Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
PortadaCalendarioForosA miña conta Activar contenido
Foros ›

XV Andaina 50 km. "Concello de Riveira"
Foros de debateAndainas
Publicar novo tema   Respostar ao tema
Ver tema anterior { View newer topic }

Autor
Mensaxe
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1335 Mensaxes

EnvíoPublicado: Ven, 11 Ago 2017, 16:33    Asunto: XV Andaina 50 km. "Concello de Riveira" Respostar citando

XV Andaina Popular “Concello de Riveira”
Sábado, 2 de Setembro de 2017

A XV edición da Andaina Popular “Concello de Riveira”, celebrarase o sábado 2 de Setembro, e ten como novedades que, aparte do recorrido de 50 km, os participantes terán outras tres posibilidades con distancias inferiores, ca que satisfacer ós participantes ós que 50 km podan resultarlle excesivos:

Recorrido de 50 km.- Será o sendeiro base sobre o que se artellarán os outros tres percorridos. Volverá a ter menor dificultade que os anos precedentes (uns 700 metros de desnivel positivo), evitando as zonas de dificultade física e técnica.

• Recorrido de 18 km.- Saída: 09.00 (Fieiteira-Castro da Cidá-Fieiteira). Recorrido circular, na que os participantes farán os primeiros 15 km da andaina, e logo un atallo de 3 km hasta a liña de meta.

• Recorrido de 28 km.- (Fieiteira-Portochouzo (Oleiros). Representan os primeiros 28 km do percorrido de 50 km. Ó rematar, en Portochouzo, recibirán o diploma acreditativo, e irán sendo retornados en furgonetas hasta o polideportivo da Fieiteira, en grupos de 8 participantes cada viaxe.

• Recorrido de 38 km.- (Fieiteira-Cruceiro de Moldes). Representan os primeiros 38 km do percorrido de 50 km. Ó rematar, en Moldes, recibirán o diploma acreditativo, e irán sendo retornados en furgonetas hasta o polideportivo da Fieiteira, en grupos de 8 participantes cada viaxe.

Este ano a Andaina pasará por: Complexo Polideportivo de A Fieiteira- Mirador da Garita-Carreiriña-Praia do Castro-Muelle Fenicio da Cobasa-Castro do Porto de Baixo-Lagoa de Vixán- Parque Natural das Dunas de Corrubedo- Mirador da Pedrá da Rá-Castro da Cidá-Lagoa do Carregal- Senda Fluvial do Río Sanchanás-Dolmen de Axeitos- Aldea de Balteiro-Cruceiro de Moldes-Petroglifo Pedra das Cabras-Parque Periurbano de San Roque.

ORGANIZACIÓN
A proba está organizada polo Concello de Rivera e a Asociación de Veciños de Carreira, contando coa colaboración de Protección Civil, Policía Local, e Arousa NeO.

INSCRICIÓNS
Efectuaranse na web www.riveira.es, e a través da plataforma www.emesports.es
O prazo para realizar a inscrición comenzará o 11 de Agosto e rematará o xoves, 31 de Agosto.

PRECIOS
Andaina de 50 KM (28-38-50 km): 13 euros (16 os non federados)
Andaina de 18 km: Precio único de 10 euros.

A partir do 1 de setembro, haberá un prezo único de 25 euros, sen dereito a camiseta de recordo, e estas inscricións deberán realizarse nas oficinas de deportes no complexo deportivo da Fieiteira. Teléfono 981. 873646.
Nota: Para a Copa Galega de Andainas de 50 km, só acreditarán a participación os que rematen o roteiro de 50 km.

O número máximo de participantes é de 300 para os recorridos do sendeiro de 50 km, e 100 para o circuito circular de 18 km. (no intre de acadar estas cantidades xa non se admitirán máis inscricións).

SAÍDA
A saída realizarase desde as pistas de atletismo do Complexo Polideportivo A Fieiteira, ás 9 horas. É preciso estar no punto de saída 30 minutos antes do inicio da proba.

ROTEIRO
Estará convintemente sinalado con cintas de tela de cor laranxa e pintura amárela fluorescente, cunha distancia máxima entre sinais de 200 metros.

AVITUALLAMENTOS
Ao longo do percorrido haberá seis puntos de avituallamento coa finalidade de prover aos participantes de auga e comida durante o tempo no que se desenvolva a proba.

CONTROIS DE PASO
Haberá controis de paso, polos que os participantes deberán pasar nuns tempos máximos, calculándose estes a razón de 4,2 km/hora. A organización non se inmiscuirá en como se realicen os tramos entre controis de paso (andando, correndo,…) sempre e cando non se moleste ao resto de participantes. Os controis de paso estarán situados nos puntos de avituallamento.

MATERIAL OBRIGATORIO:
De cara a implantar melloras a nivel de menor pegada ecolóxica desta actividade, os participantes teñen a obriga de portar un bidón ou cantimplora e un vaso de plástico ou metal, co que se irán abastecendo nos avituallamentos (non se entregarán botellas nin vasos de plástico nos puntos de avituallamento).
Así mesmo, será recomendable (para mellorar a seguridade dos participantes) portar un teléfono móbil (coa batería ben cargada!!!) no que poder localizar aos andaríns que non pasen polos controis, ou co que podan avisar á organización en caso de que lle xurdan problemas graves.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
Se en calquera momento da proba algún ou algunha participante se atopa canso ou sofre algunha lesión importante, debe comunicarllo a outro participante ou, se é posible, achegarse ao control máis próximo. A Organización disporá dun servizo de controis itinerantes para solucionar este tipo de problemas.
Ao remate da proba celebrarase un sorteo de agasallos, así como unha festa con paella e bebidas para participantes e acompañantes.
No Complexo Deportivo A Fieiteira, os vestiarios e as duchas estarán abertos a partir das 12.00 horas.
Ver perfil de usuario
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Respostar ao tema    Foros de debate -> Andainas Tódalas horas son GMT + 2 Horas
Páxina 1 de 1


Cambiar a:  
Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos

Categorías
Donde
 Foreiros:
  Anomander > Foros
  vidal79 > Calendario


2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy