira élite e outra popular.
Vémonos mañá.
Saúdos!!.
Club_Atletismo_Porriño

Organización
Organización
16/09/10
0 Carreiras
174 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 27 Set 2018, 10:18
Asunto: Re: IX Milla Porriñesa Festas do Cristo - O Porriño (28/09

Como ó longo desta mañá estamos a recibir chamadas de xente que se despistou un pouco da data de peche da Milla Porriñesa, decidimos abrir as inscricións o mesmo día da proba. Será tan só de 17:00 a 17:30 h..
Saúdos.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos