Mar, 07 Feb 2017, 20:31
Asunto: Re: M. M. Puente Genil, Córdoba (CRÓNICA).
Pois xa de volta desta viaxe, vou comentar un pouco a carreira, ainda que dudo que vaiades moitos a correla.
Ainda que é a sua XXVII edición está perdendo inscritos, este ano 569; en parte imaxino que lle influirá que rematou o prazo para inscribirse o día 26 de Xaneiro..
E a parte o mesmo día había moitas medias maratóns en Andalucia (Torremolinos (Málaga), Almería, Navas de Tolosa (Jaen), Puerto Real (Cadiz) e Huelva).
Cheguei con tempo de sobra a Puente Genil, ainda estaban poñendo as cousas, entrega moi ben organizada de dorsais, as cousas ao gardarroupa breve quecemento, e como o control de tempos, era por dorsal/código de barras tiñamos que pasar tod@s para activalo, e xa nos quedamos na saida.
Temperatura agradable para correr e algo de aire, entablei conversa cun corredor de Córdoba e xa me comentou que ao paso polo canal ia soplar duro o vento.
Os primeiros Kms. bastantes chanciños e polo pobo, cun paso por meta no Kms. 3 e xa no Km. 6 estamos fora do pobo, e aqui empeza un percorrido feo, con continuos sube e baixas e cun aire molesto do lado dereito, e por unha estrada sen animación ningunha, xa chegando ao Km.12, subida ao pobo de Cordobilla, aquí algunha xente, volta dun Km. por alí e saida outra vez a mesma estrada para desandar o andado. A partir de aquí todo o tempo dando o aire, ao principio de lado pero nos 3 kms. máis pegados ao canal xa de frente.
Entrada no pobo por onde sairamos e entrada en meta cun tempo de 1h31'16 oficial, de 155 de 506 chegados a meta.
Gran banquete final, cun vale para recoller cada cousa, para que non houbera acaparamento e chegue a tod@s (botellíns de auga e Coca-cola, 2 Donuts, unha caixa con 4 pastelitos, un bocadillo, plato moi chulo de cerámica conmemorativo da carreira e medalla de plástico (fea) ca cinta ca bandeira andaluza, a camiseta xa nola deran antes.
Moi contento con esta que fai a miña 110 media maratón e 22 provincia do reto dunha media por Provincia.
Próxima parada M.M. Illescas (Toledo) o 05 de Marzo.