Foros ›
Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mér, 08 Mar 2017, 21:25
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Grazas polos ánimos cK13! A ver se continúo este mes así, porque logo non sei que me atoparei en Alemaña nin se poderei ter esta regularidade nos entrenamentos.

Día 59: mércores 8 de marzo de 2017
Plan Maratón: semana 3, día 17
Ximnasio + 5,260km suaves

Hoxe acerqueime ao ximnasio da universidade para facer exercicios de forza sobre todo no tren inferior, que é no que me centro fundamentalmente. Despois fixen 5,26 km moi suaves para soltar un pouco despois do ximnasio, foron 27'48" (5'23"/km). Mañá farei a tirada longa da semana. Non tiña claro se facela, porque o domingo é a Interrunning, pero prefiro priorizar o plan e non descuidar as tiradas longas de cada semana.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 09 Mar 2017, 14:57
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Día 59: xoves 9 de marzo de 2017
Plan Maratón: semana 3, día 18
Tirada longa: 20,230 km en 1h31'12" (4'31"/km)

A tirada longa de hoxe estaba condicionada pola carreira do domingo. Quizais esta semana debería ter feito 24 ou 25 quilómetros, pero preferín saltarme os últimos quilómetros (que serían entre 4'05"/km e 4'/km) para coidar un pouco o corpo.

Comecei en 5'03" o primer km, pero xa o segundo foi en 4'46" e o terceiro en 4'44". A partir de ahí, fixen todos os quilómetros entre 4'35" e 4' 25", según atopase subidas ou baixadas. Busquei que o ritmo fose o máis constante posible. Tan só nos últimos 6 km apretei un pouco, os tempos destes quilómetros foron: 4'15", 4'19", 4'15", 4'22", 4'15", 4'09". Dende o km 16 as pernas pesaban moitísimo. Non sei se terá que ver a carga que levo enriba sen días de descanso ( 22km domingo, series de 3000 o luns, 12km o martes e ximnasio onte), pero fíxoseme durillo o final. Ao final 20,230 km en 1h31'12" (4'31"/km).

Mañá descanso total e o sábado uns 30' ou 40' moi suaves, para chegar descansado ao domingo. Aproveitarei para pensar no obxectivo e na estratexia a seguir na Interrunning.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 11 Mar 2017, 17:23
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Día 61: venres 10 de marzo de 2017
Plan Maratón: semana 3, día 19
Descanso

Día 62: sábado 11 de marzo de 2017
Plan Maratón: semana 3, día 20
18' (3,35km a 5'25"/km) + progresiones

O venres era o día de descanso da semana, e case podo dicir que hoxe tamén. Fun ás 9am polo campus a rodar un pouco coa idea de facer media hora. Sen embargo, atopeime coas pernas moi cansas e algo incómodo. Así que decidir acabar antes de tempo e facer todas as tarefas pendentes no piso para marchar hoxe cara Vigo. Ao final foron pouco máis de 4 km (4,170 km). O máis positivo é que gaño un día máis de descanso, que ven moi ben jejeje (hai que buscar sempre o lado bo Bailar ).

Mañá Interrunning. Espero poder baixar os 39'32" de MMP que teño nun 10km homologado. Máis de ahí... non o sei. Sub39' paréceme realista. 38' baixos pode que non sexa unha locura. En calquer caso, intentarei buscar un ritmo alto pero sen estar incómodo. Quizais 3'55"/km, ou pode que ata 3'50"/km. Buscarei sensacións e deixareime levar por estas. Se me atopo ben, arriscarei para baixar os 38'09'' da Interrunning 2014, pois non correrei ningún 10km máis ata setembro.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 13 Mar 2017, 0:07
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Día 63: domingo 12 de marzo de 2017
Plan Maratón: semana 3, día 21
XI Interrunning Porriño 2017: 38'30" (netos), 38'34" (oficial)

Hoxe tocaba a Interrunning 2017, o único 10km que correrei antes da maratón, así que apetecía darlle caña e ver ata onde podía chegar. Nada máis chegar, cruceime con Sanmikel e outros coñecidos, pero fun directo a coller o dorsal. Alí atopeime a Mateo. Cambiarse, guardarropa e baño, todo adornado cunha bonita charla... pero xa só quedaban 10 ou 15 minutos para a saída. Así que alá fomos quentar os dous. Xa no caixón, atopámonos con Litho.

A miña idea era facer os primeiros 5 km entre 3'55"/km e 3'50"/km, e a partir de ahí ver sensacións. Sen embargo, falando antes con Mateo, el me dixo que se vía para facer 38'30", pero que non contaba con sair tan rápido e si, pola contra, esperaba poder apretar ao final de todo. Así que lle dixen que por min íamos xuntos e a ver a onde chegábamos.

O primer km picaba para abaixo e saiu algo rápido (3'49"), pero en realidade saimos bastante suaves, pois moitos nos adiantaron como motos. Logo collimos un ritmo máis constante, e os quilómetros 2, 3 e 4 foron: 3'57", 4'03", 3'59". Algo máis lento do esperado, de feito comentámolo os dous nese momento. Eu atopábame moi cómodo, e íamos baixar de 20' na primeira volta. Así que o plan non era malo. Eu estaba confiado en subir o ritmo na segunda volta e acercarnos a eses 38'30" dos que Mateo falara. O km 5 saiu en 3'55" e a primeira volta en 19'43".

Nada máis cruzar a meta e tras coller o avituallemento, comecei a tirar e aumentar o ritmo, aproveitando o desnivel que había tras a meta. Saiu en 3'43" o km 6. A partir de ahí, tiramos os dous para diante e adiantamos a bastante xente. O km 7 foi en 3'44" e o km 8 en 3'50". O ritmo era bo. Non ía super cómodo, pero collera ritmo e as sensacións eran moi boas. Chegamos ao km 9 (3'50") e, tal e como xa me dixera, vexo que Mateo vai apretar. Así que animeino e díxenlle que tirara. Ao intentar seguir o seu cambio, ao corpo costoulle e xa ía xustiño. Polo que decidín deixar que se fose uns metros e ver se logo podía recuperar. Por un momento pensei que si, xusto no xiro de 180º final collín a Mateo e a jose.losada, que ía por diante nosa. Sen embargo, tras este xiro que é en subida, volveron irse definitivamente. Saiu en 3'41" o km 10. Cruzo a meta e vexo que son sub39', MMP! Miro o reloxo e vexo 38'29"8, conseguimos o falado antes da saída. Así que moi contento!

Ao final, 38'30" netos e 38'34" oficiais. Os parciais foron:
1ª volta (19'43"): 3'49", 3'57", 4'03", 3'59", 3'55".
2ª volta (18'47"): 3'43", 3'44", 3'50", 3'50", 3'41".

Ao pasar a liña de meta, felicito a Mateo e saúdo a jose.losada, ao que non coñecía. Logo tamén estiven falando con Amina, Sanmikel, Beauvais, entre outros. A verdade é que así a un dalle morriña non correr pola terra ata agosto ou setembro.

Conclusións da carreira... 38'30" que é MMP en 10 km, pois fixera 38'09" na Interrunning 2014, pero aínda non era homologada e dicíase que eran 30" ou 40" máis. En calquer caso, máis alá do tempo, quédome con que as sensacións foron moi boas ata o km 9. Logo, cando intentei baixar de 3'40"/km foi cando sufrín. Así que polo ritmo da primeira volta e o feito de estar só na 3ª semana do plan, penso que todavía teño marxe de mellora. Non creo que o sub38' esté moi lonxe. Sexa como sexa, queda para despois de verán.
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4245 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Lun, 13 Mar 2017, 7:08
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moi ben Suso,noraboa pola MMP, xa caerán outras, xa verás.
yomismo

Experto no foro
Experto no foro
16/12/05
0 Carreiras
5632 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 13 Mar 2017, 9:37
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Noraboa sonido, felicidades pola tua MMP Aplauso Aplauso Aplauso
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 13 Mar 2017, 9:57
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Menudos motores levas nos pes. Parabéns!!!
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Lun, 13 Mar 2017, 11:42
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Noraboa por esa MMP, vas como unha moto!! Xa poden prepararse os alemáns jajaja
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Lun, 13 Mar 2017, 20:41
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Cuando una va con la intención de darse caña y al final vuela... ufff.. menudo subidón. Aplauso
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 14 Mar 2017, 10:50
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Noraboa meu. Ese sub 38' ten que caír seguro. A proba é que as marxes de tempo entre a primeira volta e a segunda son moi grandes, o que quere decir que a primeira volta ías demasiado "acomodado" e máis tendo en conta como saiu o último Km.
Unha aperta meu!!!

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1524 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 14 Mar 2017, 20:35
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

sonsuso escribió:
[b]Non ía super cómodo, pero collera ritmo e as sensacións eran moi boas. Chegamos ao km 9 (3'50") e, tal e como xa me dixera, vexo que Mateo vai apretar. Así que animeino e díxenlle que tirara. Ao intentar seguir o seu cambio, ao corpo costoulle e xa ía xustiño. Polo que decidín deixar que se fose uns metros e ver se logo podía recuperar. Por un momento pensei que si, xusto no xiro de 180º final collín a Mateo e a jose.losada, que ía por diante nosa. Sen embargo, tras este xiro que é en subida, volveron irse definitivamente. Saiu en 3'41" o km 10. Cruzo a meta e vexo que son sub39', MMP! Miro o reloxo e vexo 38'29"8, conseguimos o falado antes da saída. Así que moi contento!

No le hagáis ni caso: iba aplaudiendo y jaleando al público. Si se pone un poco baja de 38'.
Noraboa rapaz.
Que disfrutes la experiencia germana y nos vemos en otra. Como siempre un placer compartir kilómetros contigo! Aplauso
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mér, 15 Mar 2017, 11:43
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moitas grazas polas felicitacións!!! Gefreiter, yomismo, Meigalicix, Amina, beuckelssen, Beauvais e Mateo! Sorriso

Sobre o que comenta Beauvais, si, penso que a diferencia é demasiado grande. Como dixo Mateo no seu diario, non se lle pode chamar a iso "en progresión". Pero hai que ver o lado bo, así non deixei o listón tan alto para a próxima vez jejeje

Grazas polo comentario Mateo! A verdade é que foi un pracer. Por un momento, cando te escapaches no km 9, tiven un Déjà vu da Coruña42 de 2015. "Venga Suso que ao final recuperas". Pero non, vese que aprendiches a lección Guiño


A semana anterior (terceira semana do plan) rematou con 64,100 km.


Día 64: luns 13 de marzo de 2017
Plan Maratón: semana 4, día 22
Tenis (1h) + Ximnasio e escaleiras + 2km a 5'19"/km de media + 6 progresiones

O luns tiña pensado facer unha sesión de ximnasio e logo 40' suaves, pero ao final surxiume a posibilidade de ir xogar ao tenis 1h pola tarde, e decidín cambiar o planeado. Así que primeiro fixen 1h de tenis nas pistas da Universidade. Foi un partidillo de dobles, que a min persoalmente me fai correr máis que en individuais. Ou polo menos é máis continuo e intenso. Menos parado.

Xusto ao rematar fun ao ximnasio. Fixen o circuíto completo de parte inferior e para rematar, cun compañeiro, decidín facer unhas series de escaleiras na grada e un pouco de salto coa comba.

Despois estiramentos, 2km suaves a 5'19/km de media (10'38") e 5 progresións de 50m e unha de 100m pola herba das pistas de atletismo. En total, 2,87km.


Día 65: martes 14 de marzo de 2017
Plan Maratón: semana 4, día 23
2h de baloncesto

Ou ben luns ou ben martes, ía ser de descanso. O luns non o foi, así que ía ser onte. Pero de novo, surxiu a posibilidade de xogar un partidillo de algo, esta vez de baloncesto pola noite en Conxo. Un dous para dous.

Media horiña de quecemento con rodas de tiro, e logo 1h30 de partido. Sei xogar? Non, disumulo. Sei saltar? Non, non collo un só rebote. Pero móvome pola pista que da gusto jejeje Entre iso cando ataco, e que a defensa é todo traballo de pernas. Acabei rebentado. As pernas sobre todo, non están acostumadas a traballar lateralmente de forma tan explosiva. Acabei moito peor que en moitas carreiras ou entrenos. Notábase que fun cunha chica e dous chicos que xogan ou xogaban ao baloncesto, daba un pouco o cante Silbar
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Mér, 15 Mar 2017, 12:42
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

sonsuso escribió:

Día 65: martes 14 de marzo de 2017
Plan Maratón: semana 4, día 23
2h de baloncesto

Ou ben luns ou ben martes, ía ser de descanso. O luns non o foi, así que ía ser onte. Pero de novo, surxiu a posibilidade de xogar un partidillo de algo, esta vez de baloncesto pola noite en Conxo. Un dous para dous.

Media horiña de quecemento con rodas de tiro, e logo 1h30 de partido. Sei xogar? Non, disumulo. Sei saltar? Non, non collo un só rebote. Pero móvome pola pista que da gusto jejeje Entre iso cando ataco, e que a defensa é todo traballo de pernas. Acabei rebentado. As pernas sobre todo, non están acostumadas a traballar lateralmente de forma tan explosiva. Acabei moito peor que en moitas carreiras ou entrenos. Notábase que fun cunha chica e dous chicos que xogan ou xogaban ao baloncesto, daba un pouco o cante Silbar

Moi ben jajaja, iso de variar de deporte é moi positivo. Algúns adícanse o cross-fit, que está moi de moda e ti decántaste polo basketball. Eu dende que probei o cycling no gym a verdade é que notei moita mellora correndo, así que ¡ben feito!, que con outras disciplinas móvense músculos que non usamos normalmente Aplauso
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 17 Mar 2017, 9:39
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Estou moi dacordo contigo Amina! Xa non só por exercitar partes do corpo que habitualmente non o fas. Senón tamén por cambiar o chip e sair da rutina. Pero sobre todo no meu caso, que paso case todo o día só no traballo, valoro moito a oportunidade de facer actividades con xente, máis se son deportes en equipo ou probar deportes novos con algún amigo.

Non sei se co ciclismo no ximnasio te refires ao spinning, pero eu durante o curso pasado (2015/16) pilleille o gustillo. Para ser algo de ximnasio, gustoume moito.


Día 66: mércores 15 de marzo de 2017
Plan Maratón: semana 4, día 24
3km suaves + 5x2000 con 90"" de recuperación + 0,6km vuelta a casa

O mércores pola noite fixen 5 series de 2000m nas pistas de atletismo da Universidade. Primeiro rodei 3km pola herba a un ritmo cómodo de 4'49"/km de media (4'56", 4'51" e 4'39" foron os parciais). Despois tocaban as series de 2km. Os parciais foron os seguintes:
1º: 3'56"-3'54" (7'50")
2º: 3'49"-3'47" (7'36")
3º: 3'44"-3'35" (7'19")
4º: 3'36"-3'34" (7'10")
5º: 3'34"-3'32" (7'06")

A verdade é que as sensacións despois da primeira eran moi malas. Notaba as pernas moi cansas e sen forzas. Non contaba con poder aumentar o ritmo nin ser capaz de facer as cinco. Na segunda as sensacións foron as mesmas, pero xa na terceira me atopei algo mellor. Así que decidín apretar e ir en aumento ata acercarme aos 3'30" do 2º km da 5ª serie.

Ao final penso que saiu un moi bo entrenamento. Para rematar, menos de un km de volto a casa a ritmo moi cómodo.

Non teño claro se estou facendo ben as series, comezando a ritmo de 10km as dúas primeiras e rematando moito máis forte. Ou é preferible que non haxa tanta diferencia entre a primeira e a quinta. Tomei como referencia un aumento de 40" entre a primeira e a última, pero non sei se será a mellor opción.


Día 67: xoves 16 de marzo de 2017
Plan Maratón: semana 4, día 25
Descanso

Non o tiña programado, pero resultoume imposible atopar un oco. Por sorte, normalmente sempre podo quitar algunha hora pola mañá ou pola noite, é o bo que ten o doutoramento. Pero onte foi un deses días que pasas de nove a nove na facultade. Unha pena, porque o sábado vai estar complicado tamén e era o día que tiña pensado descansar.
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Ven, 17 Mar 2017, 13:18
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

sonsuso escribió:
Non sei se co ciclismo no ximnasio te refires ao spinning, pero eu durante o curso pasado (2015/16) pilleille o gustillo. Para ser algo de ximnasio, gustoume moito.

Exactamente a iso me refería, bicicleta no ximnasio, pero é unha clase dirixida en grupo. Unhas 30 persoas nunha sala seguindo as instruccións do monitor, a música e as luces de cores. Como unha discoteca jajaja. A verdade é que costoume animarme a probar esta actividade, cando estaba no polideportivo e vía sair a xente desa aula pensaba: por deus, pero que lles fan aí adentro que saen tan sudados e vermellos?!?!?! Ata que un día o probei e dende entonces non hai semana que non vaia a polo menos 2 ou 3 clases. O de Cycling é o nome "cool" que lle puxeron...

Fas ben en buscar actividades de grupo, ben sei o que é pasar encerrado na facultade máis de 12 horas jajaja. Ánimo cos entrenos (vas moi ben!) e coa tese Guiño





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos