Foros ›
XVI CARRERA PLAYA LA BARROSA 8k 23/7/17 09:30 Chiclana-Cádiz
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 28 Ago 2017, 15:17
Asunto: XVI CARRERA PLAYA LA BARROSA 8k 23/7/17 09:30 Chiclana-Cádiz

Pois como non podía ser de outro xeito, este ano aproveitando as vacacións, fun por terceira vez a esta proba.
Sempre fun en momentos de preparación física baixos, pero este ano e que era unha coña, despois do 10k de cambados do 9 de xullo, fixen 3 rodaxe e nada máis.
No 2015 corrín 45 horas despois de facer 1000km en coche. No 2016 so 24 horas despois, e este ano cambiaron a data non sei por que motivos, e puiden facela 7 días despois. Iso tampouco valeu de moito, pois a semán que estiven alí so fixen 1 saída de rodaxe.
Horario de saída as 09:30, voltaron a cambialo, no 2015 as 09:30, no 2016 as 10:00.
Tres anos distintos, e tres cronometradores distintos. (non sei se é por política para dar a todos os da zona ou por que, pero o do 2015 foi penoso a organización de entrega de dorsais)
Vou a resumir que xa me vexo que me vai saír un pedrusco!
Pouco madruguei este ano, coñecía a carreteira, o sitio da entrega de premios, e alí me presentei as 09:00, recollida de dorsal áxil, con camiseta de agasallo.
Este ano a lista de inscritos e dorsais estaba por orde alfabética, recordo que un ano estaba por dorsal!!! Indiferente
Tamén despois desta carreira existe unha travesía a nado. Este ano dan o dorsal despois do noso, outros anos o deron o mesmo tempo, facendo un caos triple!
Me dou tempo a tomar un café rápido con Ana e facer que quentaba así por enriba. Avisan dun pequeno retraso de uns minutos que o final son 7, relativamente normal.
Son 2km cara o este, e volta, e repetir este circuíto unha vez mais. Sempre dixen preferir que fosen 4 de ida e 4 de volta, pero aquí esta así.
Me coloco no medio do pelotón de saída, e alá empeza a carreira.
Eu salgo con calma, pero nesta carreira sempre existe moito nivel.
Me dou conta que a saída a puxeron un pouco máis preto do paseo do habitual, e nos toca coller uns 400m de area un pouco mais branda do habitual. Todo o tempo se corre moi cómodo, pero nese trozo un pouco menos. Sen darme conta o premer km sae a 4:00, e me relaxo, me deixo ir, un pouco pois correr por aquí non é fácil, nese premer km adianto a moitos, pero case me establezo. O segundo km sae a 4:06, vou cómodo pero non tanto, hai que saltar os pequenos ríos de auga, dar a volta, non me queixo, gardo forzas.
Terceiro e 4 quilómetro da o sol nas espaldas e se nota xa un pouco, que coincide con un pouco de lixeiro vento en contra, eses km a 4:08 e 4:10. Xa non é fácil correr, o que gardei empeza a facerme falta.
Un pouco de auga no avituallamento de meta, e manterme máis ou menos, e se podo nos dous últimos quilómetros darlle.
Dende o km 3 paso a moitos corredores, pero pouco a pouco, non como no primeiro. Do 4 o 6 sego pasando a moitos, pero o meu ritmo baixa, me custa, e sae a 4:13 e 4:18. Un corredor se me pon detrás, e cada vez que adiantaba a alguén, se me poñía diante, e despois voltaba para atrás...
No km meu 4.7 aprox, vai o primeiro clasificado, levándolle unha vantaxe de máis de 400m o segundo, cando na primeira volta ía un grupo de 5 pegados (Antonio Jesús Narváez Vidal). que se debeu relaxar moito, pois o final so lle sacou en meta 53s o segundo Abraiado , cando o levaba uns 80s nese intre).Sego co meu que se non sae un spin off.
No último xiro, faltan 2k, decido ir un pouco máis rápido dentro das forzas que me quedan, pero este señor que se me poñía diante, me seguiu facendo o mesmo, incluso nunha destas me sacou uns 10m, eu un pouco mosca pero non me piquei, o km 7 saíu a 4:02. Aí empecei a dar un pouco máis, pois ía pasando a moitos corredores, e xa me apetecía acabar. Pillei o que me facía a comba, e mantíveno uns metros ai, fixo o ademán de voltar a adiantarme outra vez, e nese intre apretei para esquezerme de mirar atrás. Saíu o último km a 3:53
Cheguei a meta sen aire, pois este último km a area estaba máis branda do habitual e o esforzo era un pouco máis, tamén indicar de que a calor nas voltas para a meta se notaba, xa estabamos a 25º, aínda que non era comparable con Melide 2017. Guiño
Como curiosidade cheguei a meta, e o control de chip antes que a terceira clasificada, e sae diante miña na clasificación.
Tempo neto de 32:52 (4:06), que non contaba con elo, esperaba un 33:30-34:00. o final melloría un 1:04 do 2016, e 58s peor que no 2016.
Posto 72 de 594, con 3 mulleres na clasificación diante miña.
Avituallamento final con bebidas frías e barriñas.
O locutor un xenio, dando ánimos, quedándose con todos, incluso coñecendo os da cola, recordado a súa idade (algún señor de 80 tacos estaba por alí correndo, e algún guiri de 70 habitual).
O mellor disto: o baño final na praia, estiven uns 10 minutos metido na auga, e os comentarios de todos era que iso era vida, desfrutar dese intre de paz e gratificación con ese auga refrescante. A verdade e que nunca me sentou tan ben como esta vez.
Carreira con moito nivel, onde diante miña todos eran camiseta de clubs de atletismo, equipos de tríatlon etc...
Se me coincide repetirei.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
470 Carreiras
3675 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Ago 2017, 16:03
Asunto: Re: XVI CARRERA PLAYA LA BARROSA 8k 23/7/17 09:30 Chiclana-C

Xa vexo que estás preparado para correr a Carreira das Areas en Carnota, para o ano esperámosche Ríndose Ríndose

Menos mal que non estás en forma, ti o que non podes facer e adestrar, que despois te lesionas, a competir, que é onde rindes.

Moi bo resultado no global da carreira.

Un saudo.
tiojuan

Foreiro Senior
Foreiro Senior
3/10/11
0 Carreiras
807 Mensaxes
Cambados
Respostar citando Envío Ven, 01 Set 2017, 7:21
Asunto: Re: XVI CARRERA PLAYA LA BARROSA 8k 23/7/17 09:30 Chiclana-C

Aplauso q eres un máquina pero non queres reconocelo,choras coma todos pero despois en carreira...zass en toda la boca!
Saudiño Oscar.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4694 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Lun, 04 Set 2017, 10:53
Asunto: Re: XVI CARRERA PLAYA LA BARROSA 8k 23/7/17 09:30 Chiclana-Cádiz

Gracias por la crónica Óscar

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos