Foros ›
XL Carreira Popular Pedestre Santiago Compostela [29/10]
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 18 Set 2017, 7:47
Asunto: XL Carreira Popular Pedestre Santiago Compostela [29/10]

Comentemos unha das carreiras populares con máis tradición do país.

40 edicións!!
Todo un éxito tal como está o mundo.


A día de hoxe qué sabemos?
Data: 29 de Outubro 2017
Hora: 10:00 (ollo porque ese día pasamos a usar o horario de inverno)
Lugar: Avda. Xoán XXIII
Circuito: o clásico, pois non hai obras (nel). Según a quén lle preguntes entre pouco máis de 11km e 12,5km Mr. Green
Inscrición: ChampionChipNorte (aberta).
FotoKedada: BaoEs fai a convocatoria Angel (grazas!! Aplauso )

web do organizador: carrera.elcorreogallego.es/

Crónica da edición 39 para ir abrindo boca

Irase engadindo a información.
Regulamento na web do organizador: www.elcorreogallego.es...a-1076394/

-- Chámame "ghose"

Última edición por XoseM o Mar, 10 Out 2017, 6:17; editado 3 veces
pantasma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/12/13
0 Carreiras
299 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 18 Set 2017, 8:32
Asunto: Re: XL Carreira Popular Pedestre Santiago Compostela [29/10]

Buenas!!!!
Pois como está El correo gallego, que levan os empregados non sei xa canto sin cobrar, e co ben que se levan co Concello de Santiago..... Non sei eu si haberá edición XL.....
Espero que si, pero a cousa está compricada
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 18 Set 2017, 8:51
Asunto: Re: XL Carreira Popular Pedestre Santiago Compostela [29/10]

Triste Tan mal pinta a cousa?

-- Chámame "ghose"
pantasma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/12/13
0 Carreiras
299 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 18 Set 2017, 9:04
Asunto: Re: XL Carreira Popular Pedestre Santiago Compostela [29/10]

Co concello e un acoso é derribo constante, así que non creo que esté moito pola labor, e cos empregados..... Seguro que algún hai por aquí que pode corroboralo, pero eu con algún falei é A cousa está moi mal.
Cando lle preguntei si ía ir a sus resposta foi: " levo non sei cantos meses sin cobrar e aínda lle vou A pagar para correr???"
miguelanxo

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/05/07
400 Carreiras
677 Mensaxes
O Castiñeiriño (Compostela)
Respostar citando Envío Lun, 18 Set 2017, 12:46
Asunto: Re: XL Carreira Popular Pedestre Santiago Compostela [29/10]

Supoño que si se fará, tendo en conta o publicado na prensa hai uns meses dentro desta noticia
pherreGZ

Novo foreiro
Novo foreiro
4/06/13
23 Carreiras
45 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 18 Set 2017, 15:44
Asunto: Re: XL Carreira Popular Pedestre Santiago Compostela [29/10]

Non alarmarse...en Championchip aparece o evento e que proximamente se abren inscripcións. Ademáis diso, xunto a El Correo Gallego hai máis patrocinadores que non deixarán que se perda esta carreira, contando tamén co apoio do concello...
pantasma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/12/13
0 Carreiras
299 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 18 Set 2017, 16:18
Asunto: Re: XL Carreira Popular Pedestre Santiago Compostela [29/10]

Eu non quero creer tampouco que se vai a perder, son 40 anos.Eu o decía polo tira e afrouxa que teñen o concello e o xornal. Pero si recibe, 12000 euros do concello, máis as inscricións, máis os patrocinadores cartos ten que haber. Aínda que os empregados non cobren supoño que a carreira irá por outros cauces e seguirá adiante
miguelanxo

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/05/07
400 Carreiras
677 Mensaxes
O Castiñeiriño (Compostela)
Respostar citando Envío Lun, 18 Set 2017, 16:32
Asunto: Re: XL Carreira Popular Pedestre Santiago Compostela [29/10]

Pois si, parece que quen organiza é a Agrupación Deportiva El Correo Gallego, que non terá cargas pendentes, pode solicitar este tipo de axudas municipais, etc. En definitiva, haberá carreira Guiño


Última edición por miguelanxo o Lun, 18 Set 2017, 20:48; editado 1 vez
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
470 Carreiras
3675 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 18 Set 2017, 19:45
Asunto: Re: XL Carreira Popular Pedestre Santiago Compostela [29/10]

Pois esta para min é a única carreira que sempre que poida hei de correr, foi a miña primeira carreira no 2002, coincidindo ca sua 25 edición, motivo polo que me decidín a correla, e dende aquela é un non parar de carreiras.
Sendo ésta a carreira que máis veces corrín, por sorte sempre a puiden correr, só fallei no ano 2004 por motivos laborais.

Verémonos como todos os derradeiros domingos de Outubro (coincidindo co cambio de hora), en Xoan XXIII e despois na Praza do Obradoiro.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 19 Set 2017, 5:21
Asunto: Re: XL Carreira Popular Pedestre Santiago Compostela [29/10]

Kurty escribió:
Pois esta para min é a única carreira que sempre que poida hei de correr, foi a miña primeira carreira no 2002,.
para moitos esta carreira foi o que nos enganchou a seguir correndo. Eu xa corría (daquela maneira), pero COMPARTIR de xeito festivo esta afición supuxo algo así como unha confirmación dos aspectos positivos de correr.

Coas súas cousas boas e menos boas... para min tamén é unha data reservada no calendario Bailar

-- Chámame "ghose"
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 19 Set 2017, 5:22
Asunto: Re: XL Carreira Popular Pedestre Santiago Compostela [29/10]

pherreGZ escribió:
Non alarmarse...en Championchip aparece o evento
Guiño
si si, por eso me animei a abrir o fío e pareceume unha "confirmación" de que se celebraría a carreira coma sempre.

-- Chámame "ghose"
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 19 Set 2017, 5:32
Asunto: Re: XL Carreira Popular Pedestre Santiago Compostela [29/10]

miguelanxo escribió:
Pois si, parece que quen organiza é a Agrupación Deportiva El Correo Gallego, que non terá cargas pendentes, pode solicitar este tipo de axudas municipais, etc. En definitiva, haberá carreira Guiño

Sempre me preguntei si esta Agrupación ten algúnha outra función durante o ano. Non atopei máis info (nunha busca rápida) sobre as súas actividades, pero entendo que é a forma de que ao xornal organizador lle cundan máis as suvencións (como faría calquera).

Respecto a esto, e pensando no futuro da Pedestre, eu creo que si algún hipotético organizador, no hipotético caso de que o actual non se fixese cargo, contaría co apoio do Concello para sacar a carreira adiante e manter dita festa. Incluso unha joint venture de clubes santiagueses. Esto é por falar eh!, que non coñezo a situación do organizador actual, só digo que o Concello pon as rúas, a policía local, algo de cartos, etc. Alguén debe poñer o traballo de organizar e xuntar uns patrocinadores, pero creo que xuntar patrocinadores para un evento no que participan unhas 5000 personas (por dicir un número) na capital de Galicia debería ser relativamente doado.

Non é o lugar para falar do que nos parece un xornal, pero n on podo deixar de solidarizarme cos traballadores ante unha situación difícil e de futuro laboral comprometido.

-- Chámame "ghose"
FleKy

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
8/01/07
244 Carreiras
1098 Mensaxes
pontecesures e tamen milladoiro
Respostar citando Envío Mar, 19 Set 2017, 20:08
Asunto: Re: XL Carreira Popular Pedestre Santiago Compostela [29/10]

E se non que non vai se lo caso.
Quedase pa trotrar e avisando que imos saturar un pouco a capital con correleg@s

You´ll never run alone
pantasma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/12/13
0 Carreiras
299 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 21 Set 2017, 7:19
Asunto: Re: XL Carreira Popular Pedestre Santiago Compostela [29/10]

Bos días!!!! Hoxe na última páxina de El correo gallego xa ven que en outubro vaixe a celebrar un evento deportivo importante, a XL edición da carreira popular. Aplauso
Moi boa noticia!!!!! Agora xa podemos abrir outro fío para criticar os caixóns de saída, as colas o final..... Jajajajajajajajaja.. Non, en serio moi boa noticia para a cidade.
Vémonos o último finde de outubro en Santiago
pherreGZ

Novo foreiro
Novo foreiro
4/06/13
23 Carreiras
45 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 25 Set 2017, 13:16
Asunto: Re: XL Carreira Popular Pedestre Santiago Compostela [29/10]

hahahaha o das colas do final da para dous fíos mínimo. Por certo, a alguén máis lle coincidiu estar pola parte de abaixo de Raxoi e cruzarse cunha procesión?





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos