Ven, 28 Set 2018, 15:46
Asunto: Re: Información sobre sorteos (lista de carreiras na 1ª mensaxe)
Pasan as semanas e avanza o circuíto, por iso consideramos interesante premiar aos foreiros que participan de forma activa no circuíto. Desta forma, pensamos que
engadir o requisito de ter algún punto no Circuíto 2018/19 no momento de finalización de cada sorteo (é dicir, non ter cero puntos) pode ser positivo. Pero como
non queremos penalizar aquelas persoas que por algún motivo aínda non puideron participar nalgunha carreira, polo que tamén
será suficiente con ter 1000 ou máis puntos nalgunha das últimas 3 temporadas.
Así, e aínda que o regulamento oficial se atopa en cada un dos sorteos,
os requisitos a partir de agora para poder participar nos sorteos son os seguintes (recollidos no punto 4 do regulamento dos sorteos):
4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en
www.correrengalicia.org antes do inicio da data do sorteo.
ii)
Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio da data do sorteo.
iii) Ter
algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio da data do sorteo (é dicir, non ter cero puntos)
ou, no seu defecto,
ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2018/19.
iv)
Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.
Moita sorte e atentos que mañá domingo comeza un novo sorteo!!!