Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
PortadaCalendarioForosA miña conta Activar contenido
Foros ›

Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018
Foros de debateCarreiras Populares en Galicia
Publicar novo tema   Respostar ao tema
Ver tema anterior { View newer topic }

Autor
Mensaxe
GranCamiño

Novo foreiro
Novo foreiro
14/06/17
1 Carreiras
11 Mensaxes

EnvíoPublicado: Mér, 16 Mai 2018, 13:29    Asunto: Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018 Respostar citando

Benqueridos amigos/as.

É un pracer comunicarvos que o domingo 8 de xullo se celebrará a segunda edición do medio maratón entre Arzúa e O Pino que se disputou por primeira vez en 2017.

Nas vindeiras semanas iremos anunciando todo o referente a esta proba que agardamos, teña unha gran acollida como o pasado ano.

Agradecemos a todas/os as/os que participastes o pasado ano, que nos fagades chegar os vosos puntos de mellora de cara a potenciar do mellor xeito posible a proba.

Moitas grazas por anticipado e grazas tamén a este foro de correr en galicia por permitirnos informar desta proba.

A organización 2018.
Ver perfil de usuario
halfpenny

Novo foreiro
Novo foreiro
31/10/14
0 Carreiras
6 Mensaxes

EnvíoPublicado: Mér, 16 Mai 2018, 15:07    Asunto: Re: Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018 Respostar citando

Gran Carreira. Se non hai lesión ou imprevisto alí estarei. Eu quedei moi satisfeito con todos os aspectos da carreira do ano pasado: percorrido, avituallamentos, voluntarios en puntos conflitivos e cruces con tráfico, a grande cantidade de peregrinos a animarnos durante a proba...
O biscoito de chocolate da meta non pode faltar! Moi bo e reconstituínte. Só por iso xa animo a todos a participar.
A única cousa que me deu un pouco de mágoa foi a camiseta. O logo de O Corte Inglés tan grande no medio do peito non quedaba ben. Entendo que os patrocinadores pagan e mandan pero destrozaba unha camiseta que na miña opinión era moi bonita en cor azul co logo da carreira no peito (un logo moi bonito) e os escudos dos concellos nas mangas. Eu tería posto a camiseta para vestir máis veces no día a día e dar a coñecer a carreira se non fose por esa publicidade tan mal ubicada.
Ben, xa sei que é un agasallo, que todos temos moitas camisetas, pero é a única cousa que lembro que me amolou da carreira. Polo tanto, esa sería a miña recomendación.
Ver perfil de usuario
GranCamiño

Novo foreiro
Novo foreiro
14/06/17
1 Carreiras
11 Mensaxes

EnvíoPublicado: Ven, 18 Mai 2018, 11:41    Asunto: Re: Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018 Respostar citando

Grazas halfpenny. Tomamos nota das túas recomendacións.
Unha aperta.
Ver perfil de usuario
FernandoLP

Novo foreiro
Novo foreiro
15/06/16
50 Carreiras
7 Mensaxes
Las Palmas de GC
EnvíoPublicado: Ven, 18 Mai 2018, 17:18    Asunto: Re: Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018 Respostar citando

Boas!!! Este ano queremos ir un grupo de amigos desde Lugo a disfrutar desta proba.
Pese a non facela o ano anterior, gustariame apuntar se se me permite que sería de gran axuda os que vimos de fora, que se puidera coller o dorsal o día da proba... Desplazarse ata Santiago o día antes sería un inconvinte.
Cando se abrirán as inscripcions?
Grazas de anteman e animo os organizadores!!!
Ver perfil de usuario
GranCamiño

Novo foreiro
Novo foreiro
14/06/17
1 Carreiras
11 Mensaxes

EnvíoPublicado: Sáb, 19 Mai 2018, 22:51    Asunto: Re: Medio Maratón "O Gran Camiño" 2018 - 08/07/2018 Respostar citando

FernandoLP escribió:
Boas!!! Este ano queremos ir un grupo de amigos desde Lugo a disfrutar desta proba.
Pese a non facela o ano anterior, gustariame apuntar se se me permite que sería de gran axuda os que vimos de fora, que se puidera coller o dorsal o día da proba... Desplazarse ata Santiago o día antes sería un inconvinte.
Cando se abrirán as inscripcions?
Grazas de anteman e animo os organizadores!!!

Boas FernandoLP. Sempre deixamos marxe a recoller o dorsal o día da proba, así que da eso por feito Guiño .
No que respecta ás inscricións agardamos abrilas en breve; estamos a últimar certos detalles pero tentaremos abrilas canto antes. Vós gardade data que vós agardamos. Grazas!!.
Ver perfil de usuario
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Respostar ao tema    Foros de debate -> Carreiras Populares en Galicia Tódalas horas son GMT + 2 Horas
Páxina 1 de 1


Cambiar a:  
Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos

Categorías
Donde
 Foreiros:
  marco11 > Foros
  uloulo > Calendario


2003-2018 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Software publicado bajo la licencia GNU GPL, Créditos, Política de Privacidad