Foros ›
Sorteo 1 dorsal para Riveira-Santa Uxía (29/9/18): PECHADO
Foros de debate / Arquivo sorteos 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 26 Ago 2018, 0:40
Asunto: Sorteo 1 dorsal para Riveira-Santa Uxía (29/9/18): PECHADO

Sorteo de dorsais para a carreira:
CCArousa Norte Riveira - Santa Uxía
(só para esta carreira, non para o circuíto)
Sábado 29 de setembro de 2018


Que se sortea?
1 dorsal

Como participar?
Explícase no regulamento

REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar e data de celebración: Riveira, sábado 29 de setembro de 2018.
Web da carreira: http://emesports.es/event/iii-circuito-de-carreiras-arousa-norte-2018/
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=5912&date=20180929
Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=Forums&file=viewtopic&t=20826

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o domingo 26 de 2018 ao xoves 30 de agosto de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 30 de agosto. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio da data do sorteo e que estén dados de alta no Circuíto 2018-19. Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 26 de agosto ata as 23:59 do 30 de agosto). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Xov, 30 Ago 2018, 22:04; editado 1 vez
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 28 Ago 2018, 12:25
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Riveira-Santa Uxía (29/9/18): ata

Imos seguir pobando a sorte.
Gustaríame participar en Ribeira, xa que ainda que é unha cidade que me queda cerca da miña casa, só puiden participar en 2 ocasións na mesma, no ano 2007, cun circuito totalmente distinto, con saida e chegada na Fieiteira e a outra edición no 2011, que debe ser un circuito similar a o de agora, moi chanciño e urbano.

Se non me toca o dorsal, salvo causa de forza maior hei de participar.
cerqueiro9

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/10/11
0 Carreiras
68 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 30 Ago 2018, 10:05
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Riveira-Santa Uxía (29/9/18): ata 30/8

Ola, gustariame participar no sorteo. Pois xa fai anos que non participo nesta carreira, e a teño un pouco olvidada, por ese motivo gustariame volver a participar. Saudos
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 30 Ago 2018, 12:01
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Riveira-Santa Uxía (29/9/18): ata 30/8

Ola, gustaríame participar nesta carreira, aínda que nunca participei nela. Polo que escoitei falan de que é un circuito rápido, e que me gustaría probar. Gracias pola iniciativa
BaoEs

Mods
Mods
29/11/07
700 Carreiras
1637 Mensaxes
O Barco de Valdeorras (OURENSE)
Respostar citando Envío Xov, 30 Ago 2018, 12:16
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Riveira-Santa Uxía (29/9/18): ata

Hola: Me gustaría participar en esta carrera, porque parece que tiene muy buena "pinta"

ANIMO y nos vemos en RIVEIRA-Santa Uxía
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4686 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Xov, 30 Ago 2018, 13:07
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Riveira-Santa Uxía (29/9/18): ata 30/8

A mí también me gustaría participar,la hice por primera vez el año pasado,y el circuito es muy muy rápido
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 30 Ago 2018, 22:01
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Riveira-Santa Uxía (29/9/18): ata 30/8

Sorteo finalizado. Muchas gracias por participiar y mucha suerte a todos.

En breve publicaremos en este hilo los nicks de los ganadores y las instrucciones para hacernos llegar vuestros datos para la inscripción.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 31 Ago 2018, 11:08
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Riveira-Santa Uxía (29/9/18): PECHADO

Ganador: Kurty

Enhorabuena al ganador del dorsal para el CCArousa Norte Riveira - Santa Uxía (só para esta carreira, non para o circuíto) sábado 29 de septiembre de 2018

Necesitamos que enviéis un correo a la siguiente dirección de email: infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

Nombre y apellidos
Fecha de nacimiento
DNI
Localidad
Talla de camiseta
Email
Teléfono
Si estáis o no federados
Nº de federado
Club en el que estás federado

DEBEMOS RECIBIR LOS DATOS ANTES DE 48 HORAS, TRANSCURRIDAS LAS CUALES SE PERDERÁ EL DERECHO AL DORSAL Y PASARÁ A UN SUPLENTE


Link al resultado: http://www.randorium.com/es/Y8gyiK66


sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 31 Ago 2018, 11:51
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Riveira-Santa Uxía (29/9/18): PECHADO

Oiga Kurty, ¿compramos un boleto de lotaría a medias?
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 31 Ago 2018, 19:30
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Riveira-Santa Uxía (29/9/18): PECHADO

sanmikel escribió:
Oiga Kurty, ¿compramos un boleto de lotaría a medias?

Cala home, cala que xa me da vergoña sair escollido nos sorteos, mira que levo 3 de 3. Van pensar que isto está amañado. Silbar Silbar





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos