Foros ›
XXXIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO (9/9/18)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
779 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Mar, 14 Ago 2018, 8:23
Asunto: XXXIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO (9/9/18)

Boas rapaces.

Sei que algún andaba inquedo pola tardanza.... pero xa sabedes que o bo faise de rogar Mr. Green

Bueno, xa en serio. Este ano tomouse o tema cun "chisquiño" de retraso, pero xa está en marcha.
Un ano máis, vou a colaborar (xunto cun feixe de persoas maís) coa organización da Carreira Popular de Meaño.
O que vos podo dicir polo de agora é que todo vai seguir basicamente igual... é dicir: VAI SER UNHA PROBA DE BALDE (gratuíta, para quen non entenda)

Coma sempre, en canto saiba máis ireino pondo por aquí. E tamén vos resolverei as dúbidas que poidades ter (se está na miña man, claro).

Ide reservando a data!!!!

Deica logo.

Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2343 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 14 Ago 2018, 12:02
Asunto: Re: XXXIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO (9/9/18)

Bravo @Marcos, xa era hora de aparecer por aqúi, tes que ler os privados...
Aquí un que non faltará. Aplauso Aplauso Aplauso
---

XXXIV Carreira Popular Concello de Meaño
Data: Domingo 9 de setembro
Hora: 11:00
Lugar: Praza da Feira (Meaño)
Inscricións: Championchipnorte (aberto en breve)
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2343 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 14 Ago 2018, 14:14
Asunto: Re: XXXIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO (9/9/18)

Vou a pemitirme copiar aquí un artigo histórico da Carreira de Meaño, publicado por a asociación G.A.M. no seu blog.

Conta a historia da carreira dende o ano 1985.
A min me resultou moi interesante e curioso, poucas carreiras teñen tan claro a súa historia e o seu crecemento. XXXIV Edicións levan con este ano.

Historia da Carreira Popular de Meaño


xoixe

Experto no foro
Experto no foro
23/08/05
100 Carreiras
3293 Mensaxes
CAMBADOS
Respostar citando Envío Sáb, 18 Ago 2018, 14:50
Asunto: Re: XXXIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO (9/9/18)

Meaño coa sua 34 edición fan que Xoixe siga sumando aqui carreiras consecutivas, sen perderse ningunha, por algo será. Esta vai ser a miña XVI Mr. Green carreira Popular de Meaño Moi feliz Moi feliz Moi feliz consecutiva, ano tras ano, todas sejidiñas. Fiel a esa carreira por moitisimos motivos. 16 anos seguidos dinse moi rápido pero mais rapido quero facer eu esta carreira, sempre coa mente en mellorar a miña marca aqui, a pesar de que os anos non perdoan e con 47 tacos agora quero mellorar o que fixen con 37, esos 23m23seg a ritmo de 3m42seg. ¿Dificil? Si. ¿Imposible? Noooooooon Bailar Bailar Bailar Bailar Bailar A ilusión nunca se perde...

Dios dea salú, que sobra onde destrajala...
vizor

Maratoniano
Maratoniano
5/01/14
0 Carreiras
334 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 18 Ago 2018, 19:53
Asunto: Re: XXXIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO (9/9/18)

Como siempre gran carrera la de Meaño, para mi la inprenscindible en mi calendario, 5 años corriendo y 5 participacion consecutiva en Meaño, para mi ya es como la carrera de casa!!!
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
779 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Ven, 24 Ago 2018, 12:54
Asunto: Re: XXXIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO (9/9/18)

Boas.
Sanmikel, Vizor e Xoixe moitas gracias pola vosa fidelidade.

Xa está aberta a inscrición.
Inscrición XXXIV Carreira Popular Concello de Meaño

Recórdovos que un ano máis a proba é de balde, o que supón un gran esforzo económico por parte do Concello. Só se pide que cada un de vos traia un quilo de alimento non perecedoiro para axudar ó Programa de Emerxencia Social do Concello de Meaño. Desgraciadamente segue habendo familias que precisan de axuda.
Teño que dicir que o ano pasado a aportación estivo por debaixo do esperado.
Un quilo de alimento custa moito menos que a inscrición en calqueira outra proba, e ademais é para unha fin social.
Esperamos o mellor de todos vos.

Nos vindeiros días irei poñendo a información habitual da carreira (mapas, perfiles, fotos.... e se teño tempo un vídeo do percorrido).

Saúdos.

Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2343 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 27 Ago 2018, 9:19
Asunto: Re: XXXIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO (9/9/18)

Boas Marcos ,tes razón, en facer incapé na doazón de alimentos, a min o ano pasado pasouseme, ainda que arranxei con un amigo, que levaba de máis. Este ano o compenso.
Por certo che mandei un privado, que agora non saen os avisos.
Un saúdo.
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
779 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Mar, 28 Ago 2018, 17:42
Asunto: Re: XXXIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO (9/9/18)

Moi boas.
Onte tivo lugar a presentación da XXXIV Carreira Popular Concello de Meaño ante os medios de comunicación. Coma é habitual Lourdes Ucha, alcaldesa de Meaño, conduceu o acto no marco incomparable da Quinta de San Amaro.
Como atletas convidados estiveron o vixente campión da proba, Víctor Riobó, e a xoven atleta Raquel Meaños, unha das millores promesas do atletismo feminino galego.
Quero agradecerlles públicamente o apoio a esta proba e as palabras que tiveron para a organización.
Sodes uns cracks!!

Deixovos unhas poucas fotos do evento.


Folletos da proba xunto co novidoso trofeo obra de Mar Barral


Raquel Meaños, Lourdes Ucha (alcaldesa) e Víctor Riobó


Representantes das casas comerciais (Super Lage e Paco&Lola), atletas (Víctor Riobó e Raquel Meaños), alcaldesa (Lourdes Ucha) e Mar Barral (deseñadora do trofeo)


Víctor Riobó e Raquel Meaños pousando co trofeo desta edición

Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
779 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Sáb, 01 Set 2018, 8:02
Asunto: Re: XXXIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO (9/9/18)

Moi boas.
Como o prometido é débeda, déixovos por aquí un vídeo do circuíto da carreira para os que non a corréchedes nunca.
Tedes que perdoar a luz.... é cando tiven tempo para grabar (pero así a luz é máis bonita).
Teño que dicir que esta semana houbo moita xente entrenando (e non precisamente de Meaño). Así me gusta.



Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es
aeiou

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/09/12
0 Carreiras
150 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 02 Set 2018, 17:20
Asunto: Re: XXXIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO (9/9/18)

Boas tardes, sinto que no regulamento da carreira sega a haber discriminación feminina por idades;para as mulleres a última categoría é desde 1973 en adiante ,mentras que os homes teñen 3 categorías máis.
O ano pasado xa manifestamos o noso desacordo chamando a concellería de deportes de Meaño que entendeu perfectamente o noso malestar, asi mesmo mandamos un correo por consello, da muller que nos atendeu telefonicamente, á concellería correspondente.
Unha pena que non se repare nos erros!
tiojuan

Foreiro Senior
Foreiro Senior
3/10/11
0 Carreiras
722 Mensaxes
Cambados
Respostar citando Envío Mar, 04 Set 2018, 16:41
Asunto: Re: XXXIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO (9/9/18)

Hola Marcos! Un ano mais por ahí estarei para recorrer ese Meaño teu.
unha aperta e gracias polo tempo que lle adicades a esta festa do atletismo, sodes enormes !
tiojuan

Foreiro Senior
Foreiro Senior
3/10/11
0 Carreiras
722 Mensaxes
Cambados
Respostar citando Envío Mar, 04 Set 2018, 16:42
Asunto: Re: XXXIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO (9/9/18)

Hola Marcos! Un ano mais por ahí estarei para recorrer ese Meaño teu.
unha aperta e gracias polo tempo que lle adicades a esta festa do atletismo, sodes enormes !
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
779 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Xov, 06 Set 2018, 14:43
Asunto: Re: XXXIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO (9/9/18)

Moitas gracias Tiojuan.
De verdade que se agradecen os ánimos, que falta fan. Nunca imaxinei que perdera a ilusión tanto coma este ano (e non o digo polo Concello de Meaño, faltaría máis) senón polo sistema.
Non sei coma será nas demais carreiras agora mesmo (fai catro anos que non corro ningunha) pero é imposible organizar algo sen desesperarse (e eso que eu só colaboro). Neste intre, absolutamente todo o sistema e administracións están deseñadas para poñer paus nos engranaxes das organizacións. É tal a "burrocracia" que se esixe que está no límite da imposibilidade de cumprir.
Dende logo, esto faise porque é o Concello o que organiza. Agora sería utópico que o GAM (creador da carreira) poidese facer este evento. E xa non digo nada da extinta Carreira de Camas. As directivas non poderían asumir tanto risco.
Disfrutade da carreira. Quen sabe se será a derradeira edición.

Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es
kinki

Foreiro infantil
Foreiro infantil
31/01/13
20 Carreiras
127 Mensaxes
cambados
Respostar citando Envío Dom, 09 Set 2018, 18:50
Asunto: Re: XXXIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO (9/9/18)

que decir.............
todo de 10,voluntarios,avituallamiento,organizacion,etc......
carreira imprescindible para calquera que lle guste o atletismo,para o ano volver a participar.
gracias pola implicacion de todos os que organizades a proba
VilalongaRunner

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/03/10
33 Carreiras
92 Mensaxes
Vilalonga
Respostar citando Envío Lun, 10 Set 2018, 15:35
Asunto: Re: XXXIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO (9/9/18)

Enhorabuena un año más a Marcos y al ayuntamiento por realizar esta joya de carrera ,imprescindible para cualquier atleta popular que se precie. Os animo a que sigáis igual y la carrera de Meaño viva otras 35 ediciones, porque me gustaría tener 70 años y seguir subiendo la Costa dos Fornos cada segundo domingo de septiembre. Nos vemos en 2019!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos