Foros ›
Autor
Mensaxe
VICTORALVAREZ

Experto no foro
Experto no foro
13/10/10
196 Carreiras
5440 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 17 Mar 2017, 17:41
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Alguno en las clases cycling debería poner el cartelito amarillo de suelo mojado. Qué manera de sudar Mr. Green

Yo debe hacer un año que voy a estas clases y son muy cañeras. Sudo más que cuando salgo a correr.

Llevo bastante bien cuando hay que pedalear de pie; pero cuando toca sentado con una gran resistencia Muerto

Enhorabuena Sonsuso por esa MMP Aplauso

Un saludo
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mér, 12 Abr 2017, 9:32
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Sigo vivo! Polo de agora os bávaros de Baviera non retiveron na semana que estiven alí, a ver cando volva jejeje

Case un mes despois volvo escribir no diario, o último día foi o venres 17 de marzo. Por aquel entonces estaba na 4ª semana do plan e xa comentaba que estaba ata arriba de traballo e que me costaba moito quitar tempo. Pois as dúas seguintes semanas (5ª e 6ª) foi máis complicado todavía. Tiven bastantes horas de docencia no grao, e xunto coa tese, estaba moi saturado tanto mentalmente coma en horario.

Así que inconscientemente, sen ser unha decisión propiamente dita, deixeime levar e preferín non seguir o plan. A lectura que facía ata ese momento do plan era moi boa, tanto polo plan en si como por como eu reaccionei ante o meu primer plan, así que decidín non entrar nunha dinámica negativa na que o vise como unha obriga e un compromiso máis, e deixeime levar polo que me pedía o corpo.

Así que desconectei do plan, e por conseguinte, sen querelo, tamén desconectei do foro (tampouco tiña moito que contar jejeje).

Esas dúas semanas (5ª e 6ª) saín correr algunha vez, pero sen reloxo nin preocupado do plan nin nada. Simplemente para desconectar e relaxarme. Calculo que faría 30-40 km semanais.

Despois, o domingo 2 de abril marchei para Regensburg (Alemaña) pois tiña un congreso alí toda a semana (a 7ª do plan). Xa falarei algo de como é aquilo e das posibilidades que terei para adestrar, pero de entrada puiden saír 2 días e facer case 15km cada un. Serían uns 30 km. Dende o venres 7 de abril estou en Galicia de novo. O fin de semana tomeino de completo descanso na casa. Apetecía estar coa familia, que en nada volvo para Alemaña pero para estar 3 meses seguidos.

Desta forma, e todo moi aproximado, as últimas 3 semanas faría:

5ª: 30-35 km (aprox)
6ª: 35-40 km (aprox)
7ª: 30 km (aprox)

E así chega a 8ª semana do plan:

Día 99: luns 10 de abril de 2017
Plan Maratón: semana 8, día 57
Rodaxe cómoda: 11,22 km en 49'16" (4'24"/km)

Saín por Vigo moi cedo pola mañá. Recorrido circular dende Balaídos ata Samil (polo lagares), despois ata Praza da Industria (pola Av. Samil, Av. Atlántida e Tomás Alonso) e por último subir a rúa Coruña e recorrer case toda a Av. Florida ata casa. Así que primeira parte moi llana, logo con falsos llanos, e para rematar a subida da rúa Coruña e a Av. Florida para volver a apretar (isto último foi o km final).
Os parciais dos 11km foron: 5'13", 4'39", 4'30", 4'29", 4'28", 4'26", 4'19", 4'05", 3'59", 4', 4'05" + 1'01" de volta á calma.

Día 100: martes 11 de abril de 2017
Plan Maratón: semana 8, día 58
Rodaxe suave polo Pedroso: 1h11'16 a 5'50"/km (12,22 km)

Quedei cedo pola mañá en Compostela con Gefreiter coa idea de facer unha rodaxe suave pola zona do Pedroso. Tanto na subida como no tempo que corrimos por pistas, o ritmo era moi cómodo. Máis charla contando historias francesas e xermanas que outra cousa Ríndose
Algo de vento, pero unha mañá estupenda para subir ao Pedroso.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mér, 12 Abr 2017, 9:38
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Esquecíaseme responder!
Toda a razón Amina no de desconectar, hai veces que o corpo pídeo a gritos jejeje Isto ten cousas moi boas, pero ás veces un pasa demasiadas horas só e pechado.
Grazas pola felicitación victor!!!

Por outra banda...

Quédame pendente falar un pouco de Ratisbona e das posibilidades que teño alí para adestrar, facer un resumo do que levo de plan e actualizalo para as derradeiras 6 semanas antes da maratón.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 23 Abr 2017, 12:55
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

A semana 8ª comezara con más de 23km entre o luns e o martes, pero tan só puiden saír tres veces máis. Sen reloxo. Como as semanas anteriores. En total, a ollo, faría uns 45km en total.

A 9ª semana é a que remata hoxe, e coincide coa miña chegada a Alemaña. Ahí vai o resumo compreto.

Día 106: luns 17 de abril de 2017
Plan Maratón: semana 9, día 64
30' suaves pola Alameda de Compostela de noite (de cháchara máis que correndo)

Día 107: martes 18 de abril de 2017
Plan Maratón: semana 9, día 65
1h cómoda polos dos campus da universidade

Día 108: mércores 19 de abril de 2017
Plan Maratón: semana 9, día 66
Descanso (tocou preparar todo e ir a Vigo)

Día 108: xoves 20 de abril de 2017
Plan Maratón: semana 9, día 67
Hoxe todo menos descanso jejeje
Tocaba madrugar en Vigo para ir ata a Porto, e dende alí voar a Munich. Dende Munich, bus ata Freising e tren ata Regensburg. Cheguei ao redor das 17h da tarde. Día longo e canso.

Día 108: venres 21 de abril de 2017
Tage in Regensburg: einen Tag
Plan Maratón: semana 9, día 68
Descanso (situarme na universidade, na cidade e paseo nocturno pola zona vella. Nocturno significa ás 20.30 e cunha frío que pela. Estes días as noites chegan aos -3º). Non pasaba tanto frío dende que fun a Rusia.

Día 108: sábado 22 de abril de 2017
Tage in Regensburg: zwei Tage
Plan Maratón: semana 9, día 69
13km en 57'50" (4'26"/km de media) + 150m moi suaves ata casa

A casa na que vivo está a orillas do Danubio (nunca tiven tan boas vistas dende a miña habitación coma agora!) no punto máis ao oeste da cidade. Así que nada máis sair de casa podo enlazar co camiño que vai pola beira do río.

Ata o centro da cidade hai uns 6,5 km seguindo o curso río, e polo medio hai camiños secundarios que rodean un pequeno lago. Mesmo xa na cidade, hai varias illas dentro do Danubio (como a Illa da Cité en París, onde está Notre Dame). E a ruta segue cara o norte ata Passau (150km en total). Pola contra, cara o sur, a ruta vai ata Kelheim (a uns 32km de Regensburg). Teño kms dabondo para correr.

Ao ser o primer día, escollín a versión fácil, ir ata o centro da cidade e volver. Cruceime con moitísima xente correndo, sobre todo xente maior. A maioría saudan moi amablemente. O "Guten morgen!" e o "Hallo!" os teño controlados. Pero pouco máis sei. De feito no bus comecei a falar con algunhas persoas (maiores normalmente, debo caerlles simpático jejeje). Pero ao final sempre teño que recurrir ao "Ich spreche kein Deutsch. Entschuldigung", que vén sendo un fixen o que puiden, pero xa non podo máis. "Non sei alemán. Síntoo." Estudei un curso na Escola de Idiomas hai 6 anos, pero pouco recordo. Dame bastante rabia, aproveitase e disfrútase moito máis coñecendo o idioma.

Á volta fixen o mesmo recorrido, pero había vento en contra, aínda que puiden aumentar o ritmo. Os 6 derradeiros kms faríaos progresivos de 4'20" a 4'.

Día 108: domingo 23 de abril de 2017
Tage in Regensburg: drei Tage
Plan Maratón: semana 9, día 70
10,58km en 47'34" (4'30"/km de media) + 770m de volta (incluidas 6 progresións)

Hoxe saín cara o norte de novo, ata o lago. Rodeeino e fun cara o sur. Quedeime na metade do recorrido ata Bad Abbach (cara o sur o recorrido é Regensburg -> Bad Abbach -> Kelheim). De novo cruceime con moita xente. A maioría son persoas soas, como moito dous ou tres. Só me crucei cun grupiño dunha ducia chicas e dous chicos. O que si hai preto da miña casa, son varios clubes de remo, dúas ou tres instalacións de equipos de fútbol e unhas pistas de atletismo (similares ás universitarias en Compostela ou ás de Balaídos en Vigo). Hoxe había unhas dez rapazas novas facendo lanzamento de Xabalina.

Sobre o adestramento, o ritmo foi máis constante ca hoxe, só o último km o fixen preto dos 4'. Para rematar fixen 6 progresión duns 50m.


Total desta semana (9ª do plan): 42 km aprox

Máis texto ca quilómetros, seino Silbar
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 21 Mai 2017, 11:12
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Dende o Estado Libre da Baviera (ou Freistaat Bayern como se di aquí) ... e catro semanas despois... volvo a escribir no foro.

Hoxe é o día 133 do diario e día 91 do plan. Completada así a 13ª e penúltima semana do plan para a maratón, pois este domingo 28 de maio é a Maratón.

Por resumir estas 19 semanas de diario, este era a primeira vez que ía seguir un plan. Despois de 4 maratóns e facer dúas veces 3h13'', quería ser ambicioso e intentar acercarme ás 3h. O plan eran 20 semanas: unha parte inicial de 6 semanas para recuperar ritmo e preparar o corpo para o plan, pois volvía de estar varias semanas parado, e logo outras 14 semanas de plan-maratón.

Estas 6 primeiras semanas foron progresivas e moi positivas, tanto en sensacións como na introducción de traballo de forza ou xumnasio por primeira vez nos meus entrenamentos. Saíron:
25,100 (1ª semana), 36,150 (2ª semana), 33,710 (3ª semana), 22,450 (4ª semana), 36,780 (5ª semana), 56,370 (6ª semana)

Durante as 14 semanas seguintes, ademais da maratón, había 2 obxectivos marcados: os 10km da Interruning no Porriño (12 de marzo, 3ª semana) e unha media maratón en Munich (29 de abril, 10ª semana). A idea era facer MMP nas dúas, sub40' e sub1h23' respectivamente. Ademais, na 7ª semana estaría en Alemania e a partir da 10ª me quedaría aquí definitivamente para estes meses, en Baviera.

Podo sacar lecturas moi positivas das 6 semanas iniciais e das 3 primeiras semanas do plan (ter continuidade, seguir o plan, introducir forza e ximnasio, as propias sensacións, ...). Pero dende a 4ª semana ata a 9ª, esas 6 semanas foron case perdidas. Certo é que tiven unha viaxe dunha semana e logo o posterior traslado tamén a Alemania, ademais dos preparativos de ambas. Penso que podería ter buscado algún oco libre máis e non deixarme levar tanto, pero non me arrepinto, pois hai outras prioridades e se algo non quería era queimarme.

Ao final, respecto aos kms, estas 13 semanas quedaron así:
1ª: 62 km
2ª: 69 km
3ª: 64 km (38'30" na Interruning)
4ª: 16 km
5ª: 30-35 km
6ª: 35-40 km
7ª: 30 km
8ª: 45 km
9ª: 42 km
10ª: 60 km (non puiden correr a MM de Munich)
11ª: 75 km
12ª: 70 km
13ª: 90 km

As 4 últimas semanas aumentaron tanto en número de kms como en calidade, pero as saídas nunca pasaban da 1h15' ou dos 15km.

Evidentemente, esa idea inicial de acercarme ás 3h está descartada. Pasei a ter en mente disfrutar da maratón e ser conservador. Buscar unha "MMP internacional" de 3h30, despois das 3h30' e algún minuto máis de Porto14 e Moscú16. En calquer caso, como non fixera ningunha tirada larga e pese a estar só a 7 días da maratón e non ser a mellor idea, decidín probarme e ver se realmente estaba en condicións de facer a maratón. Así que hoxe planeei unha tirada longa de 25-28 kms.

Ao final sairon 30,52 km en 2h 22' 33" (4'40/km de media).

As sensacións foron moi moi boas. Tras 20km cunha media de 4'52"/km (aprox 3h25" na maratón), decidín aumentar un pelín o ritmo e buscar eses 4'35"/km (das 3h13' en maratón). Os seguintes 8kms foron a 4'31"/km de media. Non ía sobrado, pero ía cómodo. Podía seguir, pero xa levaba 28kms e o obxectivo non era cansar o corpo. Máis cando saira a correr sen almorzar e sen auga nin xeles. Así que decidín volver a casa e facer os últimos 2km suaves a 5'30"/km.

Isto dame moita confianza para a maratón do domingo. Penso que sair a polas 3h30" é o máis realista e o mellor para poder disfrutar da carreira. Coñézome e sei que nas 4 maratóns anteriores saín a arriscar e modo kamikaze. A ritmo de 3h05' na Coruña no 2014 (pinchei no km 32 e fixen 3h13'), buscando as 3h10' en Porto 2014 (caínme no km 13 e lesioneime, fixen 3h30'), co globo de 3h15" na Coruña no 2015 (fixen 3h13') e tamén co globo de 3h15' en Moscú 2016 (kamikaze con maiúsculas, fixen 3h30' e algo).

Penso que algo aprendín de Moscú, e non vou facer o mesmo. Pero despois do de hoxe, non creo que a priori salga a polas 3h30'. Teño que pensalo. Pero seguramente faga algo parecido a hoxe. Ata a media maratón a un ritmo cómodo, co grupo de 3h30'. E se non hai malas sensacións, a partir de ahí aumentar pouco a pouco o ritmo. Para logo disfrutar a partir do km 30.

Apertas para todos!!!

PD: estou moi desconectado de todo o que non sexa o meu día a día aquí (salvo unha pequena escapadiña a ver ao Celta a Old Trafford Demo sorrindo ). Espero poder reactivar isto a partir do xoves e poñerme ao día nos vosos diarios, así como contarvos un pouco como é Baviera. Que é moito máis que Munich!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 27 Mai 2017, 20:12
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Despois de 139 días de diario... (brutos, non netos jejeje)
Despois de 97 días de plan... (algo máis netos, pero moito bruto tamén)
E despois de 38 días en Alemania...

Mañá será a miña 5ª maratón, a Maratón de Ratisbona.

Esta semana saín a correr 3 días. Foron 10km, 15km e 12km respectivamente, ademais dos 25 minutos suaves que fixen hoxe a primeira hora da mañá. As sensacións son boas, o corpo descansado e sen ningunha molestia. Mañá a carreira será ás 8.30. Dan 16 grados e sol para esa hora (21º ás 11am cando leve 2h30), así que haberá que hidratarse ben. Polo resto, un circuito de 2 voltas completamente llano. Tan só 4km de adoquíns en cada volta ao pasar pola Altstadt (zona vella).

Ao mesmo tempo hai carreiras de 1/4, 1/2 e 3/4 de maratón. Así que en total seremos algo máis de 4600 participantes, só 657 na maratón. Polo tanto ao principio será algo caótico ao coincidir cos de 1/2 e 3/4 de maratón (os de 10km teñen a saída ás 11am, non creo que coincida con ningún deles).

Polo resto, hoxe moitísimo ambiente recollendo o dorsal. Pois é o día para os nenos: carreiras para todas as idades e categorías, actividades, ... Xa comentarei con más detalle os servicios na crónica ou no fío da maratón en "Fóra de Galicia".

Ao final, respecto á carreira...

Sairei os 10km moi suaves, con calma, disfrutando da carreira e do ambiente. Co globo de 3h30' (4'58"/km) durante os primeiro 8 kms. Logo aumentarei un pouco a pouco o ritmo, coa idea de chegar a ritmo de 4'35"/km no km 15. A partir de de ahí manter ritmo, entre 4'30" e 4'35 ata o final. De forma que me movería entre as 3h15' e 3h17'. Coller ao globo de 3h15' nos últimos quilómetros sería moi bo para apretar ata o final.

Así, o obxectivo será priorizar disfrutar e acabar ben, con forza. Pero intentando asegurar ese sub3h20', e acercarme todo o posible ás 3h15'.

Apertas!
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4245 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Sáb, 27 Mai 2017, 20:25
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moita sorte Suso, e se a preparación non puido ser a ideal paréceme que ir de menos a máis é a mellor opción.
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1524 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Sáb, 27 Mai 2017, 21:13
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Ánimo! Y ojo con el calor. Y no olvides el sprint a 3'15! Guiño
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 28 Mai 2017, 9:04
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Schloss Emmeram Park, por satélite tiene buena pinta.

No tenía ni idea de donde estaba Ratisbona. Precioso sitio.

Sorte Sonsuso en el día de hoy.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 28 Mai 2017, 21:33
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Unha maratón máis, a Maratón de Ratisbona.
Finalmente 3h 21' 53", posto 47º e 9º na miña categoría.

Sen entrar en detalles e brevemente:
10km: 00:49:17 - 4'56"/km (parcial a 04:56/km)
1/2: 01:40:25 - 4'46"/km (parcial a 04:36/km)
31km: 02:25:08 - 4'41"/km (parcial a 04:31/km)
Final: 03:21:53 - 4'47"/km (parcial a 05:05/km)

Ata o km 35 que o pasei en 2h44'15" (4'41"/km) foi todo como planeara (tan só unha paradiña para mexar no km 9 saiu do previsto). Xusto nese km 35 houbo un avituallamento e tocaba o último xel, tomeino con calma hidratándome antes e despois. Por iso ese km 36 saiu en 4'56", un 20-25 segundos máis lento do que viña facendo (foi unha tónica toda a carreira, os avituallamentos con moita calma. Eses kms sempre saían uns 20" máis lento). Pero nese logo xa non fun capaz de recuperar o ritmo. A calor apretaba moitísimo, estaba completamente só e as pernas, sen molestias, pero xa estaban moi pesadas e con pouca gasolina. As pernas antes tiñan un ritmo crucero, e xa non había chispa para recuperalo.

Ahí comecei a notar a falta de quilómetros dos entrenos. Así que decidín non forzar nin arriscar, quería disfrutar ata o final aínda que fose a un ritmo menor. Os seguintes kms foron: 4'59"(37), 5'04"(38), 5'01"(39), 5'22"(40), 5'31"(41), 5'36"(42). Creo que cunha motivación de marca e con compañía, non perdería tanto tempo. Pero deixeime levar e preferín disfrutar do ambiente que había na zona vella e dos últimos kms. Non me importaba facer 1 ou 2 minutos máis, aínda que ao final foron uns 4 minutos os que perdín.

De feito, e para cumplir os desexos de Mateotn, gardei forzas para os últimos 195m. Como non había ninguén diante nin detrás en máis de 200m, decidín aumentar o ritmo e disfrutar da chegada. Así que saiu a 4'31"/km. Mereceu a pena a verdade.

Sobre a maratón, dúas pinceladas. Unha gran maratón! Un circuíto de 2 voltas (saímos ás 8:30 xuntos aos da Media Maratón e cos de 3/4 de maratón, pois os de 10km saían ás 11:30) con moito ambiente excepto do km 6 ao 15. Na primeira volta ao ir cos 2500 da Media Maratón íase moi moi ben, pero na segunda volta era un deserto. En calquer caso, unha moi boa maratón. Por outra banda, a organización espectacular! todo tipo de servicios e moi dinámicos, sen esperas (avituallamento final, o gardarroupa, ...).

Para rematar, destacar que había tres tipos de alemáns entre o público. Os que non paraban de animar e armaban moito follón, máis que na nosa terra; os que se notaba que estaban preto da insolación pero que, se lles jaleabas, uníanse á festa contigo; e por último os minoritarios, os que nós coñecemos como o prototipo de alemán. Serios e desafiantes, inmutables. O que viría sendo o típico bávaro en todo o seu esplendor, pois a esas horas a cervexa aínda non fixera efecto. Mención aparte merecen os nenos. Pistolas de auga, mangueiras, bubucelas, con pompones, ... Eu nunca fora atacado por tantas pistolas de auga á vez, pero dito fusilamento era unha bendición coa calor que facía.

Como me dixeron algúns... "Xa está feito o obxectivo da estadía. Xa podes volver a casa." Mr. Green

Servus!!!


Moitas grazas polos ánimos Gefreiter, Mateotn e Freakyrunning!!!

Unha utopía para mi ese sub3h. Pero Mateotn, agora xa podo contar contigo como lebre para a Coruña42 e logo repetir ese sprint final Guiño

Gefreiter, penso que si. Que a estratexia foi a boa. Non quería arriscar, pero ao mesmo tempo quería correr uns 20-25 kms a un bo ritmo. Penso que fixen ambas cousas. Seguramente puiden non ter saído tan lento, e un ritmo de 4'50"/km sería cómodo igualmente e perdería 1 minuto menos, pero non está mal.

Ratisbona é moi bonita Freakyrunning! Teño que falarvos un pouco de ela!


Última edición por sonsuso o Xov, 07 Dec 2017, 13:23; editado 1 vez
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 28 Mai 2017, 22:11
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Pois para non ser unha crónica, o contas con bastante detalle e agarimo.
Noraboa, que manter eses ritmos con ese calor non o fai calquera.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 28 Mai 2017, 22:12
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Pois para non ser unha crónica, o contas con bastante detalle e agarimo.
Noraboa, que manter eses ritmos con ese calor non o fai calquera.
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Lun, 29 Mai 2017, 6:05
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Noraboa pola marca Suso!
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Mai 2017, 12:50
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Amina escribió:
Noraboa pola marca Suso!

Sí, noraboa.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4686 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Lun, 29 Mai 2017, 13:09
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

enhorabuena Suso,anda que no tienes tú posibilidades para bajar esa marca cuando quieras,jajaja

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos