Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
PortadaCalendarioForosA miña conta Activar contenido
Foros ›

VIII Carreira Pinga Pinga Santomé de Piñeiro: 7 OUTUBRO 2017
Foros de debateCarreiras Populares en Galicia
Publicar novo tema   Respostar ao tema
Ver tema anterior { View newer topic }

Autor
Mensaxe
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
110 Carreiras
186 Mensaxes

EnvíoPublicado: Lun, 11 Set 2017, 17:23    Asunto: VIII Carreira Pinga Pinga Santomé de Piñeiro: 7 OUTUBRO 2017 Respostar citando

VIII PINGA-PINGA: 7 OUTUBRO 2017
Co obxectivo de dinamizar o deporte na zona do Morrazo, máis en concreto no Concello de Marín, e dar a coñecer a parroquia de San Tomé de Piñeiro, o Club Deportivo Pinarium convoca a 8ª edición da Carreira Pinga-Pinga que terá saída e chegada na Parroquia de San Tomé de Piñeiro.

REGULAMENTO
1.- XERAL:
Participación:
Poderán participar atletas federados e non federados.

Normativa:
A) A saída darase no recinto da Festa da Sidra e da Mazá, ao igual ca chegada.

Ojo morado A clasificación será absoluta.

C) Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando estableza a organización.

D) Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. O incumprimento desta norma suporá a eliminación do atleta acompañado.

E) O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

F) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido. É unha obriga obedecer ás indicacións de ditos organismos.

G) Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe ofrecido pola organización.

H) TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGACIÓN DE ENTREGAR O CHIP DE CRONOMETRAXE Ó FINALIZAR A PROBA.

I) A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasione a participación nesta carreira.

J) A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

K) Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

2.- HORARIOS E LUGARES.
Data: sábado, 7 de Outubro de 2017
Lugar: San Tomé de Piñeiro (Marín)

CATEGORIAS

MENORES:
Menores A:
Hora: 16:10
Idade: Benxamín = 2008/2009
Percorrido: 500 mts aprox.

Menores B:
Hora: 16:15
Idade: Alevín =2006/2007
Percorrido: 750 mts aprox.

Menores C:
Hora: 16:25
Idade: Engloba Infantis/Cadetes = 2002/2005
Percorrido: 2.000 m – unha volta pequena.

CHUPETES/PITUFOS
Hora: 16:50h
Idade: Chupetes: nados no 2013 e posteriores; Pitufos: nados no 2010-2011-2012
Percorrido: Chupetes: 100mts aprox ; Pitufos: 250mts aprox.

MAIORES (CATEGORIA RAIÑA):
Hora: 17:00h
Percorrido: 7.000m – tres voltas.
Idade: a partir de 15 anos.
Xuvenil, Xunior e Promesa: 1995/2001
Senior: 1994 e anteriores (ata veteranos)
Veteranos A: De 35 a 44 anos
Veteranos B: De 45 a 54 anos
Veteranos C: maiores de 54 anos

3.- INSCRICIÓNS (PROXIMAMENTE):
CHUPETES E MENORES: O mesmo día da proba ou mediante o formulario que se habilitará na web www.cronotec.es
MAIORES: Encargarase www.cronotec.es das inscricións, dorsais, chips e resultados da categoría Absoluta (Categoría Adultos). AS INSCRIPCIÓNS ATA 4 OUTUBRO.


4.- PERCORRIDO:
PERCORRIDO MENORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Cruceiro – Baixada cara o Campo de Fútbol de San Tomé.(1 Volta pequena)
PERCORRIDO MAIORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Bar Stop – Igrexario – Bar o Tobo – Campo de Fútbol de San Tomé.(3 Voltas).

5.- PREMIOS:
CHUPETES: Medallas para todos os participantes.
MENORES: Os 3 primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo.
MAIORES: Trofeo aos tres primeiros clasificados MASCULINO E FEMENINO das cinco categorías establecidas, exceptuando os 3 primeiros da categoría absoluta.
Trofeo para o primeiro e primeira atleta de Marín.

Na carreira absoluta, recibirán os seguintes premios en metálico:
ABSOLUTA MASCULINO
1º - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2º - 100 € e Trofeo
3º - 50 € e Trofeo

ABSOLUTA FEMENINO
1ª - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2ª- 100 € e Trofeo
3ª- 50 € e Trofeo


OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE CO D.N.I. OU O PASAPORTE.

6.- AGASALLOS
Camiseta técnica para os 250 primeiros inscritos na categoría absoluta, avituallamento para todos os participantes e regalos para os máis pequenos (MEDALLAS,etc)

Organiza: CLUB DEPORTIVO PINARIUM E DEPUTACIÓN de Pontevedra e o CONCELLO DE MARÍN, en colaboración coa Comunidade de Montes de Santo Tomé de Piñeiro e Asociación de Amigos da Mazá de San Tomé de Piñeiro.
Ver perfil de usuario
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
110 Carreiras
186 Mensaxes

EnvíoPublicado: Mér, 20 Set 2017, 17:05    Asunto: Re: VIII Carreira Pinga Pinga Santomé de Piñeiro: 7 OUTUBR Respostar citando

Video da edición do 2016, grabado con drone: www.youtube.com/watch?v=HTW2avspNtA
Ver perfil de usuario
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Respostar ao tema    Foros de debate -> Carreiras Populares en Galicia Tódalas horas son GMT + 2 Horas
Páxina 1 de 1


Cambiar a:  
Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos

Categorías
Donde
 Foreiros:
  Anomander > Foros
  edu77 > Foros
  JaimeRV > Portada
  Magono > Portada
  manuel_slm > Foros
  sonsuso > Foros


2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy