Foros ›
Author
Message
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1312 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sun, 17 Feb 2019, 23:01
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Domingo (17 de febreiro)

Único test antes da maratón VigBay, e sen un obxectivo claro, pois non sabía moi ben como estaba. A idea sería chegar aos últimos quilómetros en tempo para igualar a miña marca (1h19'42") e logo ver que pasaba.

Pequeno quecemento de quilómetro e pouco, e directo para o caixón. As sensacións do aquiles antes de comezar eran moi boas. Cero molestias.

Os dous primeiros quilómetros saen en 7:34 (a 3:47/km). Vou con Sanmikel e os quilómetros do 3 ao 7 saen todos entre 3:46 e 3:48, controlando o ritmo. Nese km 7 chego á altura do grupo de Maseda e Mateotn, que nos quitaban uns 20m dende o inicio, pero Sanmikel quédase uns metros detrás. O km 8 sae máis lento, 3:51, e o km 9 en 3:49. Sen darme conta, escapeime uns metros deles. Atópome ben e sinto que teño forzas. Imos a ritmo de 1h20' e se quero acercarme ao 1h19' baixos non podo esperar moito. Como estou só, anímome a arriscar un pouco e subo o ritmo, aínda que non estou seguro de aguantar. O km 10 en 3:43. No paso polo 10K o reloxo marca 37:53 (a 3:47/km), ritmo para facer 1h20' exacto.

Aumento un pouco máis o ritmo e o km 11 sae en 3:38. Ata o km 17 rodarei sempre entre 3:40 e 3:45 (dende o quilómetro 13 teño algunha molestia na zona do aquiles, pero é pouca cousa). O km 18, onde está a subida, sae en 3:51. Ao rematar esta subida comezo a estar xusto, pero miro que vou en tempo de facer marca e decido apretar. Únome a outro corredor e entre os dous o km 19 sae en 3:44. O km 20 ten unha lixeira baixada que me permite coller algo de aire, fágoo en 3:42. Este segundo 10K sae en 37'16" (3:43/km).

Último quilómetro, xa non hai forzas, pero teño que intentalo. Vexo a meta ao fondo. Non vou baixar de 1h19', pero si que vou facer marca (1h19'42"). Teño marxe. Ía deixarme levar e disfrutar da chegada, pero hai moita xente animando e, sen pensalo moito, cambio o ritmo nos últimos 200 metros (agora vexo que o km 21 saiu en 3:37).

Tempo oficial: 1h19'14"
Tempo neto: 1h19'07"
Posto: 57


Sen folgos, pero moi moi contento! Levaba semanas pensando que que pasada sería baixar de 1h19'. Sabía que era máis que complicado, e de feito dubidaba poder facer marca. Pero isto sorprendeume e superou as expectativas! Pois a pesar de quedarme tan cerca de ser sub1h19', penso que as sensacións foron inmellorables!

Ademais, coa broma, vexo que nalgún momento da carreira fixen un 10k en 36' largos, que é máis de medio minuto máis rápido que a miña marca en 10k (37'34" en marzo 2018 no Porriño). Está claro que é un pouco vintage xa jejeje

Disfrutei moito da carreira, salvo nos últimos 3-4 quilómetros, onde xa ía forzado. Un pracer compartir quilómetros con Sanmikel, jose.losada, Maseda, Mateotn ou Ricardo, entre outros. Moitas grazas tamén a todos os que animaron na carreira cando nos cruzábamos, como Lihto ou Lobo por exemplo. E un gustazo atoparse a tanta xente coñecida! Aplauso


---------------

-> Resumo da 7ª semana:
Remata con 34,4 km, na que pouco fixen máis alá da Coruña21. Pouco, pero ben feito.

Agora estarei dúas ou tres semanas sen correr apenas, intentando facer bicicleta para manter o fondo e non deixarme levar demasiado. Vendo o de hoxe, dame un pelín de rabia parar, pero creo que me vai vir moi ben.
lobo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/12/10
240 Carreiras
181 Posts

Reply with quote Post Mon, 18 Feb 2019, 22:15
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Nada mal eso de ir mellorando a marca paso a paso... recordame a como facía o pertiguista Sergei Bubka.

Recupera ben ese Aquiles e na maratón xa verás, vas ir como un tiro...
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1312 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Tue, 19 Feb 2019, 20:16
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Moitas grazas Lobo! O certo é que si, pouquiño a pouquiño estou a baixar a marca da media maratón. Dende a Coruña21 de 2018 corrín 6 medias maratóns, e en todas elas mellorei a marca que tiña ata ese momento:
1:22:27 - MM Coruña21 (18/02/2018)
1:21:19 - MM Genève (06/05/2018)
1:20:58 - MM Riveira (03/06/2018)
1:20:36 - MM Pontevedra (21/10/2018)
1:19:42 - MM Vilagarcía (25/11/2018)
1:19:07 - MM Coruña21 (17/02/2019)

O obxectivo en cada unha sempre era o mesmo, intentar baixar uns segundiños o da anterior. Non sempre se pode facer, pero é unha forma de plantexarse obxectivos factibles. En calquera caso, non contaba con mellorar máis de tres minutos en só un ano.

Por certo Lobo, noraboa pola túa carreira tamén! Xa vin no fío da Coruña21 que baixaches por primeira vez de 1h13'. Tempazo! É unha pasada correr a eses ritmos 21km Aplauso

-----------

Aproveito para actualizar:

Plan Maratón Vig-Bay: semana 8 (de 14)
Semana 3/5 do bloque 2/3 -> carga (pero polo de aquiles, será de descanso)

Luns (18 de febreiro)
Descanso.
O aquiles saudoume ao despertar, pero nin pío o resto do día. Grandes novas! Sobre todo comparado co luns anterior, e máis tendo en conta o esforzo da media do domingo.

Martes (19 de febreiro)
20 minutos moi suaves sen gps (algo menos de 4km) e unha boa sesión de estiramentos.
O aquiles nótase sensible, pero non molesta. Pinta ben.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
3261 Posts

Reply with quote Post Tue, 19 Feb 2019, 20:33
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Enhorabuena por esa pedazo de marca.
Ves que, pese a bajar un poquito en la última semana, rendiste estupendamente. Pues eso, estás como una moto, dále un poco de descanso al tendón de Aquiles, que mucho no vas a perder, y así luego puedes volver al 100% para acabar de preparar el maratón.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2614 Posts
Vilanova-Vigo
Reply with quote Post Wed, 20 Feb 2019, 9:03
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

lobo escribió:
Nada mal eso de ir mellorando a marca paso a paso... recordame a como facía o pertiguista Sergei Bubka.
Recupera ben ese Aquiles e na maratón xa verás, vas ir como un tiro...

Este rapaz engana, cando nos demos conta, sen presións, con tempo e sen molestias baixará 3 min en media a marca desta semán.

O que tamén engana eres ti, felicidades por esa marca @lobo, xa son palabras maiores. Cando queiras vir a Castrelos, eres benvido, pero vamos ter que seguirte na distancia, vaia ritmos!!!

Suso, coidade, e feliciades por esa marca, espero poder acercarme a ela en breve.

Un saúdo
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1312 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Thu, 21 Feb 2019, 1:20
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Grazas corredor101! O certo é que creo que me veu ben descansar para chegar con forzas á media. Ter parado penaliza a preparación, pero permite chegar máis fresco.

Mil grazas pola confianza que tes en min Sanmikel, pero xa che vou avisando de que te vas levar unha desilusión eh jejeje. Por intentar que non sexa, pero véxoo algo imposible.
Que por certo, as marcas como esta, e mellores, chegarán para ti. Ti deixa que o corpo asimile todo o adestramento que fas por primeira vez e logo que recupere forzas, daquela volarás Wink

---------------

Actualizo:

Mércores (20 de febreiro)
30' suaves con Gefreiter (uns 6km) e unha pequena sesión de abdominais.
Govi

Maratoniano
Maratoniano
13/01/09
0 Carreiras
886 Posts
Vigo
Reply with quote Post Thu, 21 Feb 2019, 7:57
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Felicidades Suso por esa pedazo de marca en Coruña21. Si te respeta el aquiles en la Maratón Vigbay te va a salir una buena marca. Suerte
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
27 Carreiras
1202 Posts
Caldas de Reis
Reply with quote Post Fri, 22 Feb 2019, 9:06
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Felicidades compañero, esa es una muy buena marca. Ojalá este "test" te sirva para cargarte de confianza para la VigBay.
Mima ese aquiles Wink Wink Wink
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1312 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Fri, 22 Feb 2019, 18:25
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Ei Govi! Moitas grazas por pasarte por aquí! Ao ser a bursa e non o propio tendón de aquiles preocupa un pouco menos, porque non hai risco de rotura. Pero prefiro parar uns días para poder adestrar ben nas últimas semanas, senón non sei se aguantaría.

Grazas CK13! Como ti dis, toca darlle cariño. A ver se logo é recíproco jejej

-------
Actualizo:

Xoves (21de febreiro)
Descanso.

Venres (22 de febreiro)
1h de bicicleta estática e estiramentos.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
1975 Posts
Galiza
Reply with quote Post Sat, 23 Feb 2019, 7:16
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

sonsuso escribió:

Actualizo:

Xoves (21de febreiro)
Descanso.
.

Pensando ...pois si que debes estar mal Mr. Green Mr. Green

cóidate! Wink



Só engadir aquí, para non líar a cousa no outro tema, que no fío da carreira Campus da Nube comparto o espíritu da túa mensaxe, pois a min pásame con outras carreiras (as dos bancos non me pillan nin de casualidade). Non entro no detalle concreto de esta porque non coñezo cómo se organiza a universidade.

Xa escribín no fío que se pode opinar, desde o respeto, sobre todos os aspectos das carreiras e que non vimos aquí a lavarlle a cara e publicitar a ninguén. Gústanos correr, pero somos cidadáns.

Non me lío máis! Saúdos!

Coida de CorrerEnGalicia -- Blog
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1312 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Mon, 25 Feb 2019, 16:24
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Ola XoseM!

Non tiven moito tempo estes días e preferín esperar para responder con calma no fío. Aínda que pouca cousa direi alí, xa que nin quero nin é lugar para entrar nun diálogo sobre ese tema. Penso que o espíritu da miña mensaxe quedou claro. Entendo que a esta persoa, como xerente de dita empresa, non lle faga gracia o meu comentario. Enténdoo e respétoo. Pero mezclar o que dixen coa causa solidaria e coas persoas voluntarias, ou ben se debe a que non se entendeu nada do que dixen, ou ben a querer embarrar. Pero insisto, iso queda á interpretación de cada un e non serei eu quen abra ese debate en dito fío.

Apertas e xa nos veremos nalgunha carreira Wink

PD: editei a mensaxe porque non dicía nada interesante e me enrollaba eu só.


Last edited by sonsuso on Tue, 26 Feb 2019, 0:02; edited 18 times in total
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1312 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Mon, 25 Feb 2019, 16:26
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Actualizo! Pois foi unha fin de semana trepidante:

Sábado (23 de febreiro)
Descanso.
Domingo (24 de febreiro)
Descanso.

---------------

-> Resumo da 8ª semana:
Remata esta semana con só tres días de adestramento: 4km moi suaves o martes, 6 km aínda máis suaves o mercores e 1h de bici o venres. Melloría no aquiles pero menos da que esperaba para ter parado case de todo. A ver como evoluciona. Só quedan seis semanas xa.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1312 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sun, 03 Mar 2019, 12:37
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Plan Maratón Vig-Bay: semana 9 (de 14)

Luns (25 de febreiro)
15 minutos moi suaves e descalzo con Gefreiter pola herba do estadio de atletismo. Despois unha pequena sesión de abdominais.

Martes (26 de febreiro)
Descanso.

Mércores (27 de febreiro)
Descanso.

Xoves (28 de febreiro)
Descanso.

Venres (1 de marzo)
Descanso.

Sábado (2 de marzo)
30 minutos de bicicleta, despois 10 minutos suaves de trote e algúns abdominais para rematar.

Domingo (3 de marzo)
Pequeno trote de 20 minutos pola Alameda.

-> Resumo da 9ª semana:
Semana de descanso case total. Gustaríame ter feito algo máis de bicicleta, para non parar de todo, pero foi así a semana. O aquiles creo que moito mellor. Ningunha molestia e case non o noto sensible en ningún momento do día. Tampouco nos pequenos trotes que fixen. Imaxino que non estará ao 100% e algunha molestia terei nas vindeiras semanas, pero nada comparable a como estaba antes.

-------------

Despois destas dúas semanas de descanso (nas últimas 3 semanas só o día da C21 corrín máis de 6km), xa só quedan 5 semanas para a maratón. Así que toca poñerse as pilas. Farei 3 semanas de carga pero xa afinando, a 4ª será xa máis suave e nela farei o test de Gavela, e a 5ª a semana da maratón.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
3261 Posts

Reply with quote Post Sun, 03 Mar 2019, 18:17
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Bien, ahora recuperado a darle caña otra vez, que seguro que por un par de semanas flojas no perdiste casi nada de forma.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
27 Carreiras
1202 Posts
Caldas de Reis
Reply with quote Post Mon, 04 Mar 2019, 15:33
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Por unas semanas más flojas, mientras no estés parado del todo, no vas a perder nada...Es más, incluso pienso que te vendrán bien para retomar los entrenos con más fuerza





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum