Foros ›
RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 25 Mai 2017, 18:28
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

INSCRICIÓNS PECHADAS da VI CARREIRA DA CEREIXA EN www.championchipnorte.com!!!

Poderedes inscribirvos de maneira presencial ata o sábado no Centro Cultural de Beade.
RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 25 Mai 2017, 18:40
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

E sumamos unha proba máis ó Circuito de Carreiras RUN RUN VIGO,
XXXIV CARREIRA NOCTURNA DE SAN XOÁN á que vos podedes inscribir dende hoxe ata o día 21 de xuño.

INSCRIPCIÓN
REGULAMENTO



RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 29 Mai 2017, 18:27
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

Finalizada a terceira proba do circuito de carreiras RUN RUN VIGO, a clasificación queda da seguinte maneira:

No apartado Masculino 1 estase a librar unha fermosa batalla entre os dous favoritos a priori, Akka Essaadaoui e o actual campión Daniel Bargiela, a sorpresa deste ano ven por parte do excilista Iván Roade Lago que se mete na loita presentando unha candidatura moi seria ao título.
Entre as Féminas 1 Ester Navarrete Santana lidera a súa categoría pola ausencia de Sandra Mosquera nesta última proba estando só a 100 puntos.
A xeral sigue liderada por Carmen Costas Rodriguez con empate a puntos co segundo clasificado José Jardón López.
O C.S.C.R. BEADE encabeza a clasificación por equipos seguido polo Bikila VIGO, Castrelos 20:30 e Athletics Fisioterapia San Lazaro a regularidade será mellor estratexía para o equipo que queira subir o máis alto do podium.
Que nos depará o próximo día 10 de xuño a V Noctuna Correndo por Vigo?

Clasificación Individual.
championchipnorte.com/...s=&search=

Clasificación Equipos.
championchipnorte.com/...igo-2017/1

Podedes ver todas as fotos desta última proba no Facebook RUN RUN VIGO www.facebook.com/RunRunVigo/
RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 14 Xuñ 2017, 19:19
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

O Mercado Travesas Vigo foi testemuña da V edición da Noctuna correndo por Vigo, e 4ª proba puntuable do circuíto, que nos deixou máis que unha loita nas distintas categorías do Run Run Vigo.

No apartado feminino, Ester Navarrete Santana lidera a Categoría 1 con marxe de 600 puntos sobre a ausente Sandra Mosquera e métese na loita Dolly Darlen.
Na Feminino 2, Ana Alonso pon terra por medio sobre Blanca Labandeira e Mónica Gallinar.

Mari Costas con tan só 20 puntos de marxe sobre a segunda clasificada, Ana Andres De La Iglesia, libran unha fermosa loita con M.Carmen Cabaleiro como testemuña da Feminino 3.

A líder da clasificación xeral, Carmen Costas, empatada a puntos con José Jardón, lidera comodamente a categoría Feminino 4 sobre Josefa Freire e María José Esteban.

A espectacular posta en escena na Avda. da Florida deixounos un duelo de titáns entre Elías Domínguez e Daniel Bargiela, que no sprint facíase ca segunda praza da proba e da categoría Masculino 1 do circuíto sobre un ausente Akka Essaadaoui. Un enorme Iván Roade Lago mantense forte na categoría cunha espectacular carreira que liderou de principo a fin.

As categorías mais apertadas do circuíto son a Masculino 2, encabezada por Manuel Prieto, seguido Rubén Pereira e Manuel Enrique Estévez estando a 200 puntos do liderato. No caso da Masculino 3 Carlos Javier Estévez, afastase de José Carlos Adán e Antonio Fuertes que quedan nun marxe de 550 puntos.
O segundo clasificado na xeral Jose Jardón lidera con unha ampla vantaxe a categoría 4 sobre J. Roberto Rey e Alfonso Rodriguez.

Non lle bastará os equipos ca recuperación de pizza e cervexa para coller forzas de cara a noite mais curta do ano, xa que a clasificación parece apertarse mais cada proba que pasa.

C.S.C.R. Beade mantense no caixón mais alto seguido moi de cerca por Athletics Fisioterapia San Lazaro Team. Cartelos 20.30 masculino situase no terceiro posto a escasos puntos de Bikila .

Na noite mais máxica do ano, espéranos a XXIV Carreira Nocturna San Xoán Agrupación Viguesa Atletismo, onde veremos que nos depara esta clasificación.

CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL: championchipnorte.com/...visional/1
CLASIFICACIÓN EQUIPOS:
championchipnorte.com/...pos/r…/1
CCNorte
RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 14 Xuñ 2017, 19:22
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

E o circuito RUN RUN VIGO non para!!
Temos unha cita a noite máis máxica do ano coa celebración da XXXIV CARREIRA NOCTURNA DE SAN XOÁN, organizada pola Agrupación Viguesa Atletismo.

Deixámosvos o percorrido para todos os que non o coñezades e lembrámosvos que podes inscribiros ata o día 21/06/2017 no enlace

championchipnorte.com/...e-san-xoan


RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 19 Xuñ 2017, 12:08
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

Comenzamos a conta atrás para pechar inscricións na XXXIV CARREIRA NOCTURNA DE SAN XOÁN organizada por Agrupación Viguesa Atletismo. Quinta proba puntuable para o circuito de carreras RUN RUN VIGO que marcará o ecuador, e dará un descanso ata a vindeira proba en setembro.

Aínda non estás inscrit@??? A que esperas???
Podes facelo ata o día 21 en ChampionChipNorte

Haberá como premio un xamón ó primeiro e á primeira da clasificación xeral, e unha paletilla @s primeir@s de cada categoría, ademáis de un sorteo de agasallos entre tod@s @s participantes. E para rematar a noite sardiñas asadas unha vez finalice carreira.

ESPERAMOSVOS!!
RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 20 Xuñ 2017, 18:23
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

A piques de entrar nas últimas 24 horas de inscrición, deixámosvos información de interés para que o venres nos vos perdades nada.

- ENTREGA DE DORSAIS: Na Praza do Rei a partir das 19:00 horas.

- GARDARROUPA: Depositarase na Praza do Rei e recollerase na Praza do Berbés.

- DUCHAS E VESTIARIOS: Dispoñibles dende as 21:00 ata as 23:00 horas no Pavillón do Berbés.
RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 30 Xuñ 2017, 13:05
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras



A XXXIV Carreira Nocturna de San Xoán deixa abertas as clasificacións do Circuíto de Carreiras Run Run Vigo na 1ª parte desta edición 2017.

A 5ª proba do circuíto Run Run Vigo con final na praza do Berbés deixa cambios na maioría das categorías, cada vez mais disputadas polos participantes.

Dolly Darlen arrebata a segunda posición da Femina 1 a terceira clasificada Sandra Mosquera, baixo a mirada da solvente líder do grupo Ester Navarrete que se afianza na primeira praza sen dar opción as súas contrincantes.

Na categoría Femina 2 Ana Alonso mantense forte na 1ª posición cunha renta de 1050 puntos sobre a segunda clasificada Blanca Labandeira que defende este caixón con so 500 puntos de diferencia sobre Monica Gallinar.

Mantense o mesmo orde na categoría Femina 3, anque a lider Mari Costas sube a súa renta sobre a segunda clasificada Ana Andres De La Iglesia de 50 puntos a 220 puntos no que pode ser unha das categorías mais disputadas no terceiro posto mantense M. Carmen Cabaleiro a menos 140 puntos de Ana De La Iglesia.

María Ángeles Santana arrebata a terceira posición da categoría Femina 4 a María JosÉ Esteban empatadas con 450 puntos para aspirantes a terceira praza. Josefa Freire segunda clasificada afianzase ca segunda praza tras a 1ª clasificada e líder da clasificación xeral Carmen Costas.

No apartado Masculino, a ausencia nas últimas probas de Akka Essaadaoui abre unha fermosa loita entre os 5 aspirantes ao titulo, xa que a victoria de Gonzalo Basconcelo pon en alerta aos catro primeiros clasificados, colocándose a tan so 50 puntos do terceiro posto por detras de Jose Manuel Suarez e o ausente Akka Essaadaoui. 500 puntos son os que separan a fermosa loita que seguen a librar o actual campión Daniel Barguiela e o ex-cilista Ivan Roade que a gran carreira de Basconcelo os situou en 3º e 2º posto da proba con saída da Praza do Rei.

Se comentabamos o apretadas que están as categorías non e menos o que acontece na Masculino 2 que lidera Rubén Pereira con só 50 puntos de vantaxe sobre Manuel Prieto De La Iglesia seguido por Manuel Enrique Estevez que deixa o segundo posto a 300 puntos tras comer as sardiñas no Berbes.

Carlos Javier Estevez 1º clasificado da Maculino 3 mantén a José Carlos Adán a 300 puntos do seu liderado, e colle renta sobre o terceiro clasificado Antonio Fuertes que perdeu 100 puntos na proba mais mítica do calendario situándose a 300 puntos do segundo caixón.

Para rematar as clasificacións individuais Jose Jardón López mantense de líder sólido na súa categoría Masculino 4 sobre J.Roberto Rey que perde distancia sobre Alfonso Rodriguez con só 50 puntos de diferencia.

O Top 5 da clasificación xeral no ecuador da competición esta da seguinte forma, 1ª clasificada Carmen Costas seguida por José Jardón con empate a 2500 puntos, terceira praza para Ana Alonso, cuarta praza para Carlos Javier Estevez a tan só 100 puntos e cerra o Top 5 a incombustible Esther Navarrete empatada con 2000 puntos co sexto clasificado José Carlos Adán


Que nos deparará a segunda parte do Circuíto Run Run Vigo?
A resposta o vindeiro 10 de setembro na VII 10K XORNADAS MARISQUEIRAS DO BERBÉS.


Clasificación Individual:
championchipnorte.com/...visional/1
Clasificación Equipos:
championchipnorte.com/...igo-2017/1
RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 27 Xul 2017, 11:58
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

Xa está en marcha a sexta proba do Circuito de Carreira Populares Run Run Vigo e será o próximo 10 de setembro cunha proba rápida e homologada 10 Km Xornadas Marisqueiras
Podedes inscribirvos xa en :
www.10kxornadasmarisqu...om/#inscri


RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 08 Ago 2017, 18:24
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras




Este será o percorrido que teredes que afrontar en dúas voltas de 5000 mts o próximo domingo 10 de setembro, na XIII 10 Km Xornadas Marisqueiras do Berbés.
Si aínda non estás inscrito, podes facelo a través do seguinte enlace:
www.10kxornadasmarisqu...om/#inscri
RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 14 Set 2017, 11:05
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

Seguimos a reo co circuito de carreiras RUN RUN VIGO e xa está en marcha a 7ª carreira, e 0 22 de octubre celebrarase a quinta edición da "VIGO CONTRA EL CANCER"

Xa vos podedes inscribir a través da páxina vigocontraelcancer.es


roixordo

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/11/08
0 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 18 Set 2017, 22:18
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

Tedes mal, e non é a primeira vez, a clasificación da xeral.
Prego co corrixades. Gracias.


Última edición por roixordo o Lun, 18 Set 2017, 22:21; editado 1 vez
RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 25 Set 2017, 19:06
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

Xa están abertas as inscripcións da 8ª Proba do Run Run Vigo 2017. VIGO + 11 TROFEO CORTE INGLES
Inscricións en Carreiras Galegas


RunRunVigo

Organización
Organización
11/04/17
0 Carreiras
201 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 25 Set 2017, 19:09
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

roixordo escribió:
Tedes mal, e non é a primeira vez, a clasificación da xeral.
Prego co corrixades. Gracias.

Boas Roixordo.
Antes de nada desculparnos pola tardanza en contestar. Podes comentarnos cal é a túa inquedanza? Estamos en contacto ca empresa de cronometraxe, que en todo caso serían eles os indicados para correxir dito erro si o houbera.
Un saúdo
roixordo

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/11/08
0 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 25 Set 2017, 21:49
Asunto: Re: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras

A empresa encargada da cronometraxe tiven que denunciala ante a "Agencia Española de Protección de Datos" porque, incumplindo a LOPD, non cancelaron os meus datos a un requerimento meu. Foron obrigados por este organismo a cancelar os meus datos.
Como comprenderás, despois de este episodio, non vou a facerlles o traballo.

No século XXI non é tan complicado repasar uns resultados e facer unha clasificación correcta. É simplemente unha suma de puntos.

Saúdos.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos