Foros ›
II Milla do Deporte Solidario (3 de xuño, Compostela)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
miguelanxo

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/05/07
400 Carreiras
677 Mensaxes
O Castiñeiriño (Compostela)
Respostar citando Envío Sáb, 20 Mai 2017, 19:09
Asunto: II Milla do Deporte Solidario (3 de xuño, Compostela)

O sábado 3 de xuño, en Area Central (Fontiñas, Santiago de Compostela), celebrarase o 3º día do deporte solidario, con múltiples actividades para cativos e adultos dende as 11h. da mañán ata as 21h., e das que poderedes ter máis información no seu facebook.

Este ano, os donativos irán destinados á Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer de Santiago de Compostela (AGADEA)

Unha das actividades estrela da xornada será a II MILLA DO DEPORTE SOLIDARIO, con carreiras en moitas categorías a disputarse dende as 18h. da tarde do sábado. Toda a información e inscricións (FGA) neste enlace

Así mesmo, a organización precisa de VOLUNTARIXS, polo que se alguén quere colaborar, pode poñerse en contacto comigo a través de mensaxe privada.

ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN COA CAUSA!
Grazas!


miguelanxo

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/05/07
400 Carreiras
677 Mensaxes
O Castiñeiriño (Compostela)
Respostar citando Envío Dom, 28 Mai 2017, 7:31
Asunto: Re: II Milla do Deporte Solidario (3 de xuño, Compostela)

Achego novos links para máis información non só da Milla senón tamén do resto da programación para o sábado 3 de xuño: facebook do evento

Programación en pdf

Non vos podedes perder o 3º Día do Deporte Solidario. Sobre todo, para os que teñades cativos, saleintar que poderán participar en múltiples actividades deportivas, concentradas todas en Área Central.

Tamén indico o link para anotarse como Voluntariado. Precisamos axuda! Sorriso
Acceso ao formulario

E lembrade que todo é por unha boa causa!!
miguelanxo

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/05/07
400 Carreiras
677 Mensaxes
O Castiñeiriño (Compostela)
Respostar citando Envío Mar, 30 Mai 2017, 22:00
Asunto: Re: II Milla do Deporte Solidario (3 de xuño, Compostela)

Lembrade, o prazo de inscrición remata este xoves 1 de xuño Sorriso
miguelanxo

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/05/07
400 Carreiras
677 Mensaxes
O Castiñeiriño (Compostela)
Respostar citando Envío Ven, 02 Xuñ 2017, 20:21
Asunto: Re: II Milla do Deporte Solidario (3 de xuño, Compostela)

Todo preparado para a celebración da II edición da Milla do día do Deporte Solidario que se levará a cabo mañán sábado 3 de xuño en Área Central a partir das 18 horas.
Durante toda a xornada de mañán e ata media hora antes do inicio das probas poderás recoller o teu dorsal na tenda de deportes Centro Deportivo de Área Central.

Se todavía non estás inscrito, a organización permitirá as inscricións presenciais na mesma tenda de deportes ata ás 17 horas de mañán sábado.

Consulta listado de inscritos (aquí)
miguelanxo

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/05/07
400 Carreiras
677 Mensaxes
O Castiñeiriño (Compostela)
Respostar citando Envío Dom, 04 Xuñ 2017, 17:06
Asunto: Re: II Milla do Deporte Solidario (3 de xuño, Compostela)

Resultados FGA

Moitas grazas por participar!!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos