Foros ›
Sorteo 1 dorsal para Corresan Nocturna (15/9/18): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1067 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 11 Ago 2018, 22:33
Asunto: Sorteo 1 dorsal para Corresan Nocturna (15/9/18): PECHADO

Sorteo de dorsais para a carreira:
Corresan Nocturna Cidade Vella
Sábado 15 de setembro de 2018


Que se sortea?
1 dorsal (soamente para esta carreira, non o circuíto enteiro)

Como participar?
Explícase no regulamento

REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar e data de celebración: Santiago de Compostela, sábado 15 de setembro de 2018.
Web da carreira: https://www.facebook.com/corresan/e=viewtopic&t=20729]http://www.correrengalicia.org/index.php?name=Forums&file=viewtopic&t=20729[/url]

Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=6059&date=20180915

Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org/index.php?name=Forums&file=viewtopic&t=20729

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o domingo 12 de agosto de 2018 ao xoves 16 de agosto de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 16 de agosto. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios rexistrados en www.correrengalicia.org e que estén dados de alta no Circuíto 2018-19. Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde os participantes deberán escribir cumprindo sempre os seguintes requisitos:
-Indicar o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.
-Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 12 de agosto ás 23:59 do 16 de agosto). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

9. A comunicación coas persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Contactarase con estas persoas exclusivamente a través dunha mensaxe privada no foro de Correr en Galicia para confirmar que aceptan o premio e solicitar os datos persoais necesarios para realizar efectiva a inscrición na carreira. É responsablidade de toda persoa participante comprobar a súa carpeta de mensaxes privados do foro nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por sonsuso o Ven, 17 Ago 2018, 21:52; editado 2 veces
galaxian

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
30/11/15
21 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 12 Ago 2018, 15:43
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Corresan Nocturna (15/9/18): ata16/8/18

Participo en el sorteo Guiño
Nunca hice esa carrera, pero fui 2 veces a la Sant Ya Go y correr en Santiago por la noche es muy especial. A ver si hay suerte Guiño
cerqueiro9

Novo foreiro
Novo foreiro
13/10/11
0 Carreiras
43 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 14 Ago 2018, 12:05
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Corresan Nocturna (15/9/18): ata16/8/18

Quiero participar el sorteo. Carrera en la que participe en dos ocasiones, muy rápido, y la zona vieja de noche espectacular con la gente tan encima tuya animándote.
Noeliafeba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/08/18
0 Carreiras
1 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 14 Ago 2018, 14:24
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Corresan Nocturna (15/9/18): ata16/

Recorres la zona vueja de santiago por la noche es un auténtico espectáculo!! Deseando ir con mi compañera de entrenos Merce Freire!!! Moi feliz
Amina

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
1/09/14
0 Carreiras
1960 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 14 Ago 2018, 14:41
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Corresan Nocturna (15/9/18): ata16/8/18

Hola Noeliafeba, tienes que estar inscrita en el Circuito 2018-19 para poder participar en el sorteo. Y si quieres que tu compi Merce participe, también ella tiene que estar inscrita y dejar un mensaje por aquí Guiño
Amina

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
1/09/14
0 Carreiras
1960 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Xov, 16 Ago 2018, 22:01
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Corresan Nocturna (15/9/18): ata16/8/18

Sorteo finalizado. Muchas gracias por participar. En breve os informaremos de los resultados. Suerte!
Amina

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
1/09/14
0 Carreiras
1960 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Ven, 17 Ago 2018, 7:31
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Corresan Nocturna (15/9/18): ata16/8/18

Sorteo 1 dorsal para Corresan Nocturna (15/9/18)

Enhorabuena a cerqueiro9. Es el ganador del dorsal para la Corresan Nocturna Cidade Vella del Sábado 15 de septiembre de 2018

Necesitamos que envíes un correo a la siguiente dirección de email: infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

Nombre y apellidos
Fecha de nacimiento
DNI
Localidad
Talla de camiseta
Email
Teléfono
Si estás o no federado
Nº de federado
Club en el que estás federado

Link del resultado: http://www.randorium.com/es/b6zlYRwp







Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos