Foros ›
IV CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS NA NUBE– 19/04/18
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
RunFERMed

Novo foreiro
Novo foreiro
4/04/18
0 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 05 Abr 2018, 19:22
Asunto: IV CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS NA NUBE– 19/04/18

IV CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS NA NUBE – RUN4MED - 19/04/18

IV CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA
CAMPUS NA NUBE – RUN4MED
O concesionario do Servizo de Reprografía, Edición e Impresión dixital, Campus
na Nube, S.L., da Universidade de Santiago de Compostela e a asociación de
alumnos Run4Med, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a
Fundación USC Deportiva e a Federación Galega de Atletismo, organizan o xoves 19
de Abril de 2018, na zona do Campus Sur da Universidade de Santiago de
Compostela a IV Carreira Universitaria Solidaria, (Campus na Nube - RunForMed),
coa finalidade de recadar fondos que axuden a "Asociación Centinelas", unha
Asociación de axuda a Mulleres e Nais en situación de vulnerabilidade. As
probas estarán suxeitas o seguinte:
REGULAMENTO
Nesta esta carreira poderán participar tanto atletas federados como NON federados
das categorías de cadete e superiores (2004 e anteriores).
LUGAR DE SAIDA, HORA E DISTANCIA DAS PROBAS
Todas as categorías sairán ás 19:30 horas da Avenida Antonio R. Ibáñez, a carón
das Pistas de Tenis da Universidade de Santiago, e o punto de chegada será no
interior do Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, onde se
habilitará un servizo de duchas e vestiarios para todos os participantes.
A carreira constará de 2 voltas a un circuito para sumar un total de 5,5 km
aproximadamente. A primeira volta serán 2400 m e a segunda 3100 aprox.
CATEGORIAS DE PARTICIPACION
Estableceranse as seguintes categorías:
✓ CADETE – SUB 16 nados/as no 2003 e 2004
✓ XUVENIL – SUB 18 nados/as no 2001 e 2002
✓ JUNIOR – SUB 20 nados/as no 1999 e 2000
✓ PROMESA – SUB 23 nados/as no 1996, 1997 e 1998
✓ SENIOR nados/as entre 1984 e 1995
2
✓ MASTER 1 nados/as entre 1974 e 1983
✓ MASTER 2 nados/as entre 1964 e 1973
✓ MASTER 3 nados/as en 1963 e anteriores
INSCRICIONS
As inscricións en todas as categorías faranse:
On-line, na páxina web da Federación Galega de Atletismo
www.carreirasgalegas.com . Tamén poderán acceder á mesma a través das webs
www.atletismo.gal . O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o luns 16 de abril
ás 23:59 horas. Deberán rellenar o formulario de datos presente nesta web.
Presencial, en todos os locais de Campus na Nube ubicados nas Facultades de
Farmacia, Dereito, Psicoloxía, Medicina, Filoloxía, e Económicas con prazo límite o
luns 16 de abril as 19:00 horas.
Dado o carácter solidario da proba en beneficio da asociación mencionada, as
inscricións terán un donativo de 5 euros + 3 euros de gastos de organización. O
citado donativo irá dirixido íntegramente a Asociación Centinelas e será entregado
públicamente ao remate da proba na zona de entrega de premios ubicada no Estadio
de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela.
Aquelas persoas que non poidan participar na proba e desexen colaborar
altruistamente con esta causa, poderán facer as súas donacións no dorsal cero da
inscripción on-line.
RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais recolleranse a partir do mércores día 18 no local de Campus na Nube na
Praza do Seminario de estudos galegos, a carón da Facultade de Farmacia en horario
de 8:30 a 19:30 horas., e ate unha hora antes da saída da proba (19 de abril as 19:30
hs.). Recoméndase chegar con suficiente tempo de antelación para evitar colas de
última hora.
Habilitaráse un servizo de guardarroupa o día da proba, nas instalacións de Campus
na nube para todos aqueles participantes que desexen deixar as súas pertenencias e
nas propias instalacións das pistas de atletismo da Universidade de Santiago de
Compostela.
DESCALIFICACIONS
Toda persoa que incumpra as normas da competición ou as reflexadas nos
regulamentos das probas en ruta pola RFEA e FGA será descalificada a criterio do
xuíz/a árbitro/a da competición.
3
CONTROL DAS PROBAS
O cronometraxe e control técnico das probas correrá a cargo do Comité Galego de
Xuices da Federación Galega de Atletismo que colabora altruistamente con esta
causa. Empregarase un sistema de CHIP-DORSAL para o cronometraxe da proba.
PREMIOS
Ao finalizar as probas farase a entrega dos premios e agasallos das empresas e
entidades colaboradoras.
PREMIOS e AGASALLOS
• TROFEO os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas no presente
regulamento así como os / as 3 primeiros / as da clasificación xeral da proba
absoluta.
OUTRAS DISPOSICIÓNS Non está permitido o acompañamento na proba de ningún
vehículo alleo á organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba
que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se
produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan
excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia
das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos
producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A
inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais
ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo
participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de
acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse
e tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou
de xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que
dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
RunFERMed

Novo foreiro
Novo foreiro
4/04/18
0 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 05 Abr 2018, 19:34
Asunto: IV CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS NA NUBE– 19/04/18

Percorrido da proba:
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 05 Abr 2018, 22:04
Asunto: Re: IV CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS NA NUBE– 19/04/18

Apuntada
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 05 Abr 2018, 23:09
Asunto: Re: IV CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS NA NUBE– 19

Bailar Otro Guiño

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
42195

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/12/05
0 Carreiras
288 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 20 Abr 2018, 6:09
Asunto: Re: IV CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS NA NUBE– 19

Boa carreira e mal pra aparcar....prohibir en todo o campus non era preciso...Q distancia percorrimos? Grazas e notaba organización.
ferreirós

Novo foreiro
Novo foreiro
27/08/12
0 Carreiras
45 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 20 Abr 2018, 6:38
Asunto: Re: IV CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS NA NUBE– 19

Dorsal 293: Marta Lasarte Atán: 21:52.
1° puesto chica sub 23
3er puesto absoluto mujeres
Pensando



img_20180420_081124_588.jpg
Descrición:
Visto: 3836 veces
img_20180420_081124_588.jpg

ferreirós

Novo foreiro
Novo foreiro
27/08/12
0 Carreiras
45 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 20 Abr 2018, 6:39
Asunto: Re: IV CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS NA NUBE– 19/04/18

Enhorabuena, Marta!!
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4257 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Ven, 20 Abr 2018, 7:05
Asunto: Re: IV CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS NA NUBE– 19/04/18

¿Un nuevo caso Semenya?
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 20 Abr 2018, 19:50
Asunto: Re: IV CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS NA NUBE– 19/04/18

A ver quiero pensar que cogieron varios dorsales y se equivocó...digo yo!!!
emmme

Novo foreiro
Novo foreiro
21/10/14
10 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 20 Abr 2018, 20:38
Asunto: Re: IV CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS NA NUBE– 19

Máis ben o cedeu... Disimulando Pero mellor é correr con dous dorsais por se acaso!! (e senón mirade ao de atrás...). Vaale, é unha carreira solidaria, pero tampouco está de máis facer as cousas ben e cambiar os datos dos dorsais.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos