Foros ›
Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 14 Set 2018, 10:09
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Grazas Fran! A verdade é que tampouco foron adestramentos do outro mundo, pero para o tempo que levo non están nada mal, e as sensacións son boas. A ver se sigo así. Sobre o que dis da compañía, creo que sempre da un plus. Xa non só pola esixencia, senón porque é un aliciente máis neses dáis nos que non apetece tanto saír e, polo menos a min, sempre é un pracer compartir tempo con xente.

Onte xoves 13 descanso.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 15 Set 2018, 12:35
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Onte venres 14 descanso. A idea era facer unha rodaxe tranquila e algo de ximnasio, pero ao final non saín.

Hoxe sábado 15 animeime a ir con Lete, compañeiro de equipo, polo Monte do Gozo e o seu entorno. Foron 22.73km en 1h56'22" (a 5'07"/km de media). Moi boa tirada nun entorno que é unha pasada. Mezclando todo tipo de terreos e subes e baixas. Primeira tirada longa da tempada e moi boas sensacións.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 16 Set 2018, 13:42
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Domingo 16 e 10,82 km para rematar a semana. Suaves e sen ningunha pretensión (54'15", 5:01/km), de feito ía facer menos en principio, para recuperar mellor a tirada de onte e así acabar a semana cun bo número de quilómetros.

Remata a semana con 64,3 km. Quedan 7 semanas para Porto.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 17 Set 2018, 8:39
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Semana 4 (de 10) para Porto

Hoxe luns 17 quedei con Gefreiter a primeira hora da mañá na Alameda. Primeiro 20' de carreira continua e 2 repeticións a un circuíto de 12 estacións (40" exercicio e 20" recuperación). Para rematar fixemos tamén na Alameda un 10x200. Hoxe non había forzas nin para volver trotando a casa.

O mellor, a sensación despois do adestramento. Porque moito teño que aprender para facer ben algúns exercicios. Parecía un tronquito nalgúns Mr. Green
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 17 Set 2018, 20:09
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Pois se tí te sintes "tronquito", que lle quedará a outros. Seguro que che sae o plan de preparación niquelado e en Porto te superas.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mar, 18 Set 2018, 8:16
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

As comparación son odiosas Meigalicix jejeje Pero agora en serio, asegúroche que a flexibilidade ou exercicios áxiles non son o meu forte (aínda que seguramente que isto non é algo que sorprende neste mundillo). Sobre Porto, moitas grazas polos ánimos! A idea alí é facela con calma e disfrutar da carreira, sen ningún obxectivo. Polo que descarto intentar un sub3h, non o vou intentar

Hoxe martes 18 con Gefreiter a primeira hora da mañá. Primeiro trinta e poucos minutos de carreira continua pola Alameda, para facer logo un 4x500 nas pistas. Os tempos foron 1'40"-1'32"-1'31"-1'30". A primeira lenta para o que tíñamos pensado, na segunda pegado a Gefreiter ata os últimos metros, na terceira xa me costou aguantar os últimos 150m, e na derradeira o tomei distinto e non saín tan rápido para evitar un ritmo suicida e acabar con forza ao final. Moi boas series e coa sensación de que o corpo vai respondendo cada vez mellor. Para rematar, quedei cun amigo (que non corre de forma habitual) na Alameda para trotar suave uns vinte minutos. En total foron 12km en 1h13'.

Mañá a ver se me animo cun 4x3000.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 21 Set 2018, 18:42
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Finalmente o mércores 19 descansei. Xa pola tarde do martes me atopaba moi canso, así que decidín descansar ese día.

A idea o xoves 20 era facer o adestramento que tiña pensado para o día anterior. Ao non ter moito tempo, cambiei o 4x3000 por un 2x3000 máis rápido. Comecei con 2km suaves de quecemento. O primeiro 3000 en 11'25",2 (3'50"-3'49"-3'45"). Dous minutos de recuperación e comezamos co segundo 3000, que saiu en 10'30",3 (3'35"-3'33"-3'22").

A primeira fíxena polo anel de herba das pistas, non ía nada cómodo. Pola contra, a segunda foi pola calle 8 para intentar ir máis rápido e ver se así tiña mellores sensacións, e así foi. Comecei por sensacións, sen ver o reloxo, e ao paso do km 1 vin que ese km fora en 3'35". O que me sorprendeu moito, pois non sentía que ía tan rápido. Así que logo tocou manter e aumentar se se podía. Acabei xustiño o terceiro km. En calquera caso, o mellor foron as sensacións, porque como adestramento non creo que o fixese demasiado ben.

Todavía canso, así que o venres non madrugaría e xa vería se faría algo pola tarde.

Máis de 9 horas de sono. Isto si que é vida. Pero é venres 21 e non hai que excederse, así que pouca cousa fixen. Trote suave de dous quilómetros, cun pouco de técnica de carreira e traballo de ximnasio. Volta a casa (menos dun quilómetro) para rematar.
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Ven, 21 Set 2018, 20:01
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

¿Atopas moita diferenza de correr nas pistas a facelo pola estrada?
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 22 Set 2018, 16:38
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

JuanBellas escribió:
¿Atopas moita diferenza de correr nas pistas a facelo pola estrada?

Ola JuanBellas!

Eu noto bastante diferencia entre o asfalto (ou similares) e o tartán das pistas. A nivel muscular ou desgaste eu non o noto moito, porque adestro moi moi pouco polas pistas, pero a xente que adestra con máis frecuencia nelas si que comenta que cargan moito os tendóns e a musculatura. Eu o que fago normalmente é correr polo anel de herba que hai ao redor das pistas (como se fose unha calle número 9). Por dicilo dalgunha forma, é un terreo uniforme e sen obstáculos nin nada que moleste, pero coa comodidade de correr por herba en lugar de tartán. O malo é que sempre perdes algún segundo, porque o tartán é moito máis rápido (por iso as series curtas ou se quero facer algunha serie rápida de verdade, uso o tartán).

Xa digo que eu non son ningún experto. Resumindo, o tartán é máis agresivo que calquera outra superficie pero tamén máis rápidillo. É máis parecido ao asfalto que á terra ou gravilla. Eu se fago rodaxes longas busco o que me resulte máis atractivo como percorrido, preocúpome máis de que sexa cómodo correr nel que do tipo de superficie. Pero para cousas máis vivas si intento ir ao anel de herba das pistas de atletismo.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 22 Set 2018, 17:20
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Por certo, hoxe sábado 22 unha pequena saída de 7,75km. Os 6 primeiros foron progresivos, facendo en 4'13", 4'15" e 4'13 o cuarto, quinto e sexto respectivamente. Despois case dous quilómetros de volta a casa. En total eses 7,75km saíron en 4'31"/km. Tiña pensado facer uns 10km, pero saín cando puiden, ao mediodía, e facía moito calor. Así que decidín regresar antes de tempo.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 23 Set 2018, 11:17
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Domingo 23 e tocaba a segunda tirada longa despois dos 22km do sábado pasado. Xuntámonos un grupiño de compañeiros do CARMA para facer unha tirada ao redor de 25 km. Saimos de Castrelos a primeira hora da mañá dirección Nigrán, pero ao estar o Triatlón Illas Cíes, baixamos por Canido e fomos polo Vao, Samil, Bouzas, o porto, Berbés, Colón e volta por López Mora e Pi i Margall ata Castrelos, onde completamos con dúas voltas máis.

En total foron 25km en 1h52',10 (4'29"/km). Os últimos 5 kms (dende o Paseo de Alfonso e rematando con dúas voltas en Castrelos) foron en 4'21", 4'14", 4'07", 4'00" e 3'45". Moi moi boas sensacións. De feito paramos e rematamos cunha última volta a trote suave por Castrelos porque non había necesidade. Se lle sumamos a volta a casa, en total foron 26,55 km en 2h01'53" (a 4:35 min/km).

Normalmente sempre adestro en xaxún ao saír cedo pola mañá, entón prefiro non almorzar nada (aínda que algún día poida ter tempo). Un trago de auga e punto. Non sei ata que punto isto é algo bo para tiradas como hoxe, pero as impresións son boase para a Coruña42 deste ano non me foi mal. De feito, hoxe tampouco levei ningún tipo de xel. Nas seguintes si que levarei algún, pero me gusta facer unha (non das máis longas) sen nada para coller confianza e ter boas sensacións indo "a pelo". O que si non pode faltar, é beber. Hoxe só paramos unha vez nunca fonte pouco despois do km 10, pero iso si que é necesario.

Eso si, ao volver o almorzo foi bo. Zumito de laranxa, un plátano e un bo prato de lentellas que sobraron de onte xunto cun vaso de cubata de leite frío Molón

Remata a semana con 66,4 km.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mar, 25 Set 2018, 11:15
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Semana 5 (de 10) para Porto

Onte luns 24 fixen unha rodaxe de 1h polo entorno do Campus Sur. Suave para recuperar a tirada do día anterior. En total foron 11,81 km en 1h03'47" (a 5:24 min/km de media).

Hoxe martes 25 tocou outra rodaxe de 1h, desta vez con Gefreiter e un amigo. Fomos pola contorna do Monte Pedroso, polo que o ritmo foi bastane baixo. En total foron 11,01 km en 1h01'39" (a 5:36 min/km de media).
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1015 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 25 Set 2018, 16:03
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Boas, o que teño leído sobre o entrenos en xaxún e que os recomendan ca intención de que o corpo aprenda a utilizar mellor as grasas como combustible e sempre ca idea de competicións en distancias longas (maratóns, ultras....).
Tamén é certo que o recomendan só en entrenos pouco esixentes.
Agora está de moda o xaxún intermitente....
Saudos.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 25 Set 2018, 20:18
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Rufino escribió:
Boas, o que teño leído sobre o entrenos en xaxún e que os recomendan ca intención de que o corpo aprenda a utilizar mellor as grasas como combustible e sempre ca idea de competicións en distancias longas (maratóns, ultras....).
Tamén é certo que o recomendan só en entrenos pouco esixentes.
Agora está de moda o xaxún intermitente....
Saudos.
Pois a verdade, e que eu estou moi dacordo cos entreos en xaxún.
Levo facendo 2 anos, en todo tipo de entrenos, dende 1 horas ata 90min, a ritmos de z4.
E case entodas as competicións menores de 10k.
Prepara o corpo para que aprenda a usar mellor as graxas.
Iso si, non teño nin idea se esta de moda, nen se funciona, pois nunca competín mais de 130 minutos.
Iso si, coñezo a un compañeiro, que tamén o fai.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1015 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Set 2018, 6:32
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Boas, te deixo un copía e pega de un artigo por se che vale de algo.
La respuesta sigue siendo depende. Toma tu decisión basada en tus objetivos:

Si quieres quemar un poco más de grasa corriendo suave por las mañanas, prueba a entrenar en ayunas.
Si lo que buscas es que tu cuerpo se acostumbre a quemar más grasa para ganar fondo, entrena en ayunas de vez en cuando, pero sin intentar batir tus marcas.
Si haces ejercicio de alta intensidad o entrenamiento de fuerza con pesas, y quieres llegar a tus máximos, es mejor que comas antes.
Si a pesar de todo haces pesas en ayunas, tomando BCAA puedes evitar la pérdida de músculo.
Un saudo e ánimo cos entrenos.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos