Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
PortadaCalendarioForosA miña conta Activar contenido
Foros ›

Trail Galaica 2018 - Ames / Ruta da Auga - 25/02
Foros de debateCarreiras de Montaña
Publicar novo tema   Respostar ao tema
Ver tema anterior { View newer topic }

Autor
Mensaxe
TrailGalaica

Foreiro infantil
Foreiro infantil
23/12/15
2 Carreiras
102 Mensaxes

EnvíoPublicado: Mér, 07 Feb 2018, 21:29    Asunto: Trail Galaica 2018 - Ames / Ruta da Auga - 25/02 Respostar citando

Boas tardes!.

Comenzamos o circuito Trail Galaica 2018 coa proba do 25 de febreiro no Concello de Ames, unha proba que nos levará pola ruta da Auga a través de muiños e sendeiros ancestrais, ademais de visitar as beiras do río Tambre, Ponte Maceira e rematar nas impresionantes instalacións do Real Aeroclub.

Na páxina web www.trailgalaica.com tendes toda a información da proba e tamén do circuito en si do cal falaremos durante estos días.

Como novidade nesta edición, dividimos o circuito nas modalidades de trail curto ou mini-trail e trail, con distancias de entre 14 e 28 km todas as probas, podendo participar como indivual e equipos en calquera das dúas modalidades.

Respecto a proba de Ames, podedes consultar toda a información aquí: Trail Galaica Ames - Ruta da Auga

Grazas a todos/as por participar.

Vémonos o 25 de febreiro.
Ver perfil de usuario
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
1670 Mensaxes
Galiza
EnvíoPublicado: Lun, 12 Feb 2018, 11:56    Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Ames / Ruta da Auga - 25/02 Respostar citando

Gracias! Bailar

Só aclarar que o Aeroclube (recollida de dorsáis e bus de traslado) é doado de atopar e está sinalizado na web de trailgalaica, pero o lugar chámase Cernadas, xunto a Belén.

Digo esto para "os do gps" que o lugar de Ameixenda (como di na web) está a uns 3/4 km. e despóis andamos perdidos dando voltas Silbar

Si o recorrido é semellante ao ano pasado son uns trails (os dous) moi axeitados para aprender a correr este tipo de probas, con poucos ou ningún sitio pa'matarse pero si con lugares onde ir concentrado e aprendendo.

Sobre si ten dureza ou non pois eso como sempre depende do que un poida e queira exprimirse.

Esperemos poder disfrutar, este ano si, das vistas do Val da Maía en Ames desde o alto do monte.


It's fun to run fast, it's funner to run far tho
gnusocial: xosem at quitter.is
#barefootrunning \O/ #correrdescalzo
Ver perfil de usuario Visitar web do foreiro
TrailGalaica

Foreiro infantil
Foreiro infantil
23/12/15
2 Carreiras
102 Mensaxes

EnvíoPublicado: Xov, 15 Feb 2018, 11:20    Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Ames / Ruta da Auga - 25/02 Respostar citando

Gracias XoseM pola información. Efectivamente, este trail de Ames transcorre no mini polas Ribeiras do Tambre e pasa por varios muiños ancestrais que son espectaculares. Transcorre por sendeiros estreitos, cascadas tipo esta foto:



Xa na ruta longa, aumenta moito o desniven pois subese ao Monte de San Marcos e varios montes anexos.

Un trail divertido e antesala de Muros, que aumentará moito os desnivies e dureza.

Animarse!!
Ver perfil de usuario
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Respostar ao tema    Foros de debate -> Carreiras de Montaña Tódalas horas son GMT + 2 Horas
Páxina 1 de 1


Cambiar a:  
Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos

Categorías
Donde
 Foreiros:
  CALAZILLA > Calendario


2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy