Xov, 26 Abr 2018, 8:26
Asunto: Re: MM VOLTA A RÍA DE BETANZOS (6.05.2018)
Pois si, a ver si se anima algo a inscripción estes últimos días
O percorrido é mais ou menos como pos, a costa das Angustias está mais ou menos ó principio, se comenza despois de dar unha voltiña casi llana por Betanzos para ir quentando, debe de caer no km 4-5, non estou seguro. Despois baixada tendida de km e pico ata entrar na estrada de Mariñán, que ten tramos que pica algo para arriba e que pode dar o vento de cara, ata chegar ó pazo, subida cortiña pero bastante dura. No Pedrido ollo que creo que cambia respecto ó percorrido antigo, da un pequeño rodeo, se vai ata xusto debaixo da ponte e se volve polo medio das casas, para encarar a subida á ponte
Despois da ponte non se vai pola carretera, creo que se mete por unha pista que hai xusto ó terminar a ponte, e que desemboca outra vez na estrada con outra costiña corta pero bastante durecha. Llanea un pouco e ven a subida de San Pantaleón das Viñas, bastante longa pero bastante tendida, faise ben
E a partir de ahí llanear e baixar ata Betanzos salvo dous repechiños pequenos polo medio. Ó pasar o río que hai na entrada a Betanzos se xira á esquerda por unha calle empedrada, e para rematar outra subidiña ata meta, atención que os últimos 500-600 metros son en costa