Foros ›
V Carreira da Filloa de Lestedo - Subida ó Pico Sacro
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Rucar

Foreiro infantil
Foreiro infantil
9/10/16
0 Carreiras
70 Mensaxes
O Milladoiro - Ames
Respostar citando Envío Xov, 02 Mar 2017, 20:32
Asunto: Re: V Carreira da Filloa de Lestedo - Subida ó Pico Sacro

Craseski escribió:
Gracias Rucar, entonces no hay riesgos de que puedan patinar las zapatillas no?
Puedes correr con zapas de asfalto pero ojo al principio de la bajada y además dan lluvia y hay q tener aún más cuidado. El año pasado muchos corrian con asfalto pero aún así si tienes con algo de agarre mejor.
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Ven, 03 Mar 2017, 0:06
Asunto: Re: V Carreira da Filloa de Lestedo - Subida ó Pico Sacro

Con un poco de suerte, la lluvia nos perdonará durante la carrera. Según las últimas predicciones que he visto, parará de llover sobre las 16:00 para salir un poquito el sol. Pero eso sí, la de barro que nos podemos encontrar...
PabloAyagarim

Novo foreiro
Novo foreiro
4/03/17
0 Carreiras
7 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 04 Mar 2017, 23:02
Asunto: Re: V Carreira da Filloa de Lestedo - Subida ó Pico Sacro

Boas tardes. Acabo de chegar á casa tras a Carreira da Filloa en Lestedo. Este ano un amigo e eu animamos a varios a vir e ao final fixemos equipiño de 5 persoas, algunhas vindo dende Coruña especificamente para correr alí.

Por mágoa véxome na obriga de colgar un post de queixa e de resarcimento da miña honra persoal xa que acabando de primeiro (con bos sudores e esforzo, por certo) fun descalificado e sentinme tachado de tramposo pola organización.

Esta é a verdade do acontecido para que non se tomen por verdade os rumores:

- Ao final da subida do Pico Sacro íamos de primeiros un corredor do Noitebra e eu detrás, con boa vantaxe sobre os seguintes. Pasamos o avituallamento, subimos un pouco máis e unha persoa que creimos da organización ao estar nun cambio de sentido, nos dixo: "Animo chavales, a esquerda e despois todo pa baixo". O corredor que ía por diante foi o que fixo (esquerda e pa baixo) e eu o seguín. Máis adiante nos comentamos que ao mellor nos indicaran mal porque non pasaramos por un tramo de corda que dixeran. Quedamos en comentalo na meta para que valorasen o asunto. Acabamos a carreira gañándolle eu a este compañeiro no sprint.

- Inmediatamente ao rematar ambos os dous lles comentamos o asunto á organización, lles dixemos onde estaba o que nos falou, eu mesmo lles ofrecín descargar o track do meu reloxo no móbil para valorar se había moita vantaxe ou se foran só uns metros, dixéronme que non facía falla que subía un deles a valorar o asunto en coche ou non sei como. A organización nos di que se non hai queixas queda a cousa así, e eu quedo a entrega de trofeos.

- Antes da entrega de trofeos, o speaker ven xunta min e me di que tiveron reclamación e que a organización, para non facer agravios, valora que ten que penalizarnos con non sei canto tempo o que equivalía a perder dous postos, gañando así un corredor do clube Petroni. Eu lle digo que ACATO a decisión. O speaker vai falar co corredor afectado do Noitebra e se pasa alí falando uns minutos con el e outros corredores dese clube.

- PARA A MIÑA SORPRESA, sen volver a falar comigo para comunicarme un cambio de sanción e deixarme posibilidade de alegación ou mesmo de presentarlles exactamente o meu track, o speaker ponse a falar dicindo: "con moita honradez os dous primeiros clasificados, Pablo ehm ehm (nin a decencia de saber o apellido) e Nome Apelidos do outro corredor, xa nos dixeron que non correran unha parte do recorrido na cima do Pico Sacro, así que decidimos descalificalos"

- PARECEME INDIGNANTE, NON A DECISIÓN (que eso si non comparto, porque unha descalificación é moi grave e nós realmente fumos enganados, ao mellor sen mala vontade, pero enganados) SENÓN A MANEIRA DE TACHAR DE TRAMPOSOS " A POSTA" a dous corredores que fixemos unha carreira excelente e tivemos un comportamento do máis deportivo. Era tan sinxelo como dicir que unha persoa nos indicará mal e que por iso non seguiramos parte do recorrido e despois a decisión que fose.

Polo menos que quede claro que ningún dos dous implicados somos ningún tramposo. Boas noites e vémonos nas carreiras.


Última edición por PabloAyagarim o Sáb, 04 Mar 2017, 23:21; editado 1 vez
Zalo31

Novo foreiro
Novo foreiro
4/11/15
5 Carreiras
28 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 04 Mar 2017, 23:15
Asunto: Re: V Carreira da Filloa de Lestedo - Subida ó Pico Sacro

Encantado con esta carreira!Unha fixa no calendario... grazas polo trato!A seguir así de ben. Aplauso Aplauso Aplauso
romaris

Maratoniano
Maratoniano
10/04/13
0 Carreiras
262 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 04 Mar 2017, 23:17
Asunto: Re: V Carreira da Filloa de Lestedo - Subida ó Pico Sacro

Espectacular a carreira como tódolos anos...noraboa os organizadores e vémonos no 2018
m12021958

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/01/14
12 Carreiras
121 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 04 Mar 2017, 23:19
Asunto: Re: V Carreira da Filloa de Lestedo - Subida ó Pico Sacro

Gracias os organizadores
Donde os resultados?
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Sáb, 04 Mar 2017, 23:22
Asunto: Re: V Carreira da Filloa de Lestedo - Subida ó Pico Sacro

Hola m12021958,

los resultados los colgarán en la web 39segundos

39segundos.com/index.p...&Itemid=73

Supongo que hasta mañana o pasado no pondrán nada. De todas maneras, como esta carrera está inscrita en el Circuito de Correr en Galicia, en cuanto se tengan los resultados también se colgarán ahí.

Saludos,
miguelanxo

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/05/07
400 Carreiras
677 Mensaxes
O Castiñeiriño (Compostela)
Respostar citando Envío Dom, 05 Mar 2017, 7:28
Asunto: Re: V Carreira da Filloa de Lestedo - Subida ó Pico Sacro

Para PabloAyagarim
Non estiven na carreira este ano por temas familiares, pero si o ano pasado con igual percance con varios compañeiros, e mesmo resultado (descalificados), e non transcendeu tanto, polo que estou vendo.

Entendo perfectamente o teu sentir e malestar, seguramente por non deixar claro ao público que fostes descalificados por perdervos e non facer o percorrido marcado.

Fóra deso, bastaba con que por privado llelo comentarades á organización e esperar á que puidesen dar explicacións, desculpa pública, de ser o caso, e non ás primieras de cambio poñer aquí o tema, xa que, eu dende fóra, fasme ver, en primieira impresión, que os da organización foron uns cafres, malintencionados, etc., e podo case que asegurar que non foi así, porque os coñezo. Erros en momentos de estrés, cometemos todos e hai que ser comprensivos, senón, probade a organizar algo (se o fixestes, xa sabedes do que falo). De feito, queixas así amosadas con fío propio así ás primeiras de cambio poden dar ao traste coa org. desta carreira en edicións vindeiras (dou fe, en referencia á org doutras carreiras, onde eu mismo valorei "que la org, su p. madre").

Eu vivín case exactamente o mesmo ca vós no campionato galego de BTT Maratón na Barbantia Roda de Boiro. Unha marcaxe non suficiente fixo que un lote de xente nos perdésemos no km 94 (de 100) e chegásemos á meta por outra zona fóra do percorrido. Eu xa daba por feito a miña descalificaicón, e a asumiría (sabía que ía por onde non debera e que debería ter ido de volta para atrás). Non temía perder o posto (non estaba en lugar de honor), pero si a certificación de ter competido e rematado, moi importante para o meu club. Estiven con desasosego ata a tardiña, cando finalmente vin que non me descalificaran. Con todo a houbese aceptado, con todas as consecuencias. Por qué, porque neste tipo de carreiras o feito de ir "seguindo cintas" é unha variable máis a ter moi en conta.

Se no voso caso non houbo agravios, e vos eliminaron aos dous, perfecto! De non ser así, erro da org. En canto ás formas, seguramente mellorables polo que contas, pero repito que todo con máis calma se pode facer con mellor atino, con estrés (hai que ter os resultados xa para a entrega de premios, etc., tendo en conta que aí fan a cronometraxe a man...).

Lamento o teu sentir. Tómao como unha aprendizaxe máis, e se o que che gusta é correr, pensa no día que desfrutaches cos teus e na carreira pesoal que fixeches independentemente de aparecer ou non na clasificación.

Para a organización, pouco lles podo dicir. Falar con este home por privado estaría ben. falando se entende a xente.

Espero poder ir a unha nova edición da carreira, que valientes sobre con facela ano tras ano, sen esperar absolutamente nada a cambio.

Moita forza pra todas e todos.

M. Nogueira
prevemas

Novo foreiro
Novo foreiro
19/02/13
147 Carreiras
15 Mensaxes
Touro
Respostar citando Envío Dom, 05 Mar 2017, 8:56
Asunto: Re: V Carreira da Filloa de Lestedo - Subida ó Pico Sacro

Bonita carreira e un excelente trato da organizacion coma todos os anos!!
Budiña

Montañés
Montañés
6/09/15
75 Carreiras
244 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 05 Mar 2017, 10:38
Asunto: Re: V Carreira da Filloa de Lestedo - Subida ó Pico Sacro

PabloAyagarim

Siento lo que te paso y mucho animo. La honradez vale mas que un premio. Y tú fuiste honrado.

Sobre la carrera, a mi me gusto mucho. Muy corrible los 6 km primeros. La subida, uffff, me deje los pulmones. La vista preciosa en el Pico Sacro. Y las filloas muy buenas. Gracias a todos, organizadores, voluntarios....
Martin715

Novo foreiro
Novo foreiro
5/03/13
0 Carreiras
13 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 05 Mar 2017, 10:40
Asunto: Re: V Carreira da Filloa de Lestedo - Subida ó Pico Sacro

Boas,

Pois eu son un deses que aproveitaron a ocasión para debutar non trail e disfrutar de correr respirando un pouco de aire fresco e agonizando nesas rampas infernáis do Pico Sacro. Espectaculares vistas, dor de pernas e un regusto a nivel carreira moi bo. Xa teño gañas de repetir en outra, iso si, mellor preparado porque me chegou ben Rezar

Por outra banda comentar que fun tamén un deses liados por Pablo para que fose ata Lestedo a probar nesta carreira e o final foi un pouco amargo. Eu persoalmente de reglamentos de carreiras sei máis ben pouco e non entrarei a debatir si a descalificación é correcta ou non, nin tampouco vin que Pablo reivindique iso. A decir verdade o regusto amargo vén dado si os dous implicados son os primeiros en avisar á organización de que se saltaron por indicacións dun terceiro pouco menos de 200m de tramo (comprobado no Strava), de un par de minutos antes de subirse ó atril á entrega de trofeos acercarse a Pablo un membro da organización e aclararlle que houbo reclamación e de que os van penalizar con 1 minuto co cal caerán ó 3 e 4 posto e acatalo con total naturalidade... esperamos á entrega de trofeos e din que os dous primeiros son descalificados porque se saltaron un tramo e non dan máis explicacións (de feito dúas rapazas que tiña ó meu carón comentaban que "normal, si son tramposos hay que echarlos..."). A sorpresa foi nefasta e as formas incorrectas...

Co fácil que sería decirlles ós implicados de boas a primeiras: Señores, estades descalificados polo reglamento, pola reclamación, e blablabla... pero subir ó atril e explicar ós presentes: Houbo un par de descalificacións debido a esto... ainda así agradecer o seu fairplay por ser eles os primeiros en avisar de saltarse ese tramo de 200m e anunciar que para vindeiros eventos trataremos de que o traxecto sexa máis claro..." (ou calquer cousa, pero vamos, exculpar e disculpar o acontecido).

Quedaría todo máis fino e en realidade sería moito máis xusto, pero bueno, de todo se aprende imaxino Sorriso


Saúdos,
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Dom, 05 Mar 2017, 11:01
Asunto: Re: V Carreira da Filloa de Lestedo - Subida ó Pico Sacro

Muy buenas. Leyendo los mensajes, de lo que no me queda duda es de honradez de los corredores al ser ellos mismos los que avisaron a la organización. Ejemplo de juego limpio y muestra de cómo debería ser el comportamiento de todos en estas competiciones. Lamento mucho lo sucedido después, ese flujo de información-desinformación que luego terminó en descalificación sin avisarlos previamente. Ciertamente tuvo que ser un jarro de agua fría. De todas maneras, yo también estuve en la entrega de premios y lo que escuché a mi alrededor no fue la expresión "tramposos" sino cosas del estilo "que buenos deportistas", "chapeau por ellos, por ser los que avisaron a la organización" Desconozco la versión de los organizadores, como en todo siempre hay dos caras (o más) de la misma moneda, pero estoy segura de que contactando con ellos se puede llegar a aclarar el asunto. No por ser el típico-tópico deja de ser verídico: hablando se entiende la gente. Pablo y su compañero pueden estar con la conciencia tranquila de haber hecho lo correcto. Chicos, no dejéis que lo sucedido ayer enturbie vuestro fin de semana Sorriso
PabloAyagarim

Novo foreiro
Novo foreiro
4/03/17
0 Carreiras
7 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 05 Mar 2017, 12:44
Asunto: Re: V Carreira da Filloa de Lestedo - Subida ó Pico Sacro

E por suposto, unha cousa que se me esqueceu no post anterior: PARABÉNS AOS CORREDORES PREMIADOS! E PARABÉNS A TOD@S OS QUE PARTICIPARON! Iso ante todo.
ramon.iglesias

Novo foreiro
Novo foreiro
13/10/11
0 Carreiras
15 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 05 Mar 2017, 13:41
Asunto: Re: V Carreira da Filloa de Lestedo - Subida ó Pico Sacro

Desde la organización gracias a todos los participantes y colaboradores por el día de ayer.

Lamentamos el descontento generado por la decisión tomada por la descalificación de los dos primeros corredores, los cuales muy honestamente nada más llegar a meta notificaron su error de trazado en la cima del Pico Sacro.

A raíz de ese incidente se barajaron dos posibilidades, descalificación o penalización de unos minutos. Se habló con ambos corredores antes de la entrega de premios especificando que una decisión al respecto se tomaría. Dicha decisión fue tomada minutos antes de la entrega de premios, previa consulta y voto de todos los miembros de la organización.

Agradecemos a tod@s vuestras opiniones y comentarios.
Sinceramente
mario.R

Montañés
Montañés
15/01/11
142 Carreiras
313 Mensaxes
Galicia
Respostar citando Envío Dom, 05 Mar 2017, 14:40
Asunto: Re: V Carreira da Filloa de Lestedo - Subida ó Pico Sacro

A clasificación??





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos