Foros ›
IX Carreira PINGA-PINGA: Sábado, 6 de outubro
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
110 Carreiras
202 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 07 Ago 2018, 19:48
Asunto: IX Carreira PINGA-PINGA: Sábado, 6 de outubro

IX PINGA-PINGA (6 OUTUBRO 2018):
Co obxectivo de dinamizar o deporte na zona do Morrazo, máis en concreto no Concello de Marín, e dar a coñecer a parroquia de San Tomé de Piñeiro, o Club Deportivo Pinarium convoca a 9ª edición da Carreira Pinga-Pinga que terá saída e chegada na Parroquia de San Tomé de Piñeiro.

REGULAMENTO
1.- XERAL:
Participación:
Poderán participar atletas federados e non federados.

NORMATIVA:
I) A saída darase no campo de futbol de Santomé "Chan de Piñeiro", ao igual ca chegada.

II) Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando estableza a organización e os xuices da competición.

III) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido. É unha obriga obedecer ás indicacións de ditos organismos.

IV) Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe ofrecido pola organización.

V) TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGACIÓN DE ENTREGAR O CHIP DE CRONOMETRAXE Ó FINALIZAR A PROBA.

VI) A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasione a participación nesta carreira.

VII) Participación de atletas de outras federacións autonómicas e extranxeiros: Rexirase de acordó co disposto no artigo 3.4.do Reglamento para las competiciones de la temporada de campo a través, marcha, carreras en carretera, y reuniones de pista cubierta y aire libre” da tempada 2016-2017 www.rfea.es/normas/pdf...o_comp.pdf

VIII) Reclamacións: deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. Se son desestimadas por este poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ao Xurado de Apelación.

IX) Serán motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, recibir axuda externa ou de motor para completar o percorrido, non levar o dorsal visible para os xuices ou manipular este, falsificar datos persoais.

X) Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta desde media hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.

SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.


2.- HORARIOS E LUGARES.
Data: sábado, 6 de outubro de 2018
Lugar: Campo de fútbol San Tomé de Piñeiro (Marín)

II ANDAINA (DESDE A IDADE DE 5 ANOS o percorrido longo) ANTES DA CARREIRA DE MAIORES: HORA DA ANDAINA AS 17:00H.


CATEGORIAS

CATEGORÍAS DE MENORES:
BENXAMÍNS (SUB 10):
Hora: 16:10
Benxamíns = 2009/2010
Percorrido: 500 mts aprox.

ALEVÍNS (SUB 12):
Hora: 16:15
Idade: Alevíns =2007/2008
Percorrido: 750 mts aprox.

SUB 14 e SUB 16:
Hora: 16:25
Idade: Engloba Infantis/Cadetes = 2003/2004/2005/2006
Percorrido: 2.000 m – unha volta pequena de circuito.

PITUFOS E CHUPETES
Hora: A partir 16:45h
Idade: Pitufos: nados no 2011-2012-2013/ Chupetes: nados no 2014 e posteriores
Percorrido: Pitufos: 250mts aprox (16:50).
Chupetes: 100mts aprox (16:55)
MAIORES (CATEGORIA ABSOLUTA):
Hora: 17:05h.
Percorrido: 7.200m – tres voltas.
Idade: a partir de 15 anos.
Engloba Xuvenil, Xunior e Promesa: De 1996 a 2002
Senior: 1995 e anteriores (ata veteranos)
Master Vet A: De 35 a 44 anos
Master Vet B: De 45 a 54 anos
Master Vet C: maiores de 54 anos

3.- INSCRICIÓNS (nas próximas semanas)
CHUPETES E MENORES: Recomendase mediante o formulario que se habilitará na web
MAIORES: Empresa de cronometraxe se encargará das inscricións, dorsais, chips e resultados da categoría Absoluta (Categoría Adultos). AS INSCRIPCIÓNS ATA 3 OUTUBRO. A inscrición dos adultos serán 5€ (4+1 € A FAVOR DA AECC- Asociación Española contra o Cancro.


4.- PERCORRIDO:
PERCORRIDO MENORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Cruceiro – Baixada cara o Campo de Fútbol de San Tomé.(1 Volta pequena)
PERCORRIDO MAIORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Bar Stop – Igrexario – Bar o Tobo – Campo de Fútbol de San Tomé.(3 Voltas).

5.- PREMIOS: ENTREGA PREMIOS.
CHUPETES: Medallas para todos os participantes.
MENORES: Os 3 primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo.
MAIORES: Trofeo aos tres primeiros clasificados MASCULINO E FEMENINO das cinco categorías establecidas, exceptuando os 3 primeiros da categoría absoluta. Estes levan o premio da Absoluta.
Trofeo para o primeiro e primeira atleta de Marín.

Na carreira absoluta, recibirán os seguintes premios en metálico:
ABSOLUTA MASCULINO
1º - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2º - 100 € e Trofeo
3º - 50 € e Trofeo

ABSOLUTA FEMENINO
1ª - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2ª- 100 € e Trofeo
3ª- 50 € e Trofeo


OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE CO D.N.I. OU O PASAPORTE.

6.- AGASALLOS
Camiseta técnica para os 250 primeiros inscritos na categoría absoluta, avituallamento para todos os participantes e regalos para os máis pequenos (MEDALLAS)

Organiza: CLUB DEPORTIVO PINARIUM E O CONCELLO DE MARÍN, en colaboración coa Comunidade de Montes de Santo Tomé de Piñeiro.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos