Foros ›
1º Trail de Montaña Concello de San Sadurniño
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
gutibtt

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/05/14
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 05 Abr 2017, 13:34
Asunto: 1º Trail de Montaña Concello de San Sadurniño

Trail de Montaña pola impresionante Serra do Forgoselo (San Sadurniño)

Haberá 3 trail:
-Curto
-Longo
-Combinado (carreira+BTT)

REGULAMENTO.

1. A proba está aberta a todos e todas as atletas, federados/as ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.

2. Cada corredor, corredora e ciclista participa baixo a súa responsabilidade é suponse que dispón dun nivel de condición física óptimo para afrontala proba.

3. Todas as persoas participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no peito e terá que ser visible o longo de toda a proba.

4. Todos os corredores e corredoras estarán controlados con chip, ó chip terá que ser devolto ó remate da proba, a non devolución do chip terá un coste de 5 euros para o participante.

5. Durante o transcurso da proba, faranse controis de paso en varios puntos do circuito que a organización establecerá, polos cales terán que pasar todas as persoas participantes para non ser descalificadas.

6. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente á organización, non máis tarde de 30 minutos unha vez comunicado oficialmente os resultados.

7. RETIRADAS E DESCALIFICACIÓNS:
O servizo médico da competición está facultado para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico.
Serán motivo de penalizacións e/ou descalificacións.

Descalificacións:
• Abandoar residuos fora das papeleiras situadas nos avituallamentos.
• Non auxiliar ao participante que o necesite.
• Non obedecer as indicacións do persoal da organización.
• Non levar o dorsal visible na parte frontal.
• Non realizar o circuito completo saltándose algún punto de control.
• Provocar un accidente voluntariamente.
• Correr co dorsal doutro corredor ou corredora.

Penalizacións:
• Recibir axuda externa (non sanitaria), fora dos avituallamentos.
• Atallar ou sairse do itinerario sinalizado.
• Comportamento non deportivo, irrespetuoso cos corredores, corredoras ou membros da organización.
• Abandono sen comunicación á organización.

8. Todas as persoas participantes na proba o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de inscribirse aceptan o presente regulamento.

9. Seguro: cada participante estará amparado/a por unha póliza de Responsabilidade Civil e de accidentes deportivos, excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis ou da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou dende o mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo alleo á organización, estando estes últimos debidamente identificados.

10. A organización disporá de SERVIZO MÉDICO E AMBULANCIA dende 15 minutos antes do comezo da primeira carreira e ata que finalice a proba.

11. Todas as persoas participantes, polo feito de formalizala inscrición, dan o seu consentimento para que a organización trate informáticamente e con finalidade exclusivamente deportiva e/ou promocional os seus datos de carácter persoal, así como a súa imaxe dentro da proba mediante fotografías, vídeo, redes sociais, etc.

12. A organización poderá solicitar a documentación, onde conste a data de nacemento dos participantes. A non aportación desta, poderá ser motivo de descalificación.

13. Non está permitido o acompañamento en ningunha das probas de ningún vehículo alleo á organización. Nin tampouco con bicicletas, patíns ou de persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Asemade non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.

14. A organización resérvase o dereito de modificar o que considere oportuno.

15. Todo corredor ou corredora que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zoa do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento, poderá ser descalificado/a.

16. En caso de retirada avisarase ao persoal da organización. No suposto de lesión o impedimento para regresar polos propios medios á meta se pedirá axuda á organización.

17. As estradas polas que discurra a carreira non se pecharán ao tráfico en ningún momento e cada corredor e corredora é responsable da súa seguridade, debendo extremar as precaucións. Todo participante está obrigado a cumplir as normas de circulación vial, sendo responsable de cantas infraccións pudiese cometer.

18. A idade mínima para participar será de 16 anos cumplidos no ano de referencia.

19. Non se permite o acompañamento de animais.

CATEGORÍA DE EQUIPOS
Para participar na categoría de equipos, terán que cumprir os seguintes requisitos:

• Inscribirse previamente de forma individual
• Formar un equipo como mínimo de 6 persoas e sen un número máximo de participantes.
• Correr cunha camiseta identificativa da mesma cor.
• Os equipos teñen que ser mixtos (mínimo 3 mulleres e 3 homes).
• Poñer un nome ao equipo (colexio ..., club...).
• A clasificación por equipos obterase sumando o posto da xeral absoluta dos 6 primeiros (3+3) clasificados do equipo (puntúan os 3 primeiros homes e as 3 primeiras mulleres ou viceversa). O equipo que sume menos puntos é o equipo gañador. En caso de empate o equipo gañador será o que teña a última persoa clasificada dos 6 en mellor posición.
• O prezo da inscrición na categoría de equipo non ten custe engadido.
• O trail combinado está excluído da categoría de equipos.

O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.


PERCORRIDOS.
Todos os percorridos son circulares, con saída e chegada no Campo de fútbol de Naraío.
Haberá tres trails (Combinado, Curto e Longo).

1.- Trail Combinado (Carreira+BTT):
Distancia: 16,5 km (9 Km correndo+7 Km en bicicleta).
Desnivel: 811 m.
Pendiente media: 8,3 % e -10%
Pendiente máxima: 32.7 % e -44,6 %
Percorrido: Circular.
Avituallamento: 1 avituallamento sólido e líquido.
Relevo: No kilómetro 9.500
Descrición:
A carreira combinada consiste en realizar o percorrido por parellas.
O primeiro corredor/a sairá correndo dende a saída (campo de fútbol de Naraío) ata un punto intermedio onde estará esperando a parella en bicicleta. O chegar o primeiro corredor/a ao punto intermedio daralle o relevo o/a ciclista que realizará a segunda parte do percorrido en bicicleta de montaña ata a meta.
Porase un autobús e un trasporte para levar ao segundo corredor/a (ciclista) e a súa bicicleta ata o punto de relevo. Logo ese mesmo autobús traerá de volta ao primeiro corredor/a.
O punto de relevo será no avituallamento.
No trail combinado as parellas poderán ser mixtas ou non, participando todos na mesma categoría (absoluta).
Será obrigatorio o uso do casco por parte do/da ciclista.
Non se pode participar con bicicletas electicas.

2.- Trail Longo:
Distancia: 27 km
Desnivel: 1.250 m.
Pendiente media: 8 % e -8,5%
Pendiente máxima: 32.9 % e -44,6 %
Percorrido: Circular.
Punto de corte: No kilómetro 19
Hora de corte: 14:00 horas
Avituallamento: 2 avituallamentos (sólido e líquido)
1º avituallamento no kilómetro 9.500
2º avituallamento no kilómetro 19.

3.- Trail Curto:
Distancia: 16,5 km
Desnivel: 811 m.
Pendiente media: 8,3 % e -10%
Pendiente máxima: 32.7 % e -44,6 %
Percorrido: Circular.
Avituallamento: 1 avituallamento sólido e líquido (Km 9.300).

LUGAR DE SAÍDA E CHEGADA.
Campo de fútbol de Naraío (San Sadurniño).

TROFEOS.
Ás 15:30 horas se realizará a entrega de trofeos dos diferentes trails.
Haberá trofeo para as 3 primeiras posicións nas seguintes categorías:
Trail Longo:
• ABSOLUTA Masculina / Feminina (categoría aberta)
• VETERANS Masculina / Feminina (40 anos – 49 anos, cumplidos no 2017)
• EQUIPOS MIXTOS
Trail Curto:
• ABSOLUTA Masculina / Feminina (categoría aberta)
• VETERANS Masculina / Feminina (40 anos – 49 anos, cumplidos no 2017)
• EQUIPOS MIXTOS
Trail Combinado:
• ABSOLUTA (categoría aberta)
* O mínimo de corredores/corredoras para que se realice a entrega de trofeos dunha categoría será de 3 deportistas unha vez finalizado o prazo de inscrición.
* Os trofeos só se darán o día da proba durante o acto de entrega de trofeos.

SERVIZOS AOS CORREDORES E CORREDORAS.
O prezo da inscrición inclue os siguientes servizos:
• Dereito a participar na proba
• Avituallamentos líquidos e sólidos en carreira.
• Seguro de responsabilidade civil e de accidentes
• Obsequio
• Duchas
• Cronometraxe con chip.
• Servizo médico
• Xantar

ORGANIZA: Concello de San Sadurniño
MichaelN

Novo foreiro
Novo foreiro
28/11/13
0 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 05 Abr 2017, 15:57
Asunto: Re: 1º Trail de Montaña Concello de San Sadurniño

En que fecha se celebra?
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
873 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 05 Abr 2017, 18:06
Asunto: Re: 1º Trail de Montaña Concello de San Sadurniño

Información muy completa. Falta la fecha
pichichi

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/01/11
240 Carreiras
335 Mensaxes
O Pino
Respostar citando Envío Mér, 05 Abr 2017, 19:25
Asunto: Re: 1º Trail de Montaña Concello de San Sadurniño

Si. Seria interesante sabela data
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4686 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mér, 05 Abr 2017, 19:28
Asunto: Re: 1º Trail de Montaña Concello de San Sadurniño

La tenéis en el calendario,4 de junio

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
873 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 05 Abr 2017, 20:50
Asunto: Re: 1º Trail de Montaña Concello de San Sadurniño

Gracias lihto estás en todo. Se sabe qué web llevará el tema de inscripciones y demás o es mucho pedir faltando tanto tiempo¿?
gutibtt

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/05/14
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 06 Abr 2017, 9:58
Asunto: Re: 1º Trail de Montaña Concello de San Sadurniño

O luns abrimos inscricións

Para inscribirse na páxina www.prueba-t.es
Kratos

Montañés
Montañés
14/04/11
0 Carreiras
1012 Mensaxes
valdoviño
Respostar citando Envío Ven, 07 Abr 2017, 12:31
Asunto: Re: 1º Trail de Montaña Concello de San Sadurniño

La metereis en el circuito puntuable????

Entrena como un animal, compite como una bestia
gutibtt

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/05/14
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 07 Abr 2017, 13:46
Asunto: Re: 1º Trail de Montaña Concello de San Sadurniño

Non estamos en ningún circuito. É a primeira edición e imos ver como nós funciona
Baralloco

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/14
3 Carreiras
366 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Abr 2017, 9:50
Asunto: Re: 1º Trail de Montaña Concello de San Sadurniño

gutibtt escribió:
...
TROFEOS.
Ás 15:30 horas se realizará a entrega de trofeos dos diferentes trails.
Haberá trofeo para as 3 primeiras posicións nas seguintes categorías:
Trail Longo:
• ABSOLUTA Masculina / Feminina (categoría aberta)
• VETERANS Masculina / Feminina (40 anos – 49 anos, cumplidos no 2017)
• EQUIPOS MIXTOS
Trail Curto:
• ABSOLUTA Masculina / Feminina (categoría aberta)
• VETERANS Masculina / Feminina (40 anos – 49 anos, cumplidos no 2017)
• EQUIPOS MIXTOS
Trail Combinado:
• ABSOLUTA (categoría aberta)
* O mínimo de corredores/corredoras para que se realice a entrega de trofeos dunha categoría será de 3 deportistas unha vez finalizado o prazo de inscrición.
* Os trofeos só se darán o día da proba durante o acto de entrega de trofeos.

Non me afecta porque non teño nivel para facer podium, pero paréceme moi mal que os maiores de 49 anos non teñan posibilidade de conseguir trofeo na categoría de veterans... na miña opinión, habendo unha sola categoría de veterans, polo menos que fora aberta a partires de 40.
gutibtt

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/05/14
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Abr 2017, 10:11
Asunto: Re: 1º Trail de Montaña Concello de San Sadurniño

A túa opinión será tida en conta para a vindeira edición.
É o primeiro trail e non sabemos a resposta que vai haber, ademaís do tema orzamentario que cantas máis categorías se dispara o prezo en trofeos.

Nun principio valoramos a idea de meter 2 categorias de veteráns pero o final deixamos unha soa
Baralloco

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/14
3 Carreiras
366 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Abr 2017, 11:29
Asunto: Re: 1º Trail de Montaña Concello de San Sadurniño

gutibtt escribió:
A túa opinión será tida en conta para a vindeira edición.
É o primeiro trail e non sabemos a resposta que vai haber, ademaís do tema orzamentario que cantas máis categorías se dispara o prezo en trofeos.

Nun principio valoramos a idea de meter 2 categorias de veteráns pero o final deixamos unha soa

No ten porque haber maior coste económico.

Coido que é tan sencillo de resolver simplemente cun pequeno cambio no regulamento, de deixar a única categoría de veterans sin o límite dos 49 anos...
gutibtt

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/05/14
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Abr 2017, 11:42
Asunto: Re: 1º Trail de Montaña Concello de San Sadurniño

OK.
Vou mirar de cambialo

Grazas
gutibtt

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/05/14
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Abr 2017, 11:50
Asunto: Re: 1º Trail de Montaña Concello de San Sadurniño

Track Trail Combinado

es.wikiloc.com/wikiloc...d=17175523
gutibtt

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/05/14
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Abr 2017, 11:51
Asunto: Re: 1º Trail de Montaña Concello de San Sadurniño

Track Trail Corto

es.wikiloc.com/wikiloc...d=17175492





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos