Foros ›
Sorteo 5 dorsais para Trail DepoDesafío (26/8/18): PECHADO
Foros de debate / Arquivo sorteos 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 16 Ago 2018, 2:35
Asunto: Sorteo 5 dorsais para Trail DepoDesafío (26/8/18): PECHADO

Sorteo de dorsais para a carreira:
DepoDesafío Trail
Domingo 26 de agosto de 2018


Que se sortea?
5 dorsais

Como participar?
Explícase no regulamento

REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar e data de celebración: A Cañiza, domingo 26 de agosto de 2018.
Web da carreira: https://www.depo.gal/depodesafio
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=5996&date=20180826
Enlace ao fío do foro:

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o xoves 16 de agosto de 2018 ao domingo 19 de agosto de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito domingo 19 de agosto. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio da data do sorteo e que estén dados de alta no Circuíto 2018-19. Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde os participantes deberán escribir cumprindo sempre os seguintes requisitos:
-Indicar o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.
-Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 16 de agosto ao 19 de agosto ás 23.59). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

9. A comunicación coas persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Contactarase con estas persoas exclusivamente a través dunha mensaxe privada no foro de Correr en Galicia para confirmar que aceptan o premio e solicitar os datos persoais necesarios para realizar efectiva a inscrición na carreira. É responsablidade de toda persoa participante comprobar a súa carpeta de mensaxes privados do foro nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por sonsuso o Mar, 21 Ago 2018, 10:54; editado 3 veces
malu

Foreiro infantil
Foreiro infantil
18/11/14
2 Carreiras
60 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 16 Ago 2018, 9:26
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para Trail DepoDesafío (26/9/18): ata 19/8

Bos días!
Estou pendente da inscripción o circuito de este ano e quero participar neste sorteo para poder correr pola terra dos meus avós!
Nunca participei xa que os anos anteriores tiña outra carreira e sempre me quedaba a pena de probar esta.
Creo que pode ser moi chulo polas vistas e poque non é unha distancia excesiva para os que ainda non se estrearon na montaña.
O finalizar en Cañiza hay moitos bares onde degustar un bó bocadillo de xamón asado Abraiado e salsa picante tamen teñen unha piscina muncipal moi chula para pasar a tarde e se queres mais relax, preto estan as pozas de auga quente de Prexigueiro Molón .
Danielpato

Novo foreiro
Novo foreiro
27/07/18
22 Carreiras
9 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 17 Ago 2018, 17:24
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para Trail DepoDesafío (26/9/18): ata 19/8

Boas tardes!
Estaría encantado de participar no trail! Aínda que en verano no me parecen tan espectaculares (falta barro!) Sería a miña primeira vez nun sorteo da web, a ver se hai sorte! gracias! Estou pendiente de aceptación no circuito!! Disculpas!!!


Última edición por Danielpato o Dom, 19 Ago 2018, 21:59; editado 1 vez
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Ven, 17 Ago 2018, 17:49
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para Trail DepoDesafío (26/9/18): ata 19/8

Boas Danielpato, para poder participar no sorteo tes que estar inscrito no Circuíto. Está explicado no regulamento Sorriso
xaviarnoia

Novo foreiro
Novo foreiro
17/05/13
12 Carreiras
40 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 17 Ago 2018, 21:28
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para Trail DepoDesafío (26/9/18): ata

Boas noites, deseo participar no sorteo.
Seria a miña primeira edición, levo anos intentando participar na mesma pero por diferentes motivos nunca cheguei a disputala.
Un Saudo e gracias a todos os que facedes posible Correr en Galicia.
jstsmmd

Foreiro infantil
Foreiro infantil
28/01/10
0 Carreiras
67 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 18 Ago 2018, 6:46
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para Trail DepoDesafío (26/9/18): ata

Boas!

Participo!

Tras non poder asistir ás últimas edicións desta fermosa proba, sería un pracer desfrutar de novo dela.

Saúde e sorte a tod@s!
aeom

Novo foreiro
Novo foreiro
14/01/09
0 Carreiras
24 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 18 Ago 2018, 21:31
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para Trail DepoDesafío (26/9/18): ata 19/8

Pois eu tamén quero un dorsal para correr polos montes da Paradanta!!
Pero, se non pode ser, pois será por carreiras!
Boa noite e grazas polo sorteo!!
xabierdeparada

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/11/15
666 Carreiras
174 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Dom, 19 Ago 2018, 11:28
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para Trail DepoDesafío (26/9/18): ata

Participo....

Motivo : non sair o sábado pola noite
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Dom, 19 Ago 2018, 22:02
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para Trail DepoDesafío (26/9/18): ata 19/8

Sorteo finalizado. Muchas gracias por participar. En breve publicaremos en este hilo los nicknames de los ganadores.
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Lun, 20 Ago 2018, 8:27
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para Trail DepoDesafío (26/9/18): ata 19/8

Una vez revisadas las participaciones para comprobar que cumplían los requisitos explicados en el reglamento, el equipo de colaboradores ha decidido que no es necesario realizar el sorteo. De todos los comentarios recibidos se han excluido los descritos a continuación junto con los motivos de la exclusión:

• Xabierdeparada: no ha hecho comentarios sobre la carrera (Punto 5 del Reglamento del sorteo)

Por tanto, resultan ganadores de los dorsales: Danielpato, Aeom, malu, Xaviarnoia y Jstsmmd.

Necesitamos que nos enviéis a la siguiente dirección de email infocorrerengalicia@gmail.com los siguientes datos:

• Nombre y apellidos
• Fecha de nacimiento
• DNI
• Localidad
• Talla de camiseta
• Email
• Teléfono
• Si estáis o no federados
• Nº de federado
• Club en el que estás federado

Debemos recibir vuestros datos en un plazo máximo de 48 horas. Pasado ese plazo perderéis la opción de recibir el dorsal gratuito.

Saludos!
malu

Foreiro infantil
Foreiro infantil
18/11/14
2 Carreiras
60 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 20 Ago 2018, 22:17
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para Trail DepoDesafío (26/9/18): PECHADO

tomaaaa! yujuuuu





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos