Foros ›
Carreira Popular de San Telmo en Tui (23 de abril)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
emailGalicia

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/07/09
0 Carreiras
179 Mensaxes
Tui
Respostar citando Envío Mar, 21 Mar 2017, 21:28
Asunto: Carreira Popular de San Telmo en Tui (23 de abril)

Como en anos anteriores, o Club Atletismo Tui - Thermalia organiza a carreira popular de San Telmo en Tui o domingo seguinte ao de Pascua, que este ano é o 23 de abril. Estamos ultimando unha serie de detalles co concello que penso que van facer que esta proba sexa máis interesante. Cando teñamos pechados todos estes temas os comunicaremos por aquí e abriremos a inscrición que vai seguir sendo gratuita.
Tartarugo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/07/07
150 Carreiras
1147 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Mar 2017, 8:52
Asunto: Re: Carreira Popular de San Telmo en Tui (23 de abril)

Quedamos a espera de novidades entón. Gracias Aplauso Aplauso

Se eu puiden, ti tamén...
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Mar 2017, 10:05
Asunto: Re: Carreira Popular de San Telmo en Tui (23 de abril)

Imprescindible! Gracias Club Atletismo Tui - Thermalia
foresgan

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/10/14
1 Carreiras
171 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Mar 2017, 14:45
Asunto: Re: Carreira Popular de San Telmo en Tui (23 de abril)

mmm san telmo vs hapygoruning a decision non e dificil a pena e non poder ir o cuvi
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 04 Abr 2017, 14:55
Asunto: Re: Carreira Popular de San Telmo en Tui (23 de abril)

Boas,
Vin na páxina de atletismo Tui que xa está aberta a inscrición na San Telmo:
Páxina da proba: clubatletismotui.wordp...san-telmo/
Formulario de inscrición: docs.google.com/forms/...rm?c=0&w=1
Pero tamén vexo que a distancia se recorta ata os 5km (o regulamento publicado é o de 2016). Hai cambios no circuito? Mágoa
emailGalicia

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/07/09
0 Carreiras
179 Mensaxes
Tui
Respostar citando Envío Mar, 04 Abr 2017, 21:14
Asunto: Re: Carreira Popular de San Telmo en Tui (23 de abril)

karris escribió:
Boas,
Vin na páxina de atletismo Tui que xa está aberta a inscrición na San Telmo:
Páxina da proba: clubatletismotui.wordp...san-telmo/
Formulario de inscrición: docs.google.com/forms/...=0&w=1
Pero tamén vexo que a distancia se recorta ata os 5km (o regulamento publicado é o de 2016). Hai cambios no circuito? Mágoa
En efecto, xa está aberta a inscrición para a carreira.
O erro do regulamento xa está solucionado, gracias por avisar.
E si, hay cambios no circuito. Nun primeiro momento pensamos na posibilidade de cambiar a ubicación da carreira para ir a unha zona moito máis lisa e rápida pero non puido ser por dificultades de tipo loxístico. Por este mesmo motivo se recorta un pouco o circuito retirando a parte que ía ata o centro interfederado. Agora éntrase directamente polo parque do penedo. Estamos estudando donde podemos aumentar o circuito uns 100 metros para que saian xusto os 5000 tras dúas voltas que sempre queda un número máis redondo e a algunha xente lle gusta máis (aínda que seguirá tendo a dureza das costas e os distintos tipos de firme), probablemente acercándose ao pavillón polideportivo antes de subir polo parque (recuperamos a subida que se facía ata fai dous anos porque volve a estar libre a corredera). Cando concretemos de maneira exacta o circuito cos técnicos do concello publicaremos unha imaxe do mesmo aquí.
A outra novidade é que retrasamos a saída media hora (agora sae ás 11) para que non se faga tan longa a espera entre a primeira carreira e as dos nenos, máis non se pode recortar por causa de outras actividades na zona por mor das festas.
emailGalicia

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/07/09
0 Carreiras
179 Mensaxes
Tui
Respostar citando Envío Mér, 12 Abr 2017, 19:44
Asunto: Re: Carreira Popular de San Telmo en Tui (23 de abril)

Xa están definidos e publicados na web os circuitos. Hai un pequeno circuito de 340 metros pola Corredoira e Ordoñez que normalmente utilizaban os Benxamíns e Alevíns e que este ano é a primeira parte da proba absoluta. Despois dúas voltas a un circuito de 2330 metros que lle chamamos volta grande para entendernos. É case o mesmo ca o ano pasado, pero recortando a parte que ía ata o Centro Interfederado entrando directamente polo Penedo ao paseo de madeira. O resto é igual co paso pola Corredoira que o ano pasado non se puido facer porque estaba cortada con outras instalacións que este ano non se van montar segundo nos confirmaron no concello.
Podedes ver as imaxes na web da carreira
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 13 Abr 2017, 7:07
Asunto: Re: Carreira Popular de San Telmo en Tui (23 de abril)

Pois é unha pena recortar así a distancia. Ata vos quedaba mellor 3 voltas, para chegar aos 7k.
emailGalicia

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/07/09
0 Carreiras
179 Mensaxes
Tui
Respostar citando Envío Xov, 13 Abr 2017, 15:31
Asunto: Re: Carreira Popular de San Telmo en Tui (23 de abril)

karris escribió:
Pois é unha pena recortar así a distancia. Ata vos quedaba mellor 3 voltas, para chegar aos 7k.
Que foi, karris, e que eres fondista e prefires carreiras máis longas? Non sempre máis ten que ser mellor. Organizar unha carreira con 3 voltas vólvese moi complicado cando hai unha certa participación e non contamos con medios coma un chip para controlar a carreira, algo que obrigaría a abandonar o carácter gratuíto da proba
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Abr 2017, 7:21
Asunto: Re: Carreira Popular de San Telmo en Tui (23 de abril)

emailGalicia escribió:
karris escribió:
Pois é unha pena recortar así a distancia. Ata vos quedaba mellor 3 voltas, para chegar aos 7k.
Que foi, karris, e que eres fondista e prefires carreiras máis longas? Non sempre máis ten que ser mellor. Organizar unha carreira con 3 voltas vólvese moi complicado cando hai unha certa participación e non contamos con medios coma un chip para controlar a carreira, algo que obrigaría a abandonar o carácter gratuíto da proba

Ok. Era un comentario. Vémonos o domingo.
Tartarugo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/07/07
150 Carreiras
1147 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Abr 2017, 12:33
Asunto: Re: Carreira Popular de San Telmo en Tui (23 de abril)

Pregunta para emailGalicia: ¿¿ enviades algún tipo de confirmación de inscripción ó correo electrónico ou similar ?? Eu creo que me inscribín correctamente pero non estou seguro.... Gracias

Se eu puiden, ti tamén...
emailGalicia

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/07/09
0 Carreiras
179 Mensaxes
Tui
Respostar citando Envío Lun, 17 Abr 2017, 14:22
Asunto: Re: Carreira Popular de San Telmo en Tui (23 de abril)

Tartarugo escribió:
Pregunta para emailGalicia: ¿¿ enviades algún tipo de confirmación de inscripción ó correo electrónico ou similar ?? Eu creo que me inscribín correctamente pero non estou seguro.... Gracias
So enviamos a copia no caso de seleccionar ao final do formulario a opción "Envíame una copia de mis respuestas". É un proceso automático dos formularios de Google.
Estou en Portugal con mala cobertura. Pola noite a ver se me lembro e miro se estás inscrito.
emailGalicia

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/07/09
0 Carreiras
179 Mensaxes
Tui
Respostar citando Envío Lun, 17 Abr 2017, 20:11
Asunto: Re: Carreira Popular de San Telmo en Tui (23 de abril)

Tartarugo, hai unha inscrición o xoves 6 pola mañá que creo que é a túa.
leidi

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/06/15
80 Carreiras
50 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 20 Abr 2017, 16:01
Asunto: Re: Carreira Popular de San Telmo en Tui (23 de abril)

Disculpar una duda sobre la carrera, este año hay que subir todo el casco viejo o hay que subir la parte del río que al final había una Rampla un año si no me equivoco que había que subir por unas escaleras
emailGalicia

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/07/09
0 Carreiras
179 Mensaxes
Tui
Respostar citando Envío Xov, 20 Abr 2017, 16:04
Asunto: Re: Carreira Popular de San Telmo en Tui (23 de abril)

leidi escribió:
Disculpar una duda sobre la carrera, este año hay que subir todo el casco viejo o hay que subir la parte del río que al final había una Rampla un año si no me equivoco que había que subir por unas escaleras
Volve ser a subida polo lugar de costume, en lugar de pola zona vella. O ano das escaleiras debeuse ao mal estado da pasarela pola choiva, este ano non teremos esos problemas. Ademais dan bo tempo para a proba. Moi feliz





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos