Foros ›
IV Edición 5 km correndo pola praia de Razo
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
andres3

Novo foreiro
Novo foreiro
18/06/12
0 Carreiras
32 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 20 Ago 2017, 22:36
Asunto: IV Edición 5 km correndo pola praia de Razo

Boas a tod@s!
Outro ano máis, e xa van 4, por estas datas o club deprotivo Os Muditos organiza, este ano o domingo, 27 de agosto, os 5 km correndo pola praia de Razo, esperamos ter un bo día de deporte onde nos acompañe o bo tempo coma nas tres edicións anteriores...poucos paraxes hai mellores para correr que a praia de Razo, igual pode pero mellor non...animádevos e grazas por meter a carreira no calendario que o ía a facer agora e resulta que xa estaba...esperámosvos
vacatola

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/08
0 Carreiras
499 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Lun, 28 Ago 2017, 7:52
Asunto: Re: IV Edición 5 km correndo pola praia de Razo

Espectacular carreira que pasou case desapercibida.

Mañá perfecta para correr, temperatura máis que agradable, sen nordés (raro, raro pola zona…de feito pola tarde xa se levantou) e incluso respetou a marea que baixou xusto a tempo para a carreira de adultos.

Unha carreira moi recomendable, distinta e amena, con ambiente moi festivo e agradable.

Avituallamiento completo: auga e froita, os organizadores rogando para que rematásemos existencias, en fin que non entendo moi ben como non chegou a cubrirse a cuota de inscritos (300 máximo na carreira de adultos).

Perfecta para correr descalzo





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos