Foros ›
I Trail Padrón "Desafío Vértice" 2017
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 04 Xul 2017, 8:00
Asunto: I Trail Padrón "Desafío Vértice" 2017

Ola a tod@s!
O Club de Montaña Vértice e o Concello de Padrón, organizan o I Trail Padrón “Desafío Vértice”, que terá lugar o día 2 de Setembro, as 17:00h.
A saída será na aldea de A Agrela - Teo (xunto a Capela de Santa Ana), e chegada na Praza de Macías (Padrón).

TRAIL: Modalidade competitiva con unha distancia de 21 kms.
Desnivel positivo aproximado de 1.400 m e un desnivel acumulado de 3.000 m.
Dificultade física: alta
Dificultade técnica: alta
3 Avituallamentos (líquidos + sólidos)
200 prazas

Apertura de inscricións en Galitiming.
Mais info no Facebook do CDM Vértice
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 04 Xul 2017, 8:08
Asunto: Re: I TRAIL PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" 2017

I TRAIL PADRÓN
“DESAFÍO VÉRTICE” 2017

Reglamento e Programa

1.- ORGANIZACION E TIPO DE PROBA

1.1.- O Club de Montaña Vértice e o Concello de Padrón, organizan o I Trail Padrón “Desafío Vértice” 2017, que se celebrará o día 2 Setembro do 2017, con saída en A Agrela (Teo) e chegada en Padrón (Praza de Macías).

1.2.- Tipo de proba.

Modalidade competitiva con unha distancia de 21 kms.
Desnivel positivo aproximado de 1.400 m e un desnivel acumulado de 3.000 m.
Dificultade física: alta
Dificultade técnica: alta
3 Avituallamentos (líquido + sólido)

O participante que sobrepase o tempo límite (3:00h desde a saída) no alto dos muíños eólicos (Km 14), deberá coller un desvío de maneira obrigatoria, que o levará as antenas do monte Meda. Alí estará o 3º avituallamento, desde o cal, estes corredores seguirán o trazado da proba como o resto de participantes.

2.-PERCORRIDO

2.1.- O itinerario, con saída xunto á capela de Santa Ana, na aldea de A Agrela, recorre os montes de Lampai en dirección o monte Meda, coroando as 5 cimas máis importantes: Pena das Cruces, Pena de Agrela, Castelo de Roque, Castelo Redondo e o Meda.

Elevación máxima: 448 m
Elevación mínima: 13 m
Pendente máxima de subida: 41%
Pendente máxima de baixada: 33,7%
Distancia de asfalto acumulada: 0,7 km,s

3.- PROGRAMA

02 de Setembro (sábado)

15:00 – Apertura dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais.
(Praza de Macias en Padrón- Zona de Meta)
16:00 – Fin da entrega de dorsais.
Inicio de transporte (autobuses desde a praza da feira) dos corredores para a saída en A Agrela.
17:00 – Saída da proba
20:00 – Corte horario (desvío obrigatorio) no alto dos muíños eólicos (Km 14).
19:30 – Chegada prevista dos primeiros corredores.
20:30 – Cerimonia de entrega de premios
21:00 – Peche de Meta.

4.- PARTICIPACIÓN

4.1.- Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, que pode desenrolarse baixo condicións climáticas de calor, polo cal debe prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de carreiras de montaña.

A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as condicións do presente Reglamento e participan baixo a súa enteira responsabilidade, afirman poseer unhas condicións físicas suficientes para a realización da proba.

4.2.- O percorrido estará señalizado pola organización con cinta plástica de color vivo, pintura, carteis indicadores ou outros elementos de señalización. E responsabilidade de cada participante localizar a señalización e seguila.

4.3.- Aínda que o percorrido, case na súa totalidade, non transcorre por estradas, en algún momento si se cruza ou se transita durante un pequeno tramo por elas. Polo tanto, estes tramos non estarán cortados o tráfico rodado, debendo os participantes respetar as normas de Tráfico e indicacións da Organización.
Importante prestar atención o cruce da N-550 (xa no casco urbano de Padrón), paso de peóns, onde haberá persoal xestionando ese punto (Km 19).
Coordenadas: 42º44´40.86´´N 8º39´22.72´O

4.4.- Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis reglamentarios establecidos.

4.5.- A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o aconsellan.

4.6.- O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza, polo que non debemos ensucialos nin deterioralos, arroxando desperdicios fora das áreas de control.

Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma.

4.7.- O participante presta o seu consentimento a Organización do I Trail Padrón “Desafío Vértice” 2017, para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódalas formas posibles. Calquer persoa inscrita poderá prohibir a utilización expresamente, previa comunicación por escrito dirixida o CDM Vértice a través do seu mail: cdmvertice @ gmail.com
A Organización garantira o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e de acordo con disposto en dita lei, o firmante queda informado e presta o seu consentimento para a incorporación dos seus datos persoais aos ficheiros automatizados da Organización e o tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias da mesma. O participante porá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido o CDM Vértice a través do seu mail: cdmvertice @ gmail.com

5.- INSCRICIÓN

5.1.- A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos (cumpridos o día da proba). O límite de participantes será de 200 prazas. Si antes da fecha de peche de inscricións (30 de agosto de 2017), se chegase a dito número, non se admitirán mais participantes.

5.2.- As inscricións poranse formalizar a partir do día 03 de xullo de 2017, a través da páxina web galitiming.com/inscrip...-line.html rellenando o formulario habilitado a tal efecto, e efectuando a transferencia bancaria correspondente.

Prezo da inscrición: 15€

Unha vez realizada a inscrición, solo se accederá a devolución do importe en caso de lesión ou enfermedade, sendo necesario a presentación dun certificado médico mediante correo electrónico a seguinte dirección: cdmvertice @ gmail.com

A inscrición e persoal e intransferible e supón a aceptación de este Reglamento e a renuncia a todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción legal que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo ningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa diferente a inscrita.

6.- CATEGORÍAS E PREMIOS

6.1.- Categoría absoluta masculina e feminina
Veteranos (+40) masculina e feminina
con trofeos os tres primeiros de cada unha das categorías (non acumulables).
Premio especial o primeiro corredor masculino e feminino na subida a Pena das Cruces. (Km 4,5 o Km 5,2 +222m)

7.- AVITUALLAMENTOS

7.1.- Como apoio, a Organización pon a disposición dos participantes os seguintes avituallamentos líquidos e sólidos:

Km. 6,4 – Mirador Pena da Agrela - Líquido + Sólido
Km. 10,5 – Cruce estrada CP-6502 - Líquido + Sólido
Km. 15,5 – Monte Meda - Líquido + Sólido

8.- MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN

8.1.- Motivos de descalificación:

Non pasar polos puntos de control establecidos

Non realizar o recorrido completo

Non respetar o itinerario balizado ou a señalización do recorrido

Entrar na meta sin dorsal

Deixar lixo (envases o envoltorios ou calquer outro desperdicio), fora das zonas de avituallamentos e control)

Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite

Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa

9.- RETIRADA E ABANDONOS

9.1.- Calquer corredor porá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo o control máis próximo ou o persoal da Organización e entregando o dorsal.
Si por caso de accidente ou lesión o corredor queda inmobilizado e non pode chegar hasta un punto de control, tendrá que avisar o corredor máis cercan ou esperar o vehículo escoba. Existirá un nº de teléfono para emerxencias: 622 144066.

9.2.- A Organización porá retirar da carreira, baixo o seu criterio, os participantes que teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio, etc. que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan mermadas as súas condicións físicas para continuar en carreira.

9.3.- Os participantes están obrigados a prestar auxilio os accidentados ou a aqueles que o requiran.

10.- ENTREGA DE PREMIOS

A entrega de premios farase a partir das 20:30h

11.- OUTRA INFORMACIÓN

11.1.- A Organización disporá de servizos de asistencia médica. Tamén pondrá a disposición dos participantes as duchas e vestiarios do Pavillón Polideportivo Municipal (zona chegada).

11.2.- Coordenadas GPS

-Meta/Recollida de dorsal: 42º44´17.15´´N 8º39´39.40´O (Praza de Macías)

-Saída Trail: 42º47´00.85´´N 8º37´08.16´O (aldea de A Agrela)

-Duchas: 42º44´07.45´´N 8º39´39.05´O (Pabellón municipal lugar do Souto)

11.3.- Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha póliza de seguros concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenrolo da proba e nunca como derivación de un padecemento ou tara latente, imprudencia, inobservancia das leis e do articulado deste Reglamento, así como os producidos nos desprazamentos o y desde o lugar en que se desenrola a carreira.

11.4.- A Organización reservase o dereito de admisión nesta proba.


Última revisión: 03/07/2017
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 05 Xul 2017, 6:51
Asunto: Re: I TRAIL PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" 2017

Inscricións abertas xa en Galitiming!





Última edición por CDM_Vértice o Lun, 10 Xul 2017, 15:56; editado 1 vez
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Xul 2017, 15:50
Asunto: Re: I Trail Padrón "Desafío Vértice" 2017




Última edición por CDM_Vértice o Mar, 25 Xul 2017, 20:49; editado 1 vez
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 13 Xul 2017, 7:20
Asunto: Re: I Trail Padrón "Desafío Vértice" 2017

Video do Track:


CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Dom, 30 Xul 2017, 15:02
Asunto: Re: I Trail Padrón "Desafío Vértice" 2017

eu dende o campo de futbol de Lampai ata cruzar abaixo o rio daria menos bordeo para endureceo mais ainda.

o planteamento mola moito.

un dia que a fagades avisade,non me ides ensinar nada novo,pero mola entrenar con xente,jajajaj.
loisdelain

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/10/11
0 Carreiras
164 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 15 Ago 2017, 10:18
Asunto: Re: I Trail Padrón "Desafío Vértice" 2017

O decir dificultade tecnica alta.

Que tipo de terreno ou recorrido nos imos a atopar? Disimulando
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 15 Ago 2017, 13:47
Asunto: Re: I Trail Padrón "Desafío Vértice" 2017

Bos días Loisdelain,
o trazado do percorrido desta proba ten un pouco de todo: sendeiros moi corribles, subidas por cortalumes e camiños con moita pedra, baixadas por zonas técnicas, con pedras soltas, algo de agua. Despois de facer cima no Meda, baixada técnica de un cortalumes para despoís correr sin parar hasta a meta (para @s que lle queden forzas, jejeje). Para os que teñan medo o sol ou calor, decir que este percorrido discorre nun 80% a sombra de carballos, castaños, etc.
Ánimo e inscribirse neste Desafío Vértice, vai a sorprendervos descubrir un percorrido coma este tan cerca de tod@s.
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Mér, 16 Ago 2017, 20:00
Asunto: Re: I Trail Padrón "Desafío Vértice" 2017

loisdelain escribió:
O decir dificultade tecnica alta.

Que tipo de terreno ou recorrido nos imos a atopar? Disimulando

o da dificultad tecnica e dificil de valorar,xa que non todos temos o mismo concepto sobre que terreo nos parece complicado.

pero vamos,eu tamen diria que estamos ante un trail tecnico e duro.
loisdelain

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/10/11
0 Carreiras
164 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 17 Ago 2017, 14:58
Asunto: Re: I Trail Padrón "Desafío Vértice" 2017

Gracias polos detalles, o da sombra anima un pouco nestas fechas
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Xov, 17 Ago 2017, 20:05
Asunto: Re: I Trail Padrón "Desafío Vértice" 2017

loisdelain escribió:
Gracias polos detalles, o da sombra anima un pouco nestas fechas

ten moita sombra,pero ten dous cortalumes expostos de uns 220m+ de subida que van a poñer a proba as pernas de moitos,e como pete o sol xa nin che conto.

pufff,vai molar moito,e eu non vou poder desfrutalo,cajonomundo!!!!
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
878 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 18 Ago 2017, 7:45
Asunto: Re: I Trail Padrón "Desafío Vértice" 2017

15 inscritos de momento Triste estoulle dando toda a publicidade que podo. Ogallá medren as inscricións a última hora!
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 18 Ago 2017, 13:37
Asunto: Re: I Trail Padrón "Desafío Vértice" 2017

Moitas gracias Ajacast, a xente espera bastante hasta o final.
Ánimo a tod@s, vai a ser unha proba moi chula, polo seu trazado é algunha cousa mais.
É unha proba accesible para tod@s os corremontes.
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Ven, 18 Ago 2017, 22:11
Asunto: Re: I Trail Padrón "Desafío Vértice" 2017

AJACAST escribió:
15 inscritos de momento Triste estoulle dando toda a publicidade que podo. Ogallá medren as inscricións a última hora!

tate tranquilo que estou mais que convencido de que vai ser un exito.
poño a man no lume!!!

pero pasa o de sempre,a xente espera porque antes ten outros eventos e quere estar seguro de que vai a poder ir.

e normal e comprensibe,ainda que para as organizacions e unha gran putada,xa que invirtes tempo e cartos e ata o ultimo dia estas colgado sin saber si vas palmar cartos.
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Ven, 18 Ago 2017, 22:12
Asunto: Re: I Trail Padrón "Desafío Vértice" 2017

CDM_Vértice escribió:
Moitas gracias Ajacast, a xente espera bastante hasta o final.
Ánimo a tod@s, vai a ser unha proba moi chula, polo seu trazado é algunha cousa mais.
É unha proba accesible para tod@s os corremontes.

accesible si,pero digoche eu que moitos se van acordar de vos,jajajajaj.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos