Lun, 29 Out 2018, 1:42
Asunto: Re: Diario de Sonsuso
Onte
Venres 26 e
sábado 27 descanso. Entre o luns e o xoves só fixera 18km, así que a idea era saír ambos días para facer entre 10 e 14 km, sen obxectivo de ritmo, pero para sumar quilómetros. Ao final por falta de tempo e andar a outras cousas, quedei sen saír.
Hoxe
domingo 28 tocaba a
41 Carreira Pedestre de Santiago. Xogaba na casa, así que hoxe todo eran comodidades. Saín cedo para poder quentar ben, pero atopemeime cun chaparrón e moito frío, así como tamén a
Litho, Maseda, Amina, Galaxian, J.Paris, Canido, pajaroeu, Bao.Es, Jotaeme, ... e o propio
Lete, con quen quentei ata que fun para a saída.
Sen ritmo obxectivo, a idea era ir alegre pero chegar vivo a Vite. Saín rapidillo para evitar atasco.
Km 1 en 3:55 e
km 2 en 3:37. Xusto nese momento xiramos á dereita (moi pechado), e esvaro un pouco. A partir deste susto, en todas as baixadas irei con moito moito coidado.
Ao facer ese xiro entramos no Camiño de Santiago (rúa do Valiño, rúa dos Concheiros e rúa de San Pedro):
km 3 en 3:34 e
km 4 en 3:36. Logo entramos na Virxe da Cerca (
km 5 en 3:35). Ata ese momento todo moi constante, a moi bo ritmo, pero sen obsesionarme. De feito, en baixadas como na rúa da Rosa non vou demasiado rápido, vou con moito coidado.
Agora comezaba o bo. Santiago de Chile, Rosalía de Castro, uns metros llanos polo campus e a subida da piscina universitaria:
km 6 en 3:55 e
km 7 en 3:54. Nesta parte o corpo xa non vai tan cómodo. Vou co piloto automático, pero sen forzar en exceso. Se perdo uns segundos perdo.
Segunda parte da subida no campus (Xelmírez I e Pío XII) con calma, baixada do Cruceiro do Gaio con máis calma aínda, e entramos en Galeras. Cólleme
Maseda e dime que
jose.losada vén detrás.
Km 8 en 3:49 e chegamos a Vista Alegre, aí comeza a tendida subida da rúa Salvadas (antes de chegar a Vite). Sigo a piñón, de feito
Maseda colle uns metros ao chegar á avenida de Castelao:
km 9 en 4:07. Para min esta é a peor parte da carreira.
E así chega Vite. Comecei pouco a pouco. Íamos nun grupiño de 4-5, con
Maseda, e collo uns metros. Sigo alcanzando algúns corredores e pouco a pouco vou subindo o ritmo. A verdade é que me atopaba moi ben e con forzas, así que tirei para arriba. Seguía collendo a xente, por exemplo a Sandra Mosquera, e xusto ao rematar a subida púxenme á altura de Gestido. Este
km 10 saiu en 3:59 (
a subida de Vite según Strava en 2:55, a 4:11/km).
A partir de aí todo picando para abaixo. Nos primeiros metros tomeime un respiro. De feito cólleme
pajaroeu e dime que tire con el. Estamos en San Roque e pouco a pouco vou collendo ritmo, así que
km 11 en 3:37 e entramos na zona vella! Unha pasada ese último km. Cervantes, Mazarelos, O Toural, ... menudo ambiente! Así entramos no Vilar, uns 5-6 xuntos case á par. Nótase que esta parte é rápida e todos queremos apretar. Fago un cambio e sorpréndeme que me vexo con forzas, o suficiente para xirar ao final do Vilar (na rúa Fonseca) só e entrar no Obradoiro sen arriscar na última curva. Últimos metros e
44:48 (oficial) - 44:41 (neto).
Posto 111 e ritmo medio de 3:43/km. Moi contento polas sensacións. Sobre todo en Vite e nos últimos 300-400 metros, onde me sorprendeu o ben que acabei (normalmente acabo sufrindo e deixome levar, como nos 15K Atlántico ou un pouco en Pontevedra). En calquera caso, o mellor é que cero molestias. Nin aquiles, nin piramidal, nin isquios. Todo ben! Ademais de evitar caídas.
Remata a penúltima semana con 30 quilómetros escasos. Demasiados poucos, pero é o que hai.
Sete días para Porto!