Ven, 18 Ago 2017, 10:23
Asunto: XXXV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA - GRAZAS E FOTOS
O Concello de Brión organiza a XXXV edición da súa carreira popular na que poderán participar atletas federados e non federados e que estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago). Esta carreira está integrada dentro do V Circuito de Carreiras Populares da Deputación de A Coruña que se desenvoverá ao longo do ano 2017.
>>DATAS E LUGAR<<
Sábado, 7 de Outubro de 2017
CARBALLEIRA DE SANTA MINIA
>>HORARIOS E DISTANCIAS<<
16:00 H. - RECOLLIDA DE DORSAIS
17:00 H. - CARREIRA PITUFOS/AS :: 100 M. APROX.
17:10 H. - CARREIRA PREBENXAMIN :: 350 M. APROX.
17:20 H. - CARREIRA BENXAMIN :: 500 M. APROX.
17:30 H. - CARREIRA ALEVÍN :: 500 M. APROX.
17:45 H. - CARREIRA INFANTIL E CADETE :: 1.500 M. APROX.
18:00 H. - CARREIRA ABSOLUTA :: 8.000 M. APROX.
>>INSCRICIÓNS E PREZOS<<
As inscricións realizaranse ANTES DAS 14H. DO DÍA 4 DE OUTUBRO a través do formulario situado na web: >>
www.carreirasgalegas.com <<
- Carreiras nenos/as [de PITUFO a CADETE]: Gratuita
- Carreira absoluta [de XUVENIL a VETERANO 4]: 5€
NON SE ACEPTARÁN INSCRICIÓNS O MESMO DÍA DA CARREIRA
>> PREMIOS E TROFEOS <<
Recibirán TROFEO E PREMIO EN METÁLICO os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta.
Outorgaranse TROFEOS aos tres primeiros e tres primeiras de cada categoría, agás nos PITUFOS e PREBENXAMINS xa que ao non seren categorias competitivas agasallaránselle medadas conmemorativas a todolos participantes.
Habera TROFEOS ESPECIAIS para os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta empadroados no Concello de Brión.
Tódolos participantes inscritos recibirán unha CAMISETA TÉCNICA agasallo da organización como recordo da súa participación.
Haberá un AVITUALLAMENTO líquido na liña de meta para tódolos particpantes e para os da carreira absoluta haberá outro avituallamento líquido aproximadamente no quilómetro 4,5.
>> SERVIZOS <<
- Amplo aparcamento de balde a 100m. da liña de saída
- Quilómetros sinalizados
- Dorsais personalizados
- Control de tempos mediante chip electrónico
- Servizo de gardarroupa na Casa da Cultura
- Duchas no Pavillón Municipal
- Ambulancia e médico
>> OUTRA INFO <<
-
WEB OFICIAL DA PROBA
-
Cartel 2017
-
Percorridos 2017
-
Regulamento completo da proba
-
Regulamento do V Circuito provincial de carreiras populares Deputación Provincial de A Coruña
-
Galerias fotográficas
>> PATROCINADOR OFICIAL <<
A compañia aseguradora Nationale-Nederlanden será por primeira vez o patrocinador oficial da XXXV Carreira Pedestre da Amaía - Brión 2017
National-Nederlanden e o Concello de Brión chegaron a un acordo de patrocinio para a edición de 2017 da carreira Pedestre da Amaía, unha das carreiras mais senlleiras da comarca de Santiago. A aseguradora, que tamén patrocina carreiras tan emblemáticas como a San Silvestre Vallecana, reafirma así a sua aposta polo running, un deporte para tódolos públicos, capaz de unir diferentes xeracións e que conecta a perfeción co enfoque cara as persoas reais da compañía.
Mais información:
www.nnseguros.es
CASA DA CULTURA - CONCELLO DE BRIÓN
Carballeira de Santa Minia, Nº 5 - 15865 - Brión
Tl. 981 50 99 08 - Fax. 981 50 99 69
concellodebrion @ gmail.com
Última edición por concellodebrion o Mar, 10 Out 2017, 8:57; editado 3 veces