Foros ›
Carreira Popular de San Telmo (Tui) o sábado 7 de abril
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
emailGalicia

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/07/09
0 Carreiras
179 Mensaxes
Tui
Respostar citando Envío Ven, 09 Mar 2018, 18:48
Asunto: Carreira Popular de San Telmo (Tui) o sábado 7 de abril

Este ano, a carreira de San Telmo adiántase un día e vaise correr en sábado pola mañá. Será o 7 de abril, como sempre na fin de semana seguinte á pascua dado que neses días son as festas patronais de Tui. En breve abriremos a inscrición e daremos a información completa con horarios, percorridos (supoño que estes serán os mesmos ca o ano pasado) e demais. Seguirá sendo gratuita e solidaria con recollida de alimentos non perecedoiros.
emailGalicia

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/07/09
0 Carreiras
179 Mensaxes
Tui
Respostar citando Envío Ven, 23 Mar 2018, 16:24
Asunto: Re: Carreira Popular de San Telmo (Tui) o sábado 7 de abril

Xa está aberta a inscrición para a carreira.
Toda a información sobre a mesma na nosa web: Carreira San Telmo
Recordo que a carreira absoluta será o sábado 7 de abril ás 11h e despois serán as demais carreiras. A inscrición e completamente gratuita, e pode facerse no seguinte formulario ata o mércores 4 de abril ás 23.59h:
https://goo.gl/forms/5AM9YfxfzUE9ZtzL2





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos