Foros ›
Autor
Mensaxe
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Mai 2018, 17:33
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Enhorabuena, estás en racha.

Muy gracioso lo de que ibas a hacer un mil, y en el 400 no te encontrabas bien...y el 500 te sale en 1,34!!!, o sea, si te llegas a encontrar bien...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 29 Mai 2018, 22:03
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

corredor101 escribió:
Enhorabuena, estás en racha.

Muy gracioso lo de que ibas a hacer un mil, y en el 400 no te encontrabas bien...y el 500 te sale en 1,34!!!, o sea, si te llegas a encontrar bien...
.... E todo iso un día despois de ter feito podium con so tres horas de sono no día anterior.... Suso, tí probaches a rañar debaixo da pel do brazo por se tes escamas debaixo, como os lagartos de V? É que algo extraterrestre con superpoderes para as carreiras sí que eres Moi feliz Moi feliz

En fin, que non pare a festa e a seguir disfrutando
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 03 Xuñ 2018, 15:21
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Grazas corredor101! Sisi, se de tempo saiu un 500 moi moi bo! jejeje O tema é que non me atopaba a gusto. Notaba que estaba forzando, sufrindo, e non había necesidade. Así que decidín parar. Florituras dese estilo para outro momento, que o corpo arrastra cansancio e é fácil ter algunha lesión se o forzo con series tan rápidas.

Grazas Meigalicix! Superpoderes non creo e escamas creo que tampouco (aínda que hai moito que non vou á piscina, terei que probar Pensando ). Pero a verdade as cousas están saíndo moi ben. Con pouco que se fagan as cousas ben, haxa continuidade e constancia, e se coiden outros detalles coma o sono ou a alimentación, nótase nos resultados.

Actualizo o diario:
Mércores 30 de maio: descanso
Xoves 31 de maio: descanso
Venres 1 de xuño: descanso
Sábado 2 de xuño: descanso

O mércores e o xoves tiven un congreso na miña facultade, así que xa non contaba con poder saír por falta de tempo. Pero de todas formas, o mércores comecei a atoparme algo mal a última hora da tarde, e de feito acosteime ás 21h. Ao día seguinte tiña dor de garganta e malestar xeral. Continuou o venres e onte sábado xa se convertiu en un trancazo. Así que decidín non saír ningún día e descansar para hoxe, que era a Media Maratón de Ribeira.

Domingo 3 de xuño: Media Maratón de Ribeira

Tocou madrugar, xa que a carreira era ás 10.00 en Ribeira. Así que ás 6.30 xa estaba en pé. Almorcei ben para coller forzas despois de como estaba estes días. Sensación de cansancio e moitas dúbidas sobre como estaría en carreira. Na viaxe en coche con Maseda fomos comentado que tíñamos pensado cada un e que facer. El ía buscar marca persoal en homologada (baixar de 1h24') e eu... non o tiña claro. Non sabía se ir con el e ir a asegurar ou, vendo como me saen as cousas ultimamente, arriscar. Chegamos con moito tempo, pero entre coller o dorsal, ir ao coche, tomar un café e coller o bus que nos levaba a Aguiño, xa só quedaban 15 minutos! Cámara de chamadas, gardarroupa e un pequeno quentamento de 2-3 minutos a trote.

Na propia saída coméntolle a Maseda que vou intentar ir a 3'50"/km e repetir o de Xenebra (1h21' baixo). O perfil non era tan cómodo como alí, pero había que ser ambiciosos e probalo. Se non me atopaba ben, reducir como sempre digo.

Saída rápida. Fago os primeiros metros con Maseda e pouco a pouco distánciome uns metros. km 1 en 3:42, moi rápido. Pero vou a gusto e nun bo grupiño. A idea é seguir. km 2 en 3:43, km 3 en 3:48, km 4 en 3:47 e km 5 en 3:44. Ata aquí foi un continuo sube e baixa (máis sube que baixa, xa que todos os kms teñen desnivel positivo: por exemplo +20m no km 5). Entramos en Ribeira. A partir de agora serán 2 voltas a un circuíto completamente chan, excepto unha pequena subida).

Primeiro facemos o km 6 (en 3:44) ata o paso por liña de meta e comezar a 1ª volta:
km 7, 3:43; km 8, 3:47; km 9, 3:54; km 10, 3:59; km 11, 3:58; km 12, 3:50; km 13, 3:48.
Nos km 10 e 11 o vento era en contra polo paseo, e foi o momento máis duro da carreira. Pensei que ía vir o baixón. Pero ao comezar a callejear polo collín algo de aire e puiden recuperar ritmo, dende ese momento fun moito máis a gusto. Iso notouse no ritmo. Esa 1ª volta, que fixen practicamente en solitario, en terra de ninguén, saiu en 28'25".

Comeza a 2ª volta xusto antes da sinal do km 14, 3:46. A partir de agora empeza o segundo momento máis duro, sobre todo mentalmente. O corpo non vai a gusto e xa dubido de poder seguir así. Pásame un atleta do Carballiño e metros despois alcánzame outro máis. km 15, 3:52. Nese momento alcanzamos a un terceiro e, xuntos os tres, collemos bo ritmo ata o final do paseo (onde hai un xiro de 180º): km 16, 3:48. Recupero as boas sensacións. De feito o km 17 é máis lento (3:55), pero alcanzo sepárome do grupiño e alcanzo a 3-4 corredores. Manteño no km 18 (3:54) e tamén no km 19 (4:00), onde hai está a subida polo centro de Ribeira e tomo un respiro. Nesa subida adiántame un chavalito a moi bo ritmo, anímoo e felicítoo por como está a acabar. Dende aí, 2 quilómetros chans ata meta. Vexo que vou en tempo para baixar de 1h21' e facer marca. Hai que intentalo. O km 20 (3:51) ten un xiro de 180º, despois do cal acelero e cambio o ritmo. Alcanzo a un corredor e, xa no porto, collo a outro. Paso o km 21: 3:45. Trinta segundos escasos para facer os últimos metros. Volvo a aumentar o ritmo na curva final para entrar na recta de meta (eses últimos metros saen a 3'18"/km). Entro disfrutando, rápido, pero sen presión. Miro o reloxo, teño menos de 10 segundos! Acelero, e... 1h20'58" marca o reloxo!

Tempo oficial: 1h20'59"
Posto da carreira: 41
Posto no campionato (categoría Senior Masculino): 9

Nova marca persoal! Contentísimo! Non podo pedir máis. Iso si, estou destrozado, vacieime. Saúdo aos que chegaron comigo, acércome a falar con algún familiar que teño en Ribeira e, por último, vou felicitar a Maseda. Carreirón o seu!!! Sub1h22'! Tempazo! Noraboa! Aplauso Fixo toda a carreira uns metros detrás miña, así que en cada xiro podía velo e animarlle. Obxectivo máis que cumplido o seu. Así que na volta a casa, os dous máis contentos que unha pasa xD

A verdade é que moi contento (unha vez máis, ata me da vergonza xa dar só boas novas). Notábame algo canso durante a carreira, imaxino que debido a como estiven os últimos días. O que está claro é que as migas sobrantes da maratón seguen funcionando. Estou adestrando moi pouco, pero entre o descanso e que estou competindo cada fin de semana, manteño a boa forma. Agora descansar e recuperar!


Última edición por sonsuso o Dom, 03 Xuñ 2018, 17:25; editado 1 vez
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4695 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Dom, 03 Xuñ 2018, 15:25
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Estás enorme,enhorabuena de nuevo,últimamente ya aburre,jajaja,a disfrutar esa marcaza
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4257 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Dom, 03 Xuñ 2018, 17:35
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

¡Xa está ben, non se pode ir de chulo pola vida eh! (é o meu xeito de darche a noraboa, non o tomes a mal).

Semella que todo o que se achegou hoxe por Ribeira volveu para casa cunha MMP, así dá gusto.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 03 Xuñ 2018, 17:50
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Otra vez enhorabuena.
Grandísima marca. Y enhorbuea a Maseda también.
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Dom, 03 Xuñ 2018, 20:16
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Gracias corredor 101.
Suso como te dije verte ahí delante me ayudó mucho a tenerte de referencia. Vaya marca la tuya y vaya forma de correr. Hasta parece fácil viendote correr. Enhorabuena por esa marca de otra galaxia. Estás ya en la barrera del 1:20 y sigues imparable. Me alegro mucho. Nos vemos en Palas que por lo visto vamos a estar unos cuantos.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 04 Xuñ 2018, 11:39
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Grazas Lihto e corredor101! Si que aburro si, son consciente. De feito, ata me da vergonza escribir no diario, porque parece que sempre son boas novas. Como di Gefreiter, vou de chulo, melloro aos pouquiños para mellorar sempre.
Moitas grazas Gefreiter! Tiñas que ter vido a resarcirte do domingo anterior Guiño
Grazas Maseda! Un pracer correr contigo! Véndome correr non creo que pareza fácil, ou polo menos esteticamente bonito seguro que non jejeje O que si, ao mellor parece que non vou rápido por ter zancada curta e moita cadencia. Resumindo, que moi óptima non é a miña técnica. Vémonos nos 21 do Camiño, iso si que vai ser unha gran festa. Só vai faltar un que sei eu... Silbar

Actualizo:
Luns 4 de xuño: descanso
Continuo co constipado, trancazo ou o que sexa. Nótome moi canso de onte. Así que hoxe, e máis co tempo que fai, descanso con maiúsculas.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 04 Xuñ 2018, 12:09
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Menos mal que eres aínda humano, e experimentas cousas como cansancio e os catarros, porque o que o que son a progresión e as marcas, seguen a ser para deixar coa boca aberta.

Cóidate moito. Non sei se vas estar na nocturna de Vigo. Tiña pensado achegarme para animar. Se estás, xa te felicito en persoa.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 07 Xuñ 2018, 17:33
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Son máis que humano Meigalicix. De feito, pilloume ben desta vez, pois aínda ando arrastrando algo a día de hoxe. Como dis, vémonos o sábado na nocturna en Vigo!

Martes 5 de xuño: descanso (con pilates)
Este mes de xuño vai ser moi suave, mesmo a idea é descansar completamente nas dúas últimas semanas do mes. Así que entre unha cousa e outra, animeime cunha amiga a ir neste mes de xuño a un curso de pilates na universidade. O martes foi a primeira sesión e serviu para reafirmar algo que xa intuía: son un pequeno tronquiño.
Mércores 6 de xuño: 30 minutos suaves
Pouco máis de 30 minutos suaves (uns 6,5km) polo entorno do Campus Sur e do Monte Pío. Sen prestar moita atención ao ritmo e deixándome levar segundo fose subindo ou baixando o terreo.
Por certo, vistas moi chulas as que ten o señor Feijoo dende a súa casiña, nunca fóra polo paseo que bordea a residencia de Monte Pío.
Xoves 7 de xuño: descanso (con pilates)
Segundo día en pilates. Algo mellor, pero sigo sendo un tronquiño. En calquera caso, creo que me vai vir moi ben.
Venres 8 de xuño: descanso
Hoxe aínda é xoves, pero teño claro que mañá descansarei. Vou correr o sábado a nocturna en Vigo e o domingo a Eurocidade10 en Tui, así que non hai necesidade de poñerse as zapatillas (pode verse que estou en modo desconexión de adestramentos, pero non de competición jejeje).
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 10 Xuñ 2018, 15:35
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Sábado 9 de xuño: VI Nocturna Correndo por Vigo - As Travesas
Onte participei na carreira nocturna polo barrio de Coia, onde vivo ata que en Compostela me fagan unha suculenta oferta para cambiar o padrón. Unha carreira distinta, nocturna, con moito ambiente, e cun perfil nada fácil. Ademais onte xuntouse a chuvia. Como tiña pensado correr o día seguinte (hoxe) outro 10km, a Eurocidade10 en Tui, a idea era rodar rápido pero sen volverse tolo.

Na saída coloqueime non moi adiante, para saír cómodo. O circuíto de 5km é un continuo sube e baixa, así que os tempos por quilómetros non son de moita referencia. Aínda así, foron estes: 3'50" (1), 3'43" (2), 3'48" (3), 3'48" (4) e 3'48" (5). A 1ª volta foi en 18'56" (3'47"/km) e posto 52.

Ía ben, esixíndolle ao corpo pero gardando. Aumentei un pelín o ritmo e fun collendo a algúns corredores ao longo da nova subida pola Av. de Castelao, pero ao chegar á rotonda do barco comecei a notar o estómago revolto. Estaba moi moi incómodo. Polo que decidín baixar un pelin o ritmo. Estes 3 km foron 3'55" (6), 3'47" (7) e 3'50" (8). Para rematar, virá unha parte moi rápida, con subidas e baixadas pero callejeando. Como só quedan 2km e pese a seguir o malestar, decido cambiar o ritmo: 3'37" (9). O último quilómetro é todo na Av. da Florida. Primeiro pica para abaixo. Deixome levar pero non forzo nada, ao revés, ralentizo. Xiro de 180º e recta de meta xa, pero longa, moi longa. Uns 600-650 metros calculo. Aí si que comezo a cambiar o ritmo pouco a pouco e acabo moi forte adiantando a 4 ou 5 corredores. km 10 en 3'28" (esta 2ª volta en 18'45" (3'45"/km)).

Tempo oficial: 37'47"
Tempo neto: 37'40"
Posto da xeral: 34

Carreira moi bonita, nocturna e co encanto de ser polas rúas "de toda a vida". Sen embargo, as sensacións non foron moi boas, sobre todo polo estómago. Quizais a parte que máis disfrutei foi o final por acabar tan ben. O bo é que ao día seguinte podería quitarme a espinita, seguro que pola mañá o corpo respondía mellor Mr. Green

-----------------------------------------

Domingo 10 de xuño: VII Eurocidade10
10h despois de rematar a nocturna xa estaba esperto. Ducha, almorzo e coller o coche para ir a Tui (os anos pares a carreira sae de Tui). Eu corrín as dúas primeiras edicións (2012 e 2013), así que xa coñecía o recorrido. Un perfil nada cómodo, duro en moitas partes, e no que hai que ter forza tanto para ir rápido nas baixadas como para subir. Hoxe, ao revés de onte, si que tiña pensado ir atope e arriscar, sabendo que podía pagar o esforzo da noite anterior. Así que me coloquei na segunda fila para poder saír rápido dende o comezo.

O primeiro km foi moi rápido (3'19"), e saín nun grupo onde iríamos do 6º ao 15º ao mellor. No segundo km, que é chan (3'49"), todo se estabilizou. Eu e un compañeiro de equipo, Anto, rodábamos xuntos e sós nas posicións 11º e 12º. Durante a subida á fortaleza adiantamos a dous corredores. Os dous km que conteñen a longa subida saen en 3'57" (3) e 4'06" (4). O km 5 é por dentro da fortaleza, onde nos alternamos tirando un do outro. Este km 5 sae en 3'37". Saímos da fortaleza e quítolle uns metros de distancia. Estou en 9ª posición, dende agora rodarei só ata meta.

Entramos nunha longa baixada ata a ponte para volver a Tui: 3'29" (6). Agora comezan 2 km chans pero rápidos pola beira do río: 3'44" (7) e 3'42" (8). Teño ao 8º uns 50-60 metros por diante, pero noto que xa non hai forzas para cambiar o ritmo. Vou xusto xusto. Comeza a longa e dura subida ata o centro de Tui con rúas moi empinadas. Intento acercarme nunha parte semichan e recórtolle uns metros pero dame a sensación de que vou explotar. Así que miro para atrás e de aí ao final dedícome a controlar. km 9 en 4'07". Nos últimos metros volvo a facer un amago de acercarme pero é imposible. Tan cerca, pero á vez tan tan lonxe. Nótase que é moi dura esta parte final e que todos imos xustos, cada metro costa o seu. Estes últimos 750m fágoos en 3'12" (a 4'17"/km).

Tempo final: 37'06"
Posto na xeral:
Según o gps 9,750 (i.e. 3'48"/km).

Sensacións moi moi boas e penso que unha gran carreira, sobre todo despois da nocturna de onte. Para estar moi contento. Cheguei a meta exhausto.

O percorrido moi moi bonito. Unha carreira distinta, especial, co seu aquel ao cruzar o Miño dúas veces. Gústame. No ano 2012, cun perfil case igual (só hai unha variante ao final en Tui), fixen 47'56" netos. Hoxe foron máis de 10' menos, creo que hai melloría Molón

-----------------------------------------

Agora descanso. Dende a maratón, levo bastantes semanas case sen adestrar pero competindo e esixíndolle o máximo ao corpo. Esta semana non creo que adestre ningún día para poder chegar así descansado aos 21 do Camiño, a media Palas-Melide. Ese será o punto final desta tempada. Logo pararei completamente e deixarei as zapatillas gardadas durante varias semanas. Virá ben!
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4257 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Dom, 10 Xuñ 2018, 16:35
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Dúas carreiras moi boas e chegando moi perto de xente xa da categoría galgos. Dito isto, a min non me parece boa idea no longo prazo competir dous días seguidos, mesmo sen ir ó 100% nun deles.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 10 Xuñ 2018, 18:59
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Toda a razón no que comentas Gefreiter. Non é que non sexa recomendable, senón que non é bo e non é difícil lesionarse ou que teña consecuencias. Neste caso surxiu, porque unha é onde vivo e á outra tiña ganas de ir. Pero é algo a evitar. Sobre todo porque por aínda que non fose ao 100%, si que fun a un ritmo esixente na nocturna, e o corpo non recupera. Grazas polo comentario Guiño
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 10 Xuñ 2018, 21:47
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Felicitacions outra vez polos resultados en Tui, e que recuperes ben.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 11 Xuñ 2018, 14:43
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Grazas a ti Meigalicix por todos os ánimos que nos diches na nocturna Aplauso





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos