Foros ›
II Trail Mosteiro de Caaveiro(19/11/2017)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
716 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 04 Set 2017, 8:35
Asunto: II Trail Mosteiro de Caaveiro(19/11/2017)

REGULAMENTO

O TRAIL Mosteiro de Caaveiro está organizado polo Concello da Capela e a empresa Eventi, co patrocinio da Deputación da Coruña.

Día e hora
A carreira terá lugar o domingo 19 de Novembro de 2017 nas Fragas do Eume. A proba dará comezo ás:
• 9:15 h.Trail longo
• 9:45h Trail mini
• 9:50h Andaina

Inscricións:
Dende o día 18/09/17 ás 10 horas ata o 13/11/17 ás 23:59 h. a través da pasarela de inscrición de ChampionchipNorte.

Tódolos inscritos na proba recibirán un obsequio conmemorativo ou calquera outro agasallo que consiga a organización a través dos seus colaboradores.
Os agasallos das empresas colaboradoras serán sorteados entre os asistentes. É obrigatorio estar presente no sorteo para poder recoller o agasallo.
En caso de lesión ou problemas sobrevidos tras formalizala inscrición, a organización comprométese a facilitar o cambio cunha persoa da lista de espera si a houbese.

Calquera anulación do dorsal somete se realizará ata o dia 5/11/17 e terá un gasto de xestión de 5€ , a excepción dos cambios de dorsal que serán gratuítos.
Este proceso realizarase SEMPRE por parte da organización e NUNCA entre particulares directamente.

Os dorsais son persoais e intransferibles. Correr có dorsal doutro corredor implica a descalificación e non estar cuberto por ningún tipo de seguro.

Poderase cambiar da carreira longa á mini ata o dia 5 /11/17 sen costo algún, sempre que existan prazas dispoñibles.

Prezos
• Mini:
o 15€ ( ata o 30/10/17)
o 20€ dende o 31/10/17 ao 13/11/17
• Longo:
o 17€ ( ata o 30/10/17)
o 22€ dende o 31/10/17 ao 13/11/17
• Andaina ( non competitiva)
o 10€ ( ata o 30/10/17)
o 15€ dende o 31/10/17 ao 13/11/17

Categorías:
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, maiores de 18 anos ata un máximo de 325 persoas por cada unha das carreiras, por rigoroso orden de inscrición e 100 sendeiristas na andaina

MASCULINO :
• Sénior: de 18 a 44 anos
• Veteranos: de 45 anos en adiante

FEMININO:
• Sénior: de 18 a 44 anos
• Veteranas : de 45 anos en adiante
A andaina carece de categorías por non ser competitiva.


Aparcamentos
Solicitámosvos que na medida do posible a asistencia sexa en coches cheos porque estes aparcamentos ten súas limitacións.

Rogamos sigades as instrucións do persoal de apoio para que as vías de acceso non queden colapsadas.

Haberá 4 aparcamentos, que deberán ocuparse obrigatoriamente na seguinte orde:

• PAKING 1: Situado fronte a Restaurante Casa Peizás (Lugar A Estoxa, 15613 A Capela, GPS: 43.429985, -8.061121)

• PARKING 2: Situado diante do Portal das Fragas do Eume (Información Turística) (Lugar a Estoxa, 15613 A Capela. GPS: 43.4299599,-8.061682)

• PARKING 3: Situado xunto á cemiterio (Lugar Vilasuso, 11, esquina AC-564. GPS: 43.4344009,-8.0533872)

• PARKING 4: Situado diante do Colexio (As Naves, 75. GPS: 43.4360663,-8.069145)

Entrega de dorsais:
O dia da carreira entregaranse dorsais no Pavillón do CEIP Mosteiro de Caaveiro:

• dende as 8:00 h ata as 9:00 para Trail longo
• dende as 8:30 h ata as 9:30 para Trail mini e andaina

Material OBRIGATORIO:

• Botellín ou sistema de hidratación (inclúe vaso). Non haberá vasos nin se darán botellas nos avituallamentos, por respeto ao medio ambiente.
• No caso de que as condicións meteorolóxicas o aconsellen, cortaventos ou prenda impermeable ou transpirable.
• Non se entregará ningunha comida con envoltorio nos avituallamentos.
• Así mesmo a froita deberá ser consumida no avituallamento e tirar os desperdizos nas bolsas dispoñibles ao efecto.

Material ACONSELLADO:

• Roupa e Zapatillas axeitadas para unha carreira de montaña
• A organización resérvase a potestade de modificar o material obrigatorio con días de antelación en función das condicións meteorolóxicas previstas
• Teléfono móbil
• Manta térmica de emerxencia.

Lugar de SAÍDA:
Carreteira a Ventureira en As Neves, á carón de Casa Toñita
Concello da Capela

Deberes dos corredores:
Os corredores están obrigados a levar o dorsal facilitado pola organización. Este levarase nun lugar visible na parte dianteira durante toda a proba e non poderá ser dobrado nin recortado
• A socorrer a outro corredor en perigo ou accidentado e a comunicalo á organización.
• A seguilas instrucións dos membros da organización.
• A non saírse do itinerario sinalizado.
• A comunicar a súa retirada nun control ou avituallamento, entregando o dorsal. O corredor asume toda súa responsabilidade dende que abandona voluntariamente a proba ou é descalificado. Si decide continuar no percorrido será baixo súa absoluta responsabilidade.
• É obrigación de cada participante portar consigo calquera residuo que xenere: envases, papeis, residuos orgánicos, etc., ata os lugares sinalados e habilitados pola organización

Percorrido
Transcorrerá polo monte. A proba se celebrará sobre un percorrido de:
• Longo: de 22km, acumulando un desnivel (positivo-negativo) de 2200 m.
• Mini : de 12 km, acumulando un desnivel (positivo-negativo) de 1200 m.
• Andaina : de 12 km, acumulando un desnivel (positivo-negativo) de 1200 m.
As distancias e desniveis son orientativas , calculadas con GPS.
As distancias e desniveis poden sufrir variacións por cambios no percorrido solicitados pola Dirección do Parque.
Circuíto circular que se desenrola nas Fragas do Eume no Concello de A Capela, (con algún posible pequeno punto de paso por concellos limítrofes) por camiños e sendeiros e algún de asfalto.
A carreira utilizará camiños xa existentes ou antiguos para evitar o deterioro ou paso por zonas protexidas ou sensibles do Parque.
Nalgúns puntos cruzaranse estradas abertas ao tráfico. Aínda que haberá nelas persoal de organización deberase ter especial coidado e respectalas normas de circulación.
Todo o percorrido estará sinalizado mediante cintas ou bandeiras; non se utilizará ningún tipo de marcaxes permanentes .
A organización intentará minimizar a marcaxe fora dos cruces para non afectar ao Parque , polo que nos sendeiros onde non existan cruces limitarase o uso de balizas todo o posible, sempre de todas maneiras deixando cintas que orienten aos corredores.
Poden cambiarse percorridos, distancias e desniveis a criterio da organización, o que se comunicará coa debida antelación.

A organización revisará todo o percorrido do trail nas 48 horas seguintes para minimizar todo o posible o impacto ambiental e recoller cintas de marcaxe ou residuos. Reducirase ao mínimo o uso de plásticos no monte: avituallamentos, sinalización… A organización utilizará no posible material reutilizable ou reciclable.

Avituallamentos
Haberá dous avituallamentos para a carreira longa e un para a mini e andaina.
• Avituallamento de Xavariz (8 km sólo trail longo)
o Líquidos
o Froita
o Membrillo
o Gominolas
o Froitos secos
• Avituallamento Mosteiro de Caaveiro (16,5 km trail longo/6,5km trail mini e da andaina)
o Líquidos
o Froita
o Membrillo
o Gominolas
o Froitos secos

Sinalización e Controis

O percorrido estará sinalizado por cinta de plástico e por persoal da organización.
Será obrigatorio o paso polos controis establecidos, podendo existir referencias kilométricas ao longo do percorrido.
Haberá controis de paso en:
1. Control pista Caaveiro (5 km trail longo e mini). Os corredores do trail longo deberán pasar por este punto antes de 1h. de carreira; superado este tempo retiraranse da carreira ou continuarán na carreira mini sen entrar nos cronometraxes.
2. Avituallamento da Pena do Aguia (8 km trail longo).
3. Avituallamento Mosteiro de Caaveiro (16,5 km trail longo/6,5 km trail mini).
• As probas terán un tempo máximo para completalas, dende a hora de saída a meta de:
o Carreira longa: 3:45 h .
o Carreira mini: 3:15 h.
• A meta cerrarase ás 13:00 h.
Os corredores portarán o dorsal nun sitio claramente visible.
Os participantes corren baixo súa propia responsabilidade, realizando toda ou parte da proba.
A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que poda recibir ou producir aos participantes, aínda que se disporá dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes para os participantes.
En caso de retirada avisarase ao persoal da organización. No suposto de lesión ou impedimento para regresar polos propios medios á meta pedirase axuda á organización, que xestionará o rescate. Facilitaranse teléfonos de contacto para emerxencias.
O circuíto non estará pechado ao tránsito de vehículos; todo participante está obrigado a cumprilas normas de circulación viaria, sendo responsable de cantas infraccións puidesen cometer, respectar o paso de gandos, persoas e demais vehículos.

Descalificación:
• Abandonar residuos fora das papeleiras situadas nos avituallamentos.
• Non portar o material obrigatorio.
• Non auxiliar ao participante que o necesite
• Non obedecelas indicacións do persoal identificado como da organización
• Non levar o dorsal visible.
• Atallar, saírse do itinerario sinalizado, especialmente nas zonas máis sensibles coa fin de non danar o medio ambiente.
• Non pasar polos controis de paso que determine a organización.
• Non realizar o percorrido completo.
• Non portar algún sistema de hidratación
O itinerario transcorre polo Parque Natural das Fragas do Eume, de alto valor ecolóxico e espazo protexido nalgunhas das zonas de paso, polo que se deben seguir as pautas de comportamento nos espazos protexidos:

• non deixar refugallos,
• non saírse do percorrido sinalizado
• non deixar rastro da nosa actividade.

Lugar de CHEGADA:
Pavillón do CEIP Mosteiro de Caaveiro
Concello da Capela.

Servizos:

Os servizos están no vestiario da piscina municipal, situada a carón do Pavillón Polideportivo.
Neses mismos vestiarios hai duchas pero non podemos garantir auga quente para tódolos corredores.
Prégase velar pola hixiene das instalacións e rapidez á hora de ducharse por ben do compañeirismo.
Premios
Haberá premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría establecida , non sendo acumulativos.
A entrega de premios levarase a cabo ás 13:15 h. despois do peche de meta.
Os premiados teñen a obriga de recoller persoalmente ( ou deixar unha persoa que realice a recollida) os trofeos, do contrario serán descalificados.
A andaina non terá premios nin cronometraxe.


Última edición por blas62 o Lun, 04 Set 2017, 10:19; editado 1 vez
manuel_slm

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/03/13
0 Carreiras
137 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 04 Set 2017, 9:11
Asunto: Re: II Trail Mosteiro de Caaveiro(19/11/2018)

Blas ou falla a fecha no titulo ou no regulamento, je je.

II Trail Mosteiro de Caaveiro(19/11/2018)
A carreira terá lugar o domingo 19 de Novembro de 2017
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
716 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 04 Set 2017, 10:20
Asunto: Re: II Trail Mosteiro de Caaveiro(19/11/2017)

grazas cambiado.....
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
873 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 04 Set 2017, 14:44
Asunto: Re: II Trail Mosteiro de Caaveiro(19/11/2017)

Si se pode repetiremos! Bailar
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
716 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 05 Set 2017, 7:05
Asunto: Re: II Trail Mosteiro de Caaveiro(19/11/2017)

perfil trail curto

www.facebook.com/86477...=3&theater


perfil trail longo


www.facebook.com/86477...=3&theater
Eventi

Novo foreiro
Novo foreiro
6/09/17
2 Carreiras
9 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 06 Set 2017, 15:36
Asunto: Re: II Trail Mosteiro de Caaveiro(19/11/2017)

Web oficial do Trail:
www.eventi.es/blog/eve...-caaveiro/

Faremos o posible por mantela ao día.

Nos gusta lo que hacemos porque con cada evento aprendemos.
------
www.eventi.es
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
716 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Set 2017, 10:43
Asunto: Re: II Trail Mosteiro de Caaveiro(19/11/2017)

o dia 18 as 10h abrimos inscripcions

Podedes seguirnos en:

www.facebook.com/Trail...=bookmarks

www.eventi.es/blog/eve...-caaveiro/

Inscripcions:

championchipnorte.com/...e-caaveiro
AMRA

Novo foreiro
Novo foreiro
14/03/16
1 Carreiras
5 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 17 Set 2017, 21:06
Asunto: Re: II Trail Mosteiro de Caaveiro(19/11/2017)

O ano pasado non puiden por lesión, pero este ano non vou a fallar! Maña as 10:00 estarei inscrito
Eventi

Novo foreiro
Novo foreiro
6/09/17
2 Carreiras
9 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 18 Set 2017, 9:53
Asunto: Re: II Trail Mosteiro de Caaveiro(19/11/2017)

Bos días a tod@s.

Anunciámosvos que as inscricións están abertas:

championchipnorte.com/...e-caaveiro

¡Contamos con vos!
Eventi

Novo foreiro
Novo foreiro
6/09/17
2 Carreiras
9 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 28 Set 2017, 22:50
Asunto: Re: II Trail Mosteiro de Caaveiro(19/11/2017)

Outra Nova: haberá servizo gratuito de gardarroupa na meta, a escasos metros das duchas e vestiarios.
Lembrade que toda a info e novidades os tedes na web www.eventi.es
Agardámosvos.
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Sáb, 18 Nov 2017, 22:20
Asunto: Re: II Trail Mosteiro de Caaveiro(19/11/2017)

Mensaje de la organización en su Facebook:


Atención os que corredes a Longa entre o km 11 e 12 , fixeron un corte de Madeira e deixaron parte dos troncos no Camiño, así que ollo e moita precaución, non temos ningunha alternativa así que tedes que baixar a velocidade.
Grazas



ezeq

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/10/07
98 Carreiras
785 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Dom, 19 Nov 2017, 17:11
Asunto: Re: II Trail Mosteiro de Caaveiro(19/11/2017)

Hola, salgo Como no presentado, y mi hermano y mi cuñada tambien.
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Dom, 19 Nov 2017, 17:24
Asunto: Re: II Trail Mosteiro de Caaveiro(19/11/2017)

Hola ezeq, contacta con championchip. Sucede en más carreras lo de que falten corredores en la clasificación final. Siempre suelen arreglarlo, pero tienes que avisarlos
atejer00

Montañés
Montañés
20/11/09
9999 Carreiras
230 Mensaxes
a coruña
Respostar citando Envío Lun, 20 Nov 2017, 8:23
Asunto: Re: II Trail Mosteiro de Caaveiro(19/11/2017)

Triste Triste Triste
Qué pena

Recorrido perfecto, ambiente cojonudo, día impresionante, incluso en el calor de las duchas (vaya risas) pero algún detalle que bueno, deja un poco que desear:

- la camiseta (yo soy más de nécoras que de camisetas, pero para dar esta, mejor no darla)
- qué pasó con los callos??? no daban los cuartos?

De cualquier modo, yo me lo pasé como un enano incluso mejorando respecto al año pasado, estoy que me salgo Bailar Bailar Bailar
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
716 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 20 Nov 2017, 8:23
Asunto: Re: II Trail Mosteiro de Caaveiro(19/11/2017)

Ezequiel onde levavades o chip blanco que vos deron?
Mandalle un correo a championschips e dille o teu dorsal que eles o miran pola grabación que fan en meta.
O sinto pero eso depende dos cronometradores





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos