Foros ›
Author
Message
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
27 Carreiras
1122 Posts
Caldas de Reis
Reply with quote Post Thu, 17 Jan 2019, 8:40
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Ainda que non escribo moito, si te leo. A ver se nos vemos lo en Moaña
Un saudo
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1301 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Thu, 17 Jan 2019, 16:43
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Moitas gracias Lobo! Como di Gefreiter, ao momento de rematar non había forzas nin para poñer caras. Pero nesa rodaxe posterior de volta a casa que ti comentas, na que con algo máis de aire vas repasando o adestramento que fixeches, aí si que vai aparecendo jejeje

Xa o teño dito outras veces, pero para min é un luxo poder adestrar con Gefreiter! Cousas como a de onte, ou os 300 de hai unha semana, non os tería feito nin me acercaría de facelos eu só. El ten moita parte de culpa da mellora do último ano e pico. Así que como lle teño dito, é unha sorte para min! Aplauso

Grazas por pasarte por aquí Nando! Eu o certo é que ultimamente non ando con moito tempo, e cóstame seguir outros diarios como me gustaría. Polo menos intento manter o meu actualizado. Se me ves en Moaña saúdame, que eu non te poño cara Wink

------------

Aproveito para actualizar:

Xoves (17 de xaneiro)
Rodaxe de 90' por Santiago. Esencialmente circuíto urbano pero con subidas como a rúa de San Pedro ou a Cidade da Cultura. En total foron 17,17km en 1h30'02" (a 5:15/km).

Venres (18 de xaneiro)
Mañá venres tocará descanso.

O sábado farei un 3x3000 a ritmo controlado (en principio 12:20-11:30) e o domingo irei a Moaña, para facer o IX Trail Río da Fraga (21,6 Km e 980m de desnivel positivo).
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1301 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sat, 19 Jan 2019, 14:25
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Sábado (19 de xaneiro)
Hoxe en Castrelos e baixo a chuvia tocaba un 3x3000 a ritmo controlado coa compañía de Sanmikel e tamén dun amigo que aproveitou para facer unha rodaxe rápida (coincidiu con nós no 1er e no 3º 3000). Primeiro 3 quilómetros de quecemento, e logo o 3x3000 con 90" de recuperación. Os tempos foron:
12:08 (4:11,7 - 4:09,2 - 3:47,1)
11:35 (3:51,8 - 3:54,0 - 3:49,3)
11:21 (3:49,1 - 3:48,4 - 3:44,2)
Para rematar outros 3 quilómetros a trote moi moi suave, para un total de 15km e pouco máis dunha hora de adestramento.

Adestramento controlando os ritmos, pois Sanmikel ten mañá Viana e eu Moaña. Todo ben e ningunha molestia. Así que preparado para mañá no IX Trail Río da Fraga, que polo que din quen xa partipou na carreira, vai ser unha mañá divertida!
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1196 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Sat, 19 Jan 2019, 15:28
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Gran entreno controlado. A Oscar ya lo veo mañana. Buen trail por ese rio de Fraga.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2607 Posts
Vilanova-Vigo
Reply with quote Post Sat, 19 Jan 2019, 16:21
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Si a verdade moi ben o entreno, pero eu teño o piramidal, que non me deixa andar. Sad A ver como vai.
Pd: teño que deixar de queixarme. Mañan 26 km, a ver como saen.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1301 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sun, 20 Jan 2019, 17:13
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Domingo (20 de xaneiro)

Hoxe tocaba o IX Trail Río da Fraga (Moaña). Sabía que non ía ser un trail cómodo, pero non esperaba que me resultase tan duro. Por moito que este sexa o terceiro trail do último mes, sigo sendo un novato, polo que vou un pouco a cegas. Sabendo que os primeiros quilómetros eran rapidillos (aínda que parte eran por area), animeime a saír rápido e logo ir vendo que pasaba.

Saída e os dous primeiros quilómetros son rápidos, pois mezclan asfalto e area. Saen en 4:23 e 4:22. Non pensedes que fun de kamikaze, pois hai bastantes corredores diante miña, pero ao non saber se van ao curto ou ao longo, non é unha referencia. Neste comezo xa pasamos por primeira vez polo río (outra cousa non, pero os pés vai ir ben mollados durante toda a carreira. Collínlle cariño a isto Mr. Green ). O terceiro quilómetro tamén sae rápido, 4:58, pero xa con desnivel. A partir de aí, comeza o bo.

Xa nas primeiras rampas póñome a andar sen reparo ningún. Son o novo, pero xa non tan tonto Cool Así que sei que hai que gardar, que isto é longo. Adiántame algún corredor e eu collo a outros. Pero na primeira baixada xa teño unha pequena cola detrás. Non é descarado, pois todavía teño a varios uns metros diante miña. Pero xa se pode intuír quen é o lentorro Bailar Pouco despois doume de conta que estas subidas non son nada cómodas e si algo técnicas. De feito, esvaro varias veces polas rochas que hai na beira do río. Así que se xa non tiña pretensión de ir rápido, iso quitoumas, e dende ese momento teño o único obxectivo de ir cómodo e non mancarme. Nos seguintes quilómetros de subida (ata a cima) eu vou ao meu ritmillo e case sempre só. Adiántanme a cuenta gotas uns dez ou doce corredores, e así chegamos á cima no km 11. Unha pasada as vistas! Aplauso

Comezo a baixada con moita calma, e pouco despois xa está o abastecemento. Pararei algo máis de minuto e medio. Como un pouco de todo e falo tamén cos voluntarios. Neste tempo adiántanme tres corredores. Arranco de novo. Eu sigo ao meu, coa mesma idea que antes. Irei só ata o quilómetro 14 ou 15, cando me alcanza un grupiño de catro ou cinco persoas nunha baixada empedrada e con bastante pendente. Xusto despois chegamos ao río e iremos bordeándoo pola beira. Xa máis cómodo nesta parte, vou algo máis rápido. Un dos chicos que ía diante está parado e dime que caeu e se deu un bo golpe no costado. Será o km 18, e a partir de aí iremos xuntos ata meta. Os últimos dous quilómetros por un camiño ata chegar á costa volven saír máis rápido, ao ser por sendeiro primeiro e logo asfalto. Chegando a meta en 2h44'52" para un total de 21,42 km (a 7'42"/km).


Resumindo un pouco...

Non tanto como en Salceda hai unha semana, pero estou destrozado. Ningunha molestia, pero si baleiro, sen forzas. Agás nos tres quilómetros iniciais e nos dous quilómetros finais, fun moi relaxado e deixándome levar tanto en subidas como en baixadas. En parte por non arriscar, pero tamén porque non tiña forzas para ir máis rápido nas subidas nin nas pistas. En calquera caso, rodaxe por montaña de case 3h con moita forza. Así que obxectivo máis que conseguido!

Isto dos trails vaime gustando cada vez máis, pero ao mesmo tempo teño claro que para ir despacio. É dicir, gústame pero para facelo relaxado e sen pretender correr. Pode que a medida que vaia aprendendo a baixar mellor e colla forza para subir máis rápido pense doutra forma, pero polo de agora, se algo me gusta, é precisamente escapar diso, de intentar ir rápido.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1301 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sun, 20 Jan 2019, 17:22
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Esqueceuseme responder antes, perdoade!

maseda escribió:
Gran entreno controlado. A Oscar ya lo veo mañana. Buen trail por ese rio de Fraga.

Foi un bo adestramento. Un pelín máis rápido do falado, pero moi ben. Xa vin que moi boa carreira a túa en Viana! Non sei se fixeches marca persoal, pero senón case! Xa nos veremos na Coruña21 dentro dun mes Wink

sanmikel escribió:
Si a verdade moi ben o entreno, pero eu teño o piramidal, que non me deixa andar. Sad A ver como vai.
Pd: teño que deixar de queixarme. Mañan 26 km, a ver como saen.

Moito ánimo con ese piramidal! Polo tempo a carreira en Viana ben, pero espero que as sensacións fosen boas, que é o importante. Estaremos atentos ao teu diario!
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1196 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Sun, 20 Jan 2019, 22:32
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

No fue marca pero bueno estamos ahí cerca. En C21 si que ya hay ver qué sale. Ahí ya hay que apretarse más las tuercas. Además aun quedan unas semanas
Oscar me contó que sufriendo del piramidal pero ahí al ritmo que pretendia controlando.
Me alegro de que hayas disfrutado en Moaña
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1301 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sun, 20 Jan 2019, 23:40
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Boas noticias de Viana entón! O do piramidal é jodidillo. Eu estiven hai ano e pouco moi tocado, e agora ando coindando para non despistarme e que volva. Leva tempo, pero con moitos estiramentos e coidando as posturas pode solucionarse.

-> Resumo da 3ª semana:

Remata con 82,3km. Un 6x1000, un 3x3000 e o trail de 21km se hoxe, acompañados por dous rodaxes cómodos. Seguimos sumando, e nestes momentos sen molestias, a ver se mañá comezamos a semana sen resentirnos.

A que vén será a cuarta e última de carga deste primeiro bloque, polo que intentarei seguir aumentando o volume de quilómetros e facer dúas boas tiradas na fin de semana.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2607 Posts
Vilanova-Vigo
Reply with quote Post Mon, 21 Jan 2019, 10:25
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Benvido rapaz os trails, ainda non sabes o que é estar 4 días con maniotas e perder unha semana de entreno.
Por o demáis levalo ben. Falache un que ten unha experiencia enorme en trails.. Razz

sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1301 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Thu, 24 Jan 2019, 13:03
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Eu maniotas poucas Sanmikel, aínda que certo é que non vou tan rápido coma ti nos trails. Pero deixoume en reserva, sen enerxía ningunha. Sobre o espectáculo de caídas, tampouco foi tan calamitoso jejeje Tiña algo máis de estilo Satisfecho


------------------
Actualizo:


Plan Maratón Vig-Bay: semana 4
Semana 4/5 do bloque 1/3 -> carga

Luns (21 de xaneiro)
Descanso. Ningunha molestia, pero si moito cansancio.

Martes (22 de xaneiro)
Despois dunha mala noite, tocaba saír cedo con Gefreiter. Primeiro 25' de carreira continua e logo 10 cambios de ritmo de 400m (rec. 200m a trote). Non pintaba moi ben o adestramento, notaba que non había forza ningunha, pero animeime a intentalo. Xa dende o primer cambio de ritmo Gefreiter quitoume bastantes metros. Aínda así, a un ritmo moito menor ca el, completei os dez cambios. Despois volta a casa a trote suave para un total de 10,61 km en algo menos dunha hora. Muscularmente moi ben, ningunha molestia, mesmo o aquiles vai mellor tamén, pero síntome agotado e sen forzas, moi moi canso.

Mércores (23 de xaneiro)
Primeiro 5km de carreira continua a ritmo progresivo (media de 5'/km) e despois un 5x2000 con 60" de recuperación (fíxena andando). A idea era facelos progresivos e que fosen entre 8:20-7:35. Saíron así:
8:08,9 (4:03,9-4:05,0)
7:55,6 (3:59,4-3:56,2)
7:37,6 (3:56,6-3:41,0)
7:36,9 (3:51,0-3:45,9)
7:34,1 (3:53,6-3:40,5)

As sensación na rodaxe inicial non eran malas, pero xa dende o primeiro 2000 o cansancio apareceu e non fun nada cómodo. Como non me vía con confianza, optei por ir relaxado (pero por debaixo de 4') o primeiro mil e apretar no segundo. Nas dúas últimas repeticións costou moito rematar. De feito na última tiven pouco menos que ir atope. Penso que foi un bo adetramento para como me atopo, e sobre todo, porque cumplín o marcado no plan.

Para rematar, un quilómetro suave de volta a casa. Completando un total de 16,43km en 1h17'58".


Xoves (24 de xaneiro)
Hoxe tiña pensado facer unha rodaxe suave, pero vou descansar. A sensación de cansancio e de fame é continua todo o día. Non recordo tela o ano pasado preparando a Coruña42. Sigo pensando que os trails deixáronme baleiro. Teño a sorte que podo adaptar o meu horario para durmir oito ou mesmo nove horas (coma hoxe), senón creo que rompería.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
27 Carreiras
1122 Posts
Caldas de Reis
Reply with quote Post Fri, 25 Jan 2019, 19:03
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Os trails vacían tanto como enganchan, ándate con ollo Silbar Silbar Silbar
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1196 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Fri, 25 Jan 2019, 20:36
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Si es corto aun pero los trails largos me tienen a veces hecho perder 2 días de planning. Es lo malo. Yo ahora queria hacer alguno pero para mi por desgracia no son lo mismo que las tiradas largas. Creo que haré este finde el de Sada y listo como tirada larga
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1301 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sun, 27 Jan 2019, 15:54
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

cK13 escribió:
Os trails vacían tanto como enganchan, ándate con ollo Silbar Silbar Silbar

A estas alturas xa podo confirmar que vacían, o segundo xa o vou notando... pero aínda ten que conquistarme de todo Satisfecho jejejje

Xa vin no teu diario que o próximo será o Trail do Eifonso, pero eu ese día irei ao norte para correr a media da Coruña. Imaxino que ata despois da maratón VigBay non volverei a facer ningún trail. Pero xa nos veremos Wink

maseda escribió:
Si es corto aun pero los trails largos me tienen a veces hecho perder 2 días de planning. Es lo malo. Yo ahora queria hacer alguno pero para mi por desgracia no son lo mismo que las tiradas largas. Creo que haré este finde el de Sada y listo como tirada larga

Nas primeiras semanas non pasa nada, de feito veñen ben para sumar quilómetros e facer forza. Pero despois si que te deixan tan tocado, que é difícil continuar co plan nos días seguintes.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1301 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sun, 27 Jan 2019, 15:55
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Venres (25 de xaneiro)
A idea inicial era facer un 12x400 pola tarde, pero unha amiga comentoume de facer uns quilómetros xuntos e animeime. Fixemos 3km de quecemento a trote moi suave, dúas repeticións de 2x200 + 2 costas (na Alameda), e para rematar outro quilómetro a trote. En total foron 6km en 40 minutos. Día suave e relaxado que me veu moi ben para recuperar un pouco sen estar parado.

Sábado (26 de xaneiro)
Tiña pensado facer unha rodaxe longa, que se acercase aos 20km, pero o día foi complicándoseme e ao final só puiden facer unha rodaxe rapidilla de 11km en 49 minutos (a 4:28/km) en Castrelos pola noite.

Domingo (27 de xaneiro)
Tirada longa de 27 quilómetros coa compañía de varios compañeiro do Carma, como Sanmikel, Carioco, Xan e Fonvigo. Os primeiros 5 quilómetros foron xuntos, pero a partir de aí Sanmikel, Carioco e máis eu aumentamos algo o ritmo; e xa no km 21 Sanmikel escapouse para rodar a 4:00/km, mentres que eu continuei con Carioco a 4:10/km para poder facer algún quilómetro máis e completar os 27 finais.

En total foron 27 km en 2h05'55" (a 4:33/km). Facendo os últimos 7km a ritmo de maratón e rematando o último en 3:51. Moi bo adestramento e sensacións boas. Non sobraban forzas, pero ía cómodo.


-> Resumo da 4ª semana:

Esta semana remata con 71 km. Menos do desexado, pero sumando que é o importante. Sensación de cansancio e de que lle costa ás pernas ir a ritmos rápidos, pero sen ningunha molestia máis alá do aquiles (volveu a empeorar un pouco despois de facer o 5x2000 no tartán, e a tirada de hoxe non axudou).

A semana que entra é a quinta e última deste primer bloque, polo que toca semana de descanso. Así que semana suave que virá moi moi ben.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum